Novas
Contido con Temática .
Deportes
Castigo para o Racing Vilalbés na última xogada do partido (2-2)
13/04/2024 18:38
O partido, que comezou trabado, rematou cun 2-2 e dous goles nos minutos de desconto
O punto acadado non serve a ningún dos dous equipos na loita pola permanencia
Chacón e Manín elevan o Arenteiro á sétima praza
13/04/2024 16:45
Os ourensáns conseguen os tres puntos na súa visita ao UE Cornellá
Xornada pola salvación na ACB marcada pola situación de McLemore
13/04/2024 14:03
O Obradoiro abre a xornada esta tarde no Sar contra o Manresa (18 h)
O Breogán marchou cara a Vitoria sen McLemore para o partido de mañá (12:30 h)
Cristóbal recupera a Nico Serrano para recibir mañá o Huesca
13/04/2024 13:54
O técnico que "ir partido a partido" e ver ata onde pode chegar o seu equipo
Moito público na sesión antes do partido de mañá na Malata (21:00 h)
O derbi Celta Fortuna-Lugo, partido estelar da xornada na Primeira RFEF
13/04/2024 12:42
O partido poderá verse en directo na G2 e en AGalega.gal o domingo ás 19:00 h
13/04/2024 09:54
O Betis saíu mellor no segundo tempo e a reacción do Celta chegou demasiado tarde
12/04/2024 23:07
Empate sen goles entre os dous primeiros clasificados, co que o Leganés mantén os catro puntos de marxe
A selección de Alicia Fernández garante a presenza nos Xogos Olímpicos
12/04/2024 22:33
A vitoria diante da Arxentina (26-23) no segundo partido do preolímpico dálle a clasificación ao equipo de balonmán feminino
A Copa da Raíña de fútbol sala queda sen representación galega
12/04/2024 20:46
Nunha final anticipada o Burela non estivo ao nivel agardado e perdeu co Futsi Navalcarnero por 5-1
O debutante Castro non estivo atinado en ataque diante do Alcantarilla
A reacción do Celta chegou demasiado tarde (2-1)
12/04/2024 19:19
Os de Giráldez dominaron o primeiro tempo e tiveron o gol en dous remates de Larsen
Mellorou o Betis no segundo tempo e atopou o gol con Miranda e Fekir
O Celta entregouse nos últimos dez minutos, recortou diferenzas e puido empatar
Yulimar Rojas, compañeira de Ana Peleteiro, non estará en París 2024 por unha lesión
12/04/2024 18:05
Foi operada por unha lesión no tendón de Aquiles
O Deportivo Abanca pode ascender esta fin de semana se gaña e perde o Español
12/04/2024 15:47
Irene Ferreras: "Non miro iso. Non imos pensar en nada que non teña que ver con nós"
Mrsic non aclara se contará con McLemore: "Imos ver"
12/04/2024 13:49
Horas antes, Ben McLemore ofreceu a súa versión dos feitos nun comunicado: "A verdade sairá á luz e o meu nome quedará limpo"
Idiakez non pode contar con Lucas Pérez por cuarta xornada consecutiva
12/04/2024 13:10
O dianteiro non estará en Teruel
Sobre o rival, Idiakez foi claro: "Perdeu 2 dos últimos 14 partidos. Ten un adestrador preparadísimo"
Antía Jácome e Rodrigo Germade sacan o seu segundo billete para París
12/04/2024 12:55
Para Antía Jácome serán os seus segundos Xogos Olímpicos tras debutar en Tokyo 2020
Para o de Cangas do Morrazo, estes serán os seus terceiros Xogos
Moncho Fernández: “O 80 por cento do partido vai estar no ritmo do encontro e o rebote”
12/04/2024 12:08
Janis Timma é dúbida para o partido ante Manresa por mor dunha lumbalxia
Comunicado de Ben McLemore: "A verdade sairá á luz e o meu nome quedará limpo"
12/04/2024 07:23
"Levaranos tempo demostrar os feitos, pero a fiscalía non proporcionou ningunha proba"
"Non violei esa muller, non cometín abusos sexuais, nunca mantiven unha relación cando entendín que a outra persoa non estaba interesada en min"
O Celta tentará fozar na ferida do Betis
11/04/2024 21:16
O equipo andaluz perdeu os catro últimos partidos e pon en perigo o posto europeo
O equipo de Giráldez agarda repetir a actuación do último desprazamento, tamén na cidade de Sevilla
Alicia Fernández, de Valdoviño, apunta aos Xogos Olímpicos de París
11/04/2024 20:36
Liderou con catro goles a selección de balonmán no primeiro e decisivo partido do preolímpico contra a República Checa (31-21)
Morre aos 76 anos O. J. Simpson, o exxogador de fútbol americano
11/04/2024 18:36
Foi protagonista dun dos xuízos máis mediáticos nos Estados Unidos, cando foi acusado dos asasinatos da súa exmuller e de Ronald Goldman.
O Breogán agarda polas explicacións dos representantes de Ben McLemore
11/04/2024 17:19
Desde o club expresan a "súa máis enérxica condena fronte aos actos de violencia de calquera tipo"
Breogán: "Sempre respectamos a presunción de inocencia"
A gabarra Athletic arranca en Getxo e navega polo Nervión entre multitudes
11/04/2024 16:52
Un millón de afeccionados están nas dúas beiras da ría do Nervión
O Burela, favorito para gañar o seu sétimo título de Copa e igualar o Navalcarnero
11/04/2024 16:19
As lucenses conquistaron de forma consecutiva os cinco últimos títulos da Copa da Raíña
O Castro Bloques Cando intentará eliminar o Futsal Alcantarilla
Giráldez: "A guerra polo control da posesión vai ser moi importante"
11/04/2024 14:39
Luca e Dotor teñen a alta médica pero non entran na convocatoria
Tampouco viaxa Renato Tapia que se resentiu da anterior lesión
Chano Rodríguez retírase tras dar positivo por dopaxe
11/04/2024 13:05
Chano Rodríguez: “Cometín o erro e a equivocación de consumir suplementos que contiñan substancias prohibidas froito do meu descoñecemento inescusable”
Scrubb pide igualar "a enerxía e o físico" do Manresa
11/04/2024 12:14
O canadense é o xogador da liga que máis minutos está en pista, cunha media de 32 por encontro
McLemore queda en liberdade provisional tras pagar 50.000 dólares de fianza
11/04/2024 11:36
O aleiro do Breogán está acusado de catro delitos sexuais, incluíndo un cargo por violación
Foi detido e trasladado á prisión de Clakamas e fixouse unha fianza provisional de medio millón de dólares
Se finalmente é condenado no proceso -que continúa aberto-, podería enfrontarse a un mínimo de oito anos e catro meses de prisión
Barcelona e Atlético collen vantaxe nas súas eliminatorias da Liga de Campións
10/04/2024 23:20
O Barcelona gañou no Parque dos Principes cun Raphinha estelar (2-3)
O Atlético comezou moi ben pero só leva un gol de vantaxe a Dortmund (2-1)
O Leyma Coruña dá outro paso de xigante para o ascenso á ACB
10/04/2024 22:43
Derrotou a Tizona Burgos, equipo que chegaba a Riazor como segundo clasificado
Tivo que repoñerse a unha desvantaxe de 16 puntos no primeiro tempo
Ben McLemore, na cadea acusado de violación
10/04/2024 21:44
O xogador do Breogán foise por asuntos persoais aos Estados Unidos esta semana pero contaba con estar de volta para o adestramento do xoves
Logo de declarar, foille imposta unha fianza de 50.000 dólares e podería regresar a Lugo
O Cangas clasifícase para a fase final da Copa por terceira temporada consecutiva
10/04/2024 21:12
Derrotou o Ademar León no Gatañal (29-26) e estará entre os oito elixidos
O Novás non tivo a mesma sorte e perdeu contra o Granollers
Celta Fortuna e Lugo xogarán na G2 un derbi de tendencias opostas
10/04/2024 20:17
A Federación deu a coñecer o horario unificado das dúas últimas xornadas: os sábados 18 e 25 de maio ás 19:00 horas
Serrano, sobre o seu futuro no Athletic: "Xa pensarei en que opcións temos"
10/04/2024 16:08
O navarro recolleu o trofeo Estrella Galicia como mellor xogador do cadro naval no último mes
Serrano "Temos xa a salvación, hai que seguir ata o final e buscar os postos de arriba"
O Leyma ten hoxe a oportunidade de achegar a ACB a carón da Torre de Hércules
10/04/2024 15:53
Recibe en Riazor un Tizona que é segundo da LEB Ouro e leva 5 partidos seguidos sen perder
O Cangas e o Novás poñen en xogo o pase a final a oito da copa
10/04/2024 15:32
O Frigoríficos do Morrazo leva dúas temporadas seguidas meténdose na fase final da Copa
O Novás busca buscan unha fazaña: eliminar o Granollers
Un total de 21 deportistas galegos, preseleccionados para os Paralímpicos de París 2024
10/04/2024 13:44
O presidente da Xunta recibiu varios deportistas galegos que participarán nos xogos paralímpicos
Teresa Portela disputará os seus sétimos xogos e liderando a armada galega do piragüismo
10/04/2024 12:09
O K4 500 da canguesa e Carolina García e o de Arévalo e Germade cumpriron os prognósticos no selectivo nacional
O C2 500 de Antía Jácome tamén logrou o pasaporte para París
Diego Martínez será o seleccionador da Irmandiña no Galicia-Panamá
10/04/2024 11:39
A súa última experiencia foi en Grecia, onde dirixiu o Olympiakos
O Coruña de hóckey gáñalle ao Fraga no aperitivo da semifinal da Champions
09/04/2024 22:41
O equipo coruñés recuperou o partido que tiña pendente polos compromisos europeos
Real Madrid e Manchester City honran a Champions na ida dos cuartos (3-3)
09/04/2024 22:25
Primeiro partido dunha eliminatoria vibrante e de constantes alternativas que se decidirá en Inglaterra