Publicador de contidos

Contido con Xeográficas Galicia .

Publicador de contidos

Contido con Xeográficas Galicia .

Galicia

"Haberá unha sentenza, pero non haberá xustiza", din as vítimas do Alvia

03/10/2022 12:58

A asociación que agrupa a maioría das vítimas manifestouse ante o Congreso para pedir unha investigación técnica e independente

Pediron a dimisión da exministra de Fomento Ana Pastor, a quen acusan de realizar "manobras" para ocultar un informe sobre o accidente


O Instituto Español de Oceanografía di que "non hai xustificación" para prohibir a pesca de palangre ou a volanta

03/10/2022 10:47

O xefe de pesqueiras do Instituto Español de Oceanografía, Pablo Abaunza, di que Bruxelas utilizou informes de xeito nesgado

Categorías:  Galicia   Política
Etiquetas:  PESCA DE FONDO

Non digas *otoñal #DígochoEu

03/10/2022 10:00

Toma nota de todas as palabras que se forman a partir de outono! #DígochoEu
Categorías:  Galicia   Lingua

Rosa Quintana, conselleira do Mar, esta mañá no 'Bos días'

Rosa Quintana: "Unha moratoria de Bruxelas evitaría danos irreversibles na frota"

03/10/2022 09:33

"Atrasar dous meses a medida non provocaría danos irreversibles nos hábitats", di a conselleira do Mar

Euskadi, Cantabria, Asturias, Andalucía é Galicia son as comunidades afectadas e apoian o Ministerio nas negociacións con Bruxelas, asegura Quintana



Comeza esta semana o xuízo polo accidente de Angrois con dous acusados no banco

02/10/2022 21:09

Trátase dun macroxuízo con dous acusados, 446 persoas prexudicadas e medio milleiro de testemuñas

Celebrarase na Cidade da Cultura, na que será a maior sala de vistas da historia da xustiza galega


Gastroarte, a feira do San Froilán que une arte e gastronomía

02/10/2022 20:36

Os artesáns ofrecen produtos senlleiros durante a festa grande de Lugo


A Xunta activa un teléfono de atención preferente para maiores de 65 anos

02/10/2022 20:14

O número 900 333 666 evita a escoita de mensaxes automatizadas e a marcaxe de opcións

 


Temperaturas por riba dos 30 graos no mes de outubro

02/10/2022 19:39

O verán de San Miguel deixa oscilacións térmicas de 20 graos entre día e noite

A provincia de Ourense rexistra as mínimas e as máximas de Galicia


Só o 10 % dos negocios adaptaron as portas á norma de aforro enerxético

02/10/2022 18:18

Piden máis tempo para instalar un acceso automatizado que só abra ao paso da clientela

A obriga de apagar as luces dos escaparates ao peche está a seguirse de xeito maioritario

Publicidade
Publicidade