Publicador de contidos

Contido con Xeográficas Galicia .

Publicador de contidos

Contido con Xeográficas Galicia .

Galicia

A exconselleira de Emprego Elena Rivo deixa a súa acta de deputada

16/04/2024 12:07

A propia Rivo acudiu ao Parlamento galego e presentou a súa renuncia ante a Mesa da Cámara antes da sesión plenaria de apertura da XII lexislatura

Santalices apela á "vía galega" fronte á "convulsión" que se rexistra en "institucións homólogas"


O Deportivo recibe a sentenza favorable para pagar de inmediato a débeda aos seus acredores

16/04/2024 11:38

Esta sentenza é o paso previo á saída do concurso

Etiquetas:  RC DEPORTIVO

Desmantelan un grupo criminal en Ourense e comisan 14 quilos de haxix

16/04/2024 11:24

Na operación Al Andalus a policía detivo cinco persoas e realizou tres rexistros nos barrios do Couto, A Ponte e Berrocás

Un dos arrestados foi conducido a prisión


Santalices apela á "vía galega" fronte á "convulsión" que se rexistra en "institucións homólogas"

16/04/2024 10:53

O Parlamento de Galicia celebra o pleno de apertura da lexislatura

O acto solemne supón o arranque formal do traballo ordinario da cámara galega


Un incendio intencionado queima xa 170 hectáreas en Crecente

16/04/2024 08:15

Medio Rural avanza que o lume quedou estabilizado a primeira hora da tarde


Crece o apoio ás oenegués, con 25.000 galegos que colaboran

15/04/2024 21:21

Máis de dous millóns e medios de españois apoian estas organizacións como socios, voluntarios e doantes. En Galicia estamos falando dunhas 25.000 persoas. 

As oenegués están presentes en cen países de todos o mundo e chegan cos seus proxectos a 47 millóns de persoas

 

 

Categorías:  Galicia
Etiquetas:  SOLIDARIEDADE

Bicicletas artesanais de luxo feitas en Galicia conquistan mercados en Europa e América

15/04/2024 20:57

Contan xa cun novo proxecto que verá a luz nas próximas semanas: a fabricación artesanal de bicicletas en fibra de carbono sostible


O acusado pola explosión da pirotecnia ilegal de Tui acepta catro anos de cárcere

15/04/2024 20:35

Queda por despexar, na vía civil, quen se fará cargo de sufragar os danos 

O investigado será inhabilitado para calquera oficio relacionado cunha actividade pirotécnica durante 18 anos

Conta tamén cunha orde de afastamento da zona cero durante seis anos


As máquinas traballan xa nas leiras que foron secando grazas ao tempo solleiro destes días

Comeza a campaña do ensilado da herba con dúas semanas de atraso polas chuvias de marzo

15/04/2024 19:47

Na Terra Chá aínda non puideron empezar porque hai moita auga acumulada

Categorías:  Galicia   Agro

A Ribeira Sacra sofre o descenso do consumo de viños tintos en todo o mundo

15/04/2024 19:00

A Ribeira Sacra é a zona galega máis afectada porque o tinto é o 80 % da produción

Os sommeliers lembran que os cambios no consumo de viño son cíclicos


Nai e filla morren no Valadouro ao producirse un incendio na súa vivenda

15/04/2024 17:08

As vítimas teñen 50 e 77 anos 

Categorías:  O Valadouro   Sucesos
Etiquetas:  INCENDIO

Desartellan un grupo criminal con base no Rosal e Valencia que roubaba en Portugal

15/04/2024 16:10

O valor dos bens subtraídos puido alcanzar os dous millóns de euros

Na primeira fase da operación houbo dous detidos en Vilanova de Cerveira

O 10 de abril detiveron dúas mulleres en Valencia que están investigadas como cooperadoras 

Etiquetas:  ROUBOS   PORTUGAL

As adegas Terras Gauda e Gargalo alíanse para impulsar a súa expansión

15/04/2024 15:55

Suman forzas co obxectivo común da internacionalización dos viños


Josefa segue vivindo con medo un ano despois de que un camión lle entrara na casa

15/04/2024 15:02

A sua vivenda está xusto na curva de Cumbraos, en Mesía, un punto negro da N-634

Non se explica como, despois do accidente, aumentaron o límite de velocidade no treito previo á curva


A asociación Xuntos Saborea Galicia organiza un evento gastronómico en Vilagarcía

15/04/2024 14:55

Catro empresas de distintos ámbitos da alimentación e a bebida unen forzas


Os xardíns do pazo de Oca amósanse estes días en plena floración

15/04/2024 14:50

O pazo de Oca estrea xa o horario de visitas do verán


Xurxo Ayán: "O trauma foi tan grande que a xente de Cambedo silenciaba a súa orixe"

15/04/2024 14:48

Cambedo forma parte do imaxinario colectivo portugués como lugar arredado, habitado por veciños afoutos e prisioneros por apoiar a guerrilla

Na guerra do Cambedo, en 1946, tres guerrilleiros antifranquistas galegos refuxiáronse na casa de dona Albertina Tiago

A Asembleia da República portuguesa recoñeceu o labor solidario do Povo de Cambedo En decembro de 2023 no aniversario dos feitos
 

Categorías:  Galicia   Humanidades
Etiquetas:  ZIGZAG

Gonçalo Guerreiro, da compañía Elefante Elegane

Gonçalo Guerreiro: "O noso planeta é un xardín, pero tratámolo como unha fábrica da que sacar beneficio"

15/04/2024 14:44

Un momento precioso reflexiona sobre a emerxencia climática e o futuro sostible desde o teatro, a danza, acrobacia e a plástica

A obra evoca imaxinario simbólico do xardín e a representación onírica da Terra como lugar de refuxio e equilibrio

En escena, María Torres, Sofía Espiñeira, Eloi García, Julia Laport, Mario Rodríguez e Pablo Sánchez

Etiquetas:  ZIGZAG

Víctor López-Rúa: "As miñas pinturas son como fotogramas en suspensión"

15/04/2024 14:33

O pintor coruñés Víctor López-Rúa comezou a súa traxectoria en Madrid e tamén traballou fóra de España

Son obras de "inquietante estrañeza" que convidan a libre interpretación do espectador

En maio exporá en Madrid e os seus traballos tamén viaxarán a unha galería mexicana
 

Etiquetas:  ZIGZAG

Galicia reforza a vacinación infantil contra o pneumococo

15/04/2024 14:31

A nova vacina multiplica por catro a protección que ofrecía a anterior


A Policía Nacional investiga en Ribeira a agresión a unha persoa con discapacidade

15/04/2024 14:29

Juan Manuel di que dous mozos lle deron unha malleira tras recriminarlles que tirasen lixo na praia

Explica que co primeiro golpe xa deixou de oír e de ver dun ollo, e despois do segundo xa non recorda nada

Etiquetas:  AGRESIÓN

Sen rastro do pescador desaparecido na Costa da Vela en Cangas

15/04/2024 14:16

A embarcación en que pescaba envorcou o venres pasado


Reunión do Consello da Xunta celebrada no Pazo de Raxoi (EFE/Lavandeira jr)

Reprodución asistida e axudas para mascotas: Rueda avanza nas promesas electorais

15/04/2024 14:15

A Xunta aproba novo plan de prevención de incendios ata 2025 con 41 millóns de euros


Os trens seguen acumulando atrasos en Galicia

15/04/2024 14:09

Este luns, os máis prexudicados foron os de primeira hora, que acumularon trinta e cinco minutos de atraso entre Ourense e A Coruña

Etiquetas:  TREN

O PP reclama melloras nas estradas nacionais do Morrazo e Pontevedra

15/04/2024 13:39

Cargos do partido nestas dúas bisbarras advertiron de que levarán as súas queixas a "todas as institucións"

Categorías:  Galicia   Política
Etiquetas:  PP   ESTRADAS

Anfaco-Cecopesca celebra a aprobación do PERTE mar-industria e pide axilizar as convocatorias para que as axudas cheguen canto antes

15/04/2024 13:04

O sector alerta dunha baixada no consumo de peixe e do marisco desde 2019. As empresas galegas resisten grazas ás exportacións.

Sobre a Lei de costas, Anfaco-Cecopesca reclama un marco lexislativo estable que evite a deslocalización de empresas no futuro


Denuncian o mal estado de conservación da circunvalación de Santalla de Bóveda, en Lugo

15/04/2024 12:56

O firme está tan cheo de fochancas que foi preciso cortar o tráfico no tramo afectado


Foto @RCDeportivo

O Dépor ascenderá a Primeira se gaña ao Cacereño ou iguala o resultado do Español

15/04/2024 12:55

Cando faltan dúas xornadas para o final do campionato, o Dépor é colíder xunto ao Barcelona B con 52 puntos


Morre en Trasmiras un home atropelado accidentalmente polo seu fillo, que daba marcha atrás co coche

15/04/2024 08:49

A vítima foi alcanzada cando o turismo manobraba no patio dunha casa no lugar de Soutelo, segundo informaron os servizos de emerxencia


Tráfico inicia unha campaña de control da velocidade en Galicia

15/04/2024 08:48

Tráfico recorda que, desde marzo de 2022, os condutores non poden superar o límite de velocidade en 20 quilómetros por hora para adiantar en vías convencionais


Foto de familia do novo Goberno da Xunta de Galicia

Rueda encarga aos seus novos conselleiros "superaren" os gobernos anteriores

15/04/2024 08:04

Oito conselleiros do novo Goberno de Rueda xuran e outros catro prometeron o cargo no Pazo de Raxoi

Pontón critica que se trata dun goberno "para acomodar cargos do PP" e Besteiro ve no Consello da Xunta "fieis a Rueda"


Evacúan o hospital de Conxo por un incendio que non provocou danos persoais

14/04/2024 23:00

O lume comezou na sala de computadores, no primeiro andar

 


Leiro rexistrou este domingo 33 graos, a temperatura máxima de Galicia

14/04/2024 20:59

O venres chegou aos 34,5 graos, o récord nun mes de abril dende que hai rexistros

A partir do luns baixan as temperaturas, cunha máxima prevista en Ourense de 25 graos


A veciñanza reclama a reparación da N-540 ao seu paso por Guntín

14/04/2024 20:55

O Ministerio de Transportes adxudicou por 11 millóns de euros a reparación de 69 quilómetros desta estrada

Aseguran que na vía, chea de fochancas, hai accidentes case a diario


Pecha o salón do automóbil de ocasión de Ourense cunhas vendas do 30 %

14/04/2024 20:30

A sexta edición do Car Outlet recibiu 3.500 visitantes durante a fin de semana

Despacharon 108 vehículos e contan con pechar máis operacións nos próximos días

 


A Xunta prohibe queimas de restos agrícolas e forestais dende o luns

14/04/2024 18:56

Ata novo aviso non se darán permisos e os que xa están concedidos quedan en suspenso


Anxo Castro e Sonia Abad gañan a vixésimo terceira edición da Vig-Bay

14/04/2024 18:37

A proba volveu reunir máis de 5.000 corredores, que gozaron do seu percorrido polo litoral entre Vigo e Baiona


O Consello Económico e Social alerta da falta de muda xeracional no sector pesqueiro

14/04/2024 14:14

Un informe publicado esta semana tamén pon o foco no envellecemento da frota e no descenso do consumo de peixe

Propón mellorar os plans de formación e que a pesca, a acuicultura e a industria transformadora afronten os retos de xeito conxunto


Dúas persoas morreron esta fin de semana nas estradas galegas

14/04/2024 13:59

Un home faleceu nunha saída de vía nunha estrada secundaria de Santa Comba

Un motorista morreu na Coruña ao caer do seu vehículo na terceira ronda


Un hostaleiro de Rinlo quere doar á ciencia un lumbrigante azul de 8 quilos

14/04/2024 13:57

Entrou nunha nasa na costa asturiana e calcúlase que terá uns oitenta ou noventa anos

Publicidade
Publicidade