Publicador de contidos

Contido con Xeográficas Mundo .

Publicador de contidos

Contido con Xeográficas Mundo .

Mundo

Falece o deseñador de moda italiano Roberto Cavalli aos 83 anos

12/04/2024 21:58

O seu estado de saúde empeorara nas últimas semanas a consecuencia da enfermidade que padecía

Categorías:  Mundo   Sociedade   Vida
Etiquetas:  PASAMENTO

Noruega e Irlanda, de acordo con España en recoñecer o Estado palestino

12/04/2024 20:09

Sánchez viaxou aos dous países en busca de aliados para impulsar esa iniciativa

Nin o noruegués nin o irlandés se comprometeron con ningunha data


A ameaza dun ataque iraniano a Israel sobe os prezos do petróleo e do ouro

12/04/2024 19:35

A Casa Branca asegura que as ameazas de Irán contra Israel son "cribles"

Categorías:  Mundo   Política
Etiquetas:  ISRAEL   GUERRA   IRÁN

Luís Montenegro no Parlamento / Reuters

O Goberno de Luís Montenegro xa está en funcións plenas tras superar mocións no Parlamento

12/04/2024 14:05

O Partido socialista foi chave coa súa abstención e asume o liderado da oposición

O ministro de Exteriores considerou "inxustas" as críticas por incluír propostas doutros partidos no programa


Comparecencia dos presidentes español e noruegués, este venres en Oslo (EFE).

España suma o apoio de Noruega para recoñecer Palestina como Estado

12/04/2024 13:41

Sánchez e Store reuníronse en Oslo, no marco da xira europea que iniciou o presidente español para que máis países avancen cara a ese recoñecemento 


Manifestantes reclamando xustiza para as vítimas no 25 aniversario do masacre (Europa Press)

A Xustiza arxentina responsabiliza a Irán e Hezbollah do ataque de 1994 contra a AMIA

12/04/2024 08:48

O atentado, ocorrido en Bos Aires hai 30 anos, deixou 85 mortos e 300 feridos

Categorías:  Mundo   Política

Nono Rico / Europa Press

Albares, Cameron e a UE abordan en Bruxelas as cuestións máis complexas sobre Xibraltar

12/04/2024 08:44

Segundo o ministro español, o acordo sobre o encaixe de Xibraltar tras o brexit está “moi preto” e hai “unha dinámica moi positiva”


O Parlamento Europeo aproba a reforma do mercado eléctrico

11/04/2024 20:15

Con esta reforma busca lanzar prezos accesibles e estables, protexer os consumidores e impulsar as renovables


A Eurocámara pide que a UE recoñeza o dereito ao aborto seguro e legal

11/04/2024 20:14

A reforma dos tratados en Bruxelas require a unanimidade, algo improbable para un asunto tan polémico como o aborto 


Morre aos 76 anos O. J. Simpson, o exxogador de fútbol americano

11/04/2024 18:36

Foi protagonista dun dos xuízos máis mediáticos nos Estados Unidos, cando foi acusado dos asasinatos da súa exmuller e de Ronald Goldman.

Categorías:  Mundo   Deportes
Etiquetas:  OBITUARIOS

O BCE mantén os tipos de xuro no 4,5 % pero ábrese a reducilos no futuro

11/04/2024 14:51

O organismo baixaría o prezo do diñeiro se a inflación continúa coa súa dinámica descendente

Categorías:  Mundo   Economía   Empresa
Etiquetas:  BCE   TIPOS DE XURO

Tribunal de Samui.

O xuízo contra Daniel Sancho en Tailandia continúa cos testemuños da policía

11/04/2024 14:02

Os axentes citados son o coronel da comisaría onde Sancho denunciou a desaparición de Arieta e o que fixo o informe das cámaras de seguridade que permitiron seguir os pasos do acusado


O avogado xeral da UE di que o Parlamento Europeo debeu deixar entrar a Puigdemont en 2019

11/04/2024 11:12

Acusa a quen era presidente da eurocámara, Antonio Tajani, de non respectar os resultados electorais daquelas europeas

Puigdemont di que se "violaron" os dereitos dos electores 


A Eurocámara dá luz verde ao Pacto de Migración e Asilo con maior control en fronteiras e solidariedade á carta

10/04/2024 18:19

Os países poderán eludir a acollida de parte dos migrantes recolocados se pagan unha compensación por cada traslado rexeitado


Investigan a relación de cinco mortes no Xapón cun suplemento para o colesterol

10/04/2024 14:14

Duascentas persoas máis están hospitalizadas


A Fiscalía colombiana levará a xuízo a Uribe por suborno de testemuñas e fraude procesual

09/04/2024 19:54

Segundo fontes da Fiscalía, a partir das evidencias físicas e elementos probatorios chegouse á conclusión de que había motivos para acusar o expresidente de Colombia

Categorías:  Mundo   Política

Falece o británico Peter Higgs, descubridor do bosón de Higgs

09/04/2024 18:57

Higgs revolucionou a física moderna ao descubrir esa partícula subatómica denominada "partícula de Deus"

Faleceu este luns no seu domicilio tras unha curta enfermidade

Categorías:  Mundo   Sociedade   Vida

Imaxe de arquivo de soldados ecuatorianos o día que entraron na embaixada de México

O exvicepresidente de Ecuador volve ao cárcere despois de pasar polo hospital

09/04/2024 18:09

Un parte policial di que tivo que ingresar por unha inxesta de medicamentos e outra información oficial di que foi por negarse a tomar alimentos

Categorías:  Mundo   Política


O consulado de Venezuela en Vigo atende uns 42.000 residentes en Galicia

Longas ringleiras no consulado de Venezuela en Vigo para rexistrarse para poder votar

09/04/2024 11:46

O prazo para as inscricións remata o vindeiro 16 de abril


González e Rajoy sinalan a Portugal como exemplo de gobernanza dende a centralidade

09/04/2024 10:29

A partir das 12:45 interveñen nunha mesa redonda '5 décadas de democracia: o pasado e os retos do futuro' os expresidentes do Goberno de España Felipe González e Mariano Rajoy e os exprimeiros ministros portugueses Francisco Pinto Balsemão e António Costa

Categorías:  Mundo   Política

Unha decena de actrices acusan o director francés Philippe Lioret de abusos sexuais

09/04/2024 09:54

A actriz Hélène Seuzaret acúsao de tentar bicala na boca

O director di que "nunca tivo a sensación" de tentar abusar de ninguén en toda a súa vida

Categorías:  Mundo   Sociedade   Sucesos

Tribunal provincial de Koh Samui, este martes (AFP)

O xuíz de Daniel Sancho prohibe que se informe do que ocorre durante o proceso

09/04/2024 08:34

O tribunal só permite difundir avaliacións xerais do xuízo

O avogado da familia de Arrieta di que Sancho está tranquilo e non dá "mostras de arrepentimento"


O Reino Unido e Francia conmemoran os 120 anos da Entente Cordiale

08/04/2024 21:13

A firma do tratado supuxo a regulamentación da expansion colonial dos dous países 


Netanyahu asegura que xa "hai unha data" para a invasión israelí de Rafah

08/04/2024 20:09

Responde así ás críticas dos seus socios ultradereitistas no Goberno polos avances nas negociacións e a retirada de tropas do sur da Franxa

Hamas non aceptará ningún acordo que non contemple un cesamento do fogo e a retirada total das forzas israelís, ademais dun aumento da axuda humanitaria

Categorías:  Mundo   Política

Francia multará con 5 euros os pacientes que falten a unha cita médica sen avisar

08/04/2024 16:03

Segundo o colexio de médicos francés, as ausencias non notificadas supoñen un custo anual de 27 millóns de euros


O Vaticano considera o cambio de sexo unha "violación da dignidade"

08/04/2024 12:30

A Igrexa católica ve a maternidade subrogada unha práctica "deplorable"

O Vaticano inclúe estas prácticas, xunto á "violencia dixital", nun novo documento sobre a dignidade humana

 

Categorías:  Mundo   Sociedade   Vida
Etiquetas:  VATICANO

AFP

Ascenden a 94 os falecidos no naufraxio dun barco en Mozambique

08/04/2024 08:57

Entre as vítimas hai numerosos nenos

Na embarcación viaxaban 130 pasaxeiros

Categorías:  Mundo   Sociedade   Sucesos
Etiquetas:  NAUFRAXIO

A UE súmase á condena internacional ao asalto da embaixada de México en Ecuador

07/04/2024 21:03

España fai un chamamento á concordia entre ambos os países


O chef na entrevista da canle estadounidense ABC

O chef José Andrés pide unha investigación independente do ataque á súa ONG

07/04/2024 20:10

O cociñeiro español cre que Israel está librando unha guerra contra a humanidade

O ataque á ONG a principios de abril custoulle a vida a sete cooperantes


Unha andaina ao aire libre para celebrar o Día Mundial da Saúde en Santiago

07/04/2024 16:29

A Organización Mundial da Saúde pon a atención nos dereitos sanitarios de todas as persoas

Máis da metade da poboación mundial non ten as súas necesidades sanitarias cubertas

Etiquetas:  SAÚDE

Netanyahu: "Non haberá cesamento do fogo sen o regreso dos reféns"

07/04/2024 12:11

O Exército israelí retira case todas as súas tropas do sur da franxa de Gaza

Categorías:  Mundo   Política

Gaza vive a peor crise humanitaria da súa historia tras seis meses de guerra

07/04/2024 09:59

Máis de 33.100 persoas morreron no enclave palestino; a gran maioría, mulleres e menores

Asasinaron medio milleiro de profesionais sanitarios e só 2 hospitais están operativos

A metade da Franxa, máis dun millón de persoas, está en risco de fame negra inminente


Pellegrini tras coñecer os resultados

Pellegrini gaña as presidenciais eslovacas e reforza o poder do Goberno filorruso

07/04/2024 08:25

Avoga por unha negociación con Moscova para poñer fin ao conflito, mesmo sen garantías de integridade territorial para Ucraína

Categorías:  Mundo   Política

Ecuador encarcera a Glas ante a condena internacional case unánime da súa detención

07/04/2024 08:21

México pecha de xeito indefinido a súa embaixada en Quito e suspende os servizos consulares

Os Estados Unidos condenan o asalta á embaixada e urxe a ambos os dous países a resolver as diferenzas


A OEA condena a irrupción da policía ecuatoriana na embaixada mexicana

06/04/2024 20:43

Entraron para levar detido o exvicepresidente Jorge Glas

México rompeu relacións con Ecuador tras o asalto

Categorías:  Mundo   Política

Biden pide a Exipto e a Qatar que lle metan presión a Hamas para chegar a un acordo con Israel

06/04/2024 08:29

O mandatario considera insuficientes as medidas anunciadas por Israel para mellorar a situación humanitaria en Gaza


Ecuador irrompe na embaixada de México e detén o exvicepresidente Jorge Glas

06/04/2024 08:25

López Obrador, que lle concedera asilo político, anunciou a suspensión das relacións diplomáticas co país andino


A presidenta do Perú durante a súa intervención

A presidenta do Perú chama a "pasar páxina" tras declarar polos reloxos de luxo

06/04/2024 08:22

Boluarte dixo que foi un préstamo do gobernador de Ayacucho que xa devolveu

 


Israel expulsa dous militares pola matanza de sete cooperantes da ONG do chef José Andrés

05/04/2024 20:33

Dá por pechada a investigación sobre o ataque, que atribúe a un erro

Netanyahu promete abrir dúas novas vías para a entrada de axuda humanitaria

Categorías:  Mundo   Política
Publicidade
Publicidade