Publicador de contidos

Contido con Temática Fútbol .

Publicador de contidos

Contido con Temática Fútbol .

Fútbol

O exfutbolista Dani Alves comparece por primeira vez nos xulgados tras saír en liberdade

28/03/2024 10:50

Alves chegou ao redor das 09:20 horas deste xoves ao Palacio de Xustiza de Barcelona, acompañado da súa letrada, Inés Guardiola

O brasileiro chegou aos xulgados con actitude tranquila e sen prestar atención á prensa


A Fiscalía pide 2 anos e medio de prisión para Rubiales por agresión sexual a Jenni Hermoso

27/03/2024 14:59

O Ministerio Fiscal trasladou á Audiencia Nacional o seu escrito de conclusións provisionais no que tamén pide condenas para outros tres responsables federativos


Esther González é a novidade nunha convocatoria en que Tere Abelleira é indiscutible

27/03/2024 12:07

Seguen sen retornar á selección as barcelonistas Patri Guijarro e Claudia Pina


A nova xeración pide paso no España-Brasil (3-3)

26/03/2024 22:33

Lamine Yamal (16 anos) foi o máis destacado en ataque da selección española

Endrick (17 anos) saíu no segundo tempo e marcou o gol do empate

Categorías:  Deportes   Fútbol

O galego Rubén Albés, destituído logo do empate contra o Rácing

26/03/2024 07:32

O Albacete volveu meterse en postos de descenso, a un punto da permanencia

Categorías:  Deportes   Fútbol
Etiquetas:  RUBÉN ALBÉS

Vinícius rompe a chorar ao falar do racismo: "Cada vez teño menos ganas de xogar"

25/03/2024 16:53

España e Brasil xogan mañá un amigable no Santiago Benabeu

Categorías:  Deportes   Fútbol

Nacho Doce / Reuters

Dani Alves sae de prisión tras pagar a fianza

25/03/2024 11:31

A defensa do futbolista depositou este venres na sección 21 da Audiencia de Barcelona o millón de euros de fianza e os seus pasaportes

Alves terá que presentarse todos os venres ante a secretaría da sección 21 mentres a medida non sexa revogada

A Fiscalía Provincial de Barcelona interpuxo un recurso de súplica contra a liberdade baixo fianza do futbolista


Remonta épica do Lugo fronte ao Sestao (4-3)

24/03/2024 20:48

O equipo de Trashorras perdía 0-3 no minuto 30

Dobrete de Antonetti e golazo de Aguza para remontar na segunda metade

Polémico gol anulado ao Sestao no 80 que supoñía o 4-4

Etiquetas:  1ª RFEF

O Pontevedra perdoa unha goleada fronte ao Marino de Luanco (2-1)

24/03/2024 19:18

Recital ofensivo dos de Yago Iglesias no que só faltou acertar no remate final

Charly segue coa serie goleadora anotando o 2-1


Amigable inservible para España, que cae diante de Colombia (0-1)

22/03/2024 22:57

Os colombianos saíron con máis ambición no segundo tempo e gañaron cun gol de Daniel Muñoz

Pau Cubarsí converteuse no segundo xogador máis novo que debuta coa selección española

Categorías:  Deportes   Fútbol

Tomás González Cueto, exasesor xurídico externo da RFEF, abandona o xulgado (EFE/ Javier Lizó)

Quedan en liberdade o exasesor xurídico de Rubiales e o detido polas obras na Cartuja

22/03/2024 11:47

Ambos os dous detidos polos presuntos contratos irregulares na RFEF negáronse a declarar

Rubiales desmentiu que estea a tramitar a nacionalidade dominicana e xustificou a súa presenza no país caribeño por cuestións laborais


Rubiales volverá a España o 6 de abril e está "a plena disposición da xustiza"

21/03/2024 10:35

A avogada do expresidente da RFEF explica á xuíza do caso dos contratos irregulares que o seu cliente ten billete de volta de República Dominicana o próximo 6 de abril.

Rubiales será detido en canto regrese a España por varios contratos irregulares da RFEF


Hai sete detidos sospeitosos de corrupción, administración desleal e branqueo de capitais

21/03/2024 07:15

Todos eles formaban parte do núcleo duro de Rubiales na Federación Española de Fútbol

Categorías:  Deportes   Fútbol

(EFE)

Rubiales será detido en canto regrese a España por varios contratos irregulares da RFEF

20/03/2024 11:53

Foron detidos dous cargos da Federación e o asesor xurídico do expresidente

A UCO rexistra a RFEF e a casa de Rubiales polo contrato con Arabia pola Supercopa

Categorías:  España   Deportes   Fútbol
Etiquetas:  RFEF

A candidatura conxunta do Mundial 2030 presenta un logotipo con sol, mar e fútbol

19/03/2024 17:36

O director de Desenvolvemento de Negocio Internacional da Federación Española de Fútbol, Fernando Sanz, afirmou este martes que queren "construír unha Copa do Mundo de varias xeracións cun mundial único"

Categorías:  Deportes   Fútbol

Foto EFE

Negreira négase a declarar ante o xuíz que investiga os pagos que lle fixo o Barça

19/03/2024 12:08

O exvicepresidente do Comité Técnico de Árbitros (CTA) non entrou en máis detalles de por que gardaba silencio


A selección concéntrase, con Cubarsí como gran sensación

18/03/2024 18:23

Marc Cucurella é novidade de última hora pola lesión de Gayá


O Coruxo saca tres puntos da súa visita ao Marino de Luanco (0-1)

17/03/2024 21:06

Doncel dá os tres puntos que achegan os vigueses ao play off

Segundo triunfo consecutivo tras a racha de oito xornadas sen gañar


Míchel Alonso presenta a dimisión despois da derrota co Langreo

17/03/2024 19:44

Novo tropezo cando podían situarse en postos de play off

Tras catro remates ao traveseiro, o Langreo levouse a vitoria cun gol no 89'


Foto de @laliga

O Racing recupera sensacións fronte ao Valladolid (2-0)

17/03/2024 19:11

Tras seis partidos sen vitoria, os ferroláns suman tres puntos para seguir preto do play off

Con 0-0 no minuto 8, os visitantes erraron un penalti


Quique di que deben "furgar" na "situación de necesidade" do Celta

15/03/2024 14:46

A volta do belga Dodi Lukebakio é unha das novidades do Sevilla

Categorías:  España   Deportes   Fútbol

Sorte dispar para os equipos españois nos cuartos de final da Champions

15/03/2024 12:30

Arsenal-Bayern de Múnic  

Atlético de Madrid-Borussia Dortmund

Real Madrid-Manchester City

París SG-Barcelona

Categorías:  Deportes   Fútbol
Etiquetas:  LIGA DE CAMPIÓNS

Cubarsí, Pedro Porro e Vivian, novidades para os amigables ante Colombia e Brasil

15/03/2024 11:52

A seleccioón xogará dous amigables ante Colombia e Brasil


O Atlético supera o Inter na queda de penaltis

13/03/2024 22:30

Memphis igualou a eliminatoria (2-1) no minuto 88

Oblak foi o heroe do cadro madrileño ao deter dous lanzamentos de pena máxima

Categorías:  Deportes   Fútbol

O Barcelona volve a uns cuartos da Champions despois de catro temporadas

12/03/2024 22:34

Derrotou o Nápoles por 3-1 (4-2 no global da eliminatoria)

Categorías:  Deportes   Fútbol
Etiquetas:  LIGA DE CAMPIÓNS

O deporte, unha ferramenta poderosa para construír un mundo máis xusto e igualitario

12/03/2024 20:37

Foi a mensaxe que lanzaron as campioas Alba Redondo e Ivana Andrés, representantes da selección feminina na Eurocámara

Categorías:  Deportes   Fútbol

Xavi cualifica como "o partido máis importante" a volta de oitavos ante o Nápoles

11/03/2024 20:52

O Barcelona xoga como local o pase de rolda logo do 1-1 da ida

Categorías:  Deportes   Fútbol
Etiquetas:  LIGA DE CAMPIÓNS

Foto de @RVcantera

O Compostela sae derrotado da súa visita a Valladolid (2-0)

10/03/2024 20:06

O filial valisoletano superou os de Michel Alonso, que suman tres picadas seguidas 

Mantéñense cerca do play off, pero as sensacións non son boas


Foto de @RSGimnastica

O Ourense C. F. perdoa e deixa a primeira posición en Torrelavega (2-1)

10/03/2024 19:47

Os cántabros sorprenden ao Ourense con dous goles en tres minutos e levan tres puntos que os sacan do descenso

Os ourensáns ceden o liderado tras o triunfo do Pontevedra


O Lugo perdoa e non pasa do empate fronte a Unionistas (1-1)

10/03/2024 19:33

Partido cheo de ocasións no Anxo Carro onde o Lugo perdoa no tramo final

O Lugo queda na 10ª posición, lonxe do play off


A Xunta anuncia a súa disposición para financiar as obras que necesiten Balaídos e Riazor

07/03/2024 15:53

Diego Calvo: "Pedimos aos concellos a documentación entregada a federacións e á FIFA"


O Real Madrid supera con moito sufrimento a eliminatoria co Leipzig

06/03/2024 22:23

O partido acabou con empate (1-1) e estivo moi preto o conxunto alemán de forzar a prórroga

O Celta será o vindeiro rival dun equipo branco moi dubitativo


Bellingham, sancionado con dous partidos, non xogará ante o Celta

06/03/2024 12:57

Os dous partidos ao madridista son "por actitudes de menosprezo ou desconsideración cara aos árbitros"

Categorías:  España   Deportes   Fútbol
Etiquetas:  REAL MADRID

Mbappe amósalle á Real Sociedade a dureza da Liga de Campións

05/03/2024 22:13

O PSG logrou o pase gañando por 1-2 en San Sebastián

O Real Madrid, vindeiro rival do Celta, xoga co Leipzig co 0-1 apañado en Alemaña

Categorías:  Deportes   Fútbol
Etiquetas:  LIGA DE CAMPIÓNS

Foto de @RealAvilesInd

O Coruxo cae goleado na súa visita a Avilés (4-0)

03/03/2024 20:32

Os de Vigo acumulan xa 8 partidos sen gañar

Están no límite cos postos de descenso


O Compostela non pode co Ximnástica Torrelavega (1-1)

03/03/2024 18:36

Os de Míchel Alonso caen dos postos de play off tras a picada

Os visitantes xogaron máis de 30' con un xogador menos pola expulsión de Marcos Fernández


Os irmáns Williams conducen o Athletic á final de Copa

29/02/2024 23:18

Borraron do partido un Atlético que acabou perdendo por 3-0

Os dous irmáns asociáronse nos dous primeiros goles

Categorías:  Deportes   Fútbol
Etiquetas:  COPA DO REI

Garitano: "Se nos queda vida é a través deste partido"

29/02/2024 17:33

O Almería aínda non gañou un partido, pero acaba de asinar tres empates consecutivos ante o Athletic, Granada e Atlético de Madrid

Categorías:  Deportes   Fútbol

Irene Paredes: "É necesario apoiar o deporte feminino non só de palabra"

29/02/2024 16:44

Paredes quixo dar as grazas tamén a quen traballou para que o equipo logre títulos como a liga de Nacións, a clasificación para os Xogos Olímpicos de París 2024 e o Mundial


A selección española segue mandando no fútbol feminino e gaña a Liga das Nacións

28/02/2024 20:24

Impúxose a Francia con moita claridade por 2-0 (Bonmatí e Caldentey)

Categorías:  Deportes   Fútbol
Publicidade
Publicidade