Publicador de contidos

Contido con Temática Mar .

Publicador de contidos

Contido con Temática Mar .

Mar

Balance negativo en Rianxo no último día da campaña da voandeira

27/03/2024 14:25

Remata con 90.000 quilos menos que o ano pasado e con capturas máis ben pequenas

Rexistran unhas perdas de facturación de case o 70 % 

Etiquetas:  MARISQUEO

A veda do Polbo en Galicia estenderase durante os meses de maio e xuño

26/03/2024 16:09

Estará prohibida a captura desta especie por calquera arte en augas tanto interiores como exteriores

Categorías:  Galicia   Mar
Etiquetas:  PESCA   POLBO   VEDA

As mariscadoras de Arcade denuncian que a confraría lles impide traballar

25/03/2024 13:31

Denuncian a suba abusiva da cota anual, de 50 a 650 euros, sen informes que a xustifiquen por parte da confraría

Categorías:  Galicia   Soutomaior   Mar
Etiquetas:  PESCA   MARISCADORAS

A frota prevé que as vedas as artes de fondo do Atlántico nordés se alonguen ata 2025

25/03/2024 13:24

A Comisión Europea segue estudando o impacto socioeconómico das vedas que se aplican en 87 zonas do Atlántico nordés e as novas propostas científicas

As restricións, vixentes desde 2022, afectan 59 buques españois palangreiros 

Planas ve necesario que a próxima Comisión Europea impulse un "diálogo profundo"


Pesca acorda co sector facer novas campañas para recuperar o consumo de peixe

22/03/2024 14:41

A rebaixa do IVE, demandada desde o mundo da pesca e o marisqueo, segue sen contar co apoio do Goberno

Categorías:  España   Economía   Mar
Etiquetas:  PESCA   LUIS PLANAS

Airean os bancos marisqueiros máis arrasados a ría de Noia para que prenda a desova

22/03/2024 13:25

A confraría rastrexará durante dúas semanas os fondos da zona das Saíñas 

As larvas de ameixa e berberecho arraigan mellor nos chans menos compactados

Os 1.400 integrantes desta confraría levan sen poder mariscar desde novembro 

Categorías:  Galicia   Noia   Economía   Mar
Etiquetas:  MARISQUEO

A avogada xeral da UE propón ao TXUE anular o acordo pesqueiro entre a UE e Marrocos

21/03/2024 10:32

Sostén que o pacto entre a UE e o reino alauita non trata o territorio do Sáhara Occidental e as súas augas como "separados e distintos" de Marrocos

Pide que se desestimen os recursos contra a decisión do Tribunal Xeral que xa en 2021 declarou nula a decisión do Consello Europeo de aprobar ese acordo


Comisan en Carnota máis de mil quilos de mexilla descargados de forma ilegal

20/03/2024 09:52

Axentes que estaban facendo un control de furtivismo descubriron como descargaban a mexilla dun barco no porto de Lira e a levaban directamente ao remolque dun coche 


Arranca a campaña da sardiña da frota do cerco

19/03/2024 14:02

Son pouco optimistas porque a cota de capturas é un 21 % menor


Seguen intentando reflotar o cargueiro que encallou na ría de Ribadeo

15/03/2024 14:38

Cara á zona desprázanse dous remolcadores de gran potencia para facer a manobra

O incidente non afecta a operatividade do peirao comercial e a situación do buque é segura non hai risco medioambiental


As empresas galegas do mar baten un novo récord de exportacións: 2.787 millóns en 2023

13/03/2024 15:08

A Xunta insiste na súa reivindicación dun PERTE para a industria pesqueira


Mortaldade, cotas ou eólicos: as confrarías analizan as incertezas do sector

12/03/2024 14:35

Piden diálogo coas administracións españolas e comunitarias para abordar os problemas da pesca e o marisqueo


A Xunta estuda coa pesca e a industria alegacións ao decreto que regula a eólica mariña

08/03/2024 14:45

A Administración galega cre que a lei debe quedar ben definida para evitar a xudicialización no futuro



Torcuato Teixeira: "Non pasamos polo sacrificio da pesca en favor da eólica mariña"

04/03/2024 10:33

O voceiro da Plataforma en Defensa da Pesca afirma que "estes días" concretarán as datas das mobilizacións en Galicia e Asturias en contra do real decreto que regula os parques eólicos no mar

Culpa o Goberno de facer un marco normativo "seguindo as liñas que lle están marcando os lobbys da enerxética"


O temporal atrasa a saída dos cerqueiros para a costeira do bocarte

01/03/2024 15:00

Agardarán á semana que vén para viaxar cara ao Cantábrico

Este ano teñen un 5 % máis de cota, cun tope diario de 10.000 quilos


Hai variedade de peixe e marisco, malia que o peixe sapo e o rodaballo escasean

29/02/2024 14:44

O peixe encareceu uns cinco euros o quilo

Contra as catro da tarde o aviso pasa a laranxa, complicando a tarefa dos mariñeiros


Os percebeiros de Bueu paran a actividade ante a escaseza de marisco

29/02/2024 14:07

A confraría solicitou un estudo á Consellería do Mar para tratar de coñecer as causas

Categorías:  Galicia   Bueu   Economía   Mar
Etiquetas:  MARISQUEO   PERCEBE

Lonxa de Ribeira

As confrarías galegas temen un 2024 aínda peor en vendas e capturas nas lonxas

29/02/2024 11:30

O presidente da Federación Galega de Confrarías valora como "negativa" a caída do ano pasado, en que se pescou e se facturou menos

José Antonio Pérez Sieira adianta que "non lle vai quedar máis remedio" ao sector pesqueiro que mobilizarse contra os plans da eólica mariña


Do mar á neveira da casa, así é a venda directa na lonxa de Baiona

21/02/2024 12:33

Compradores particulares poden mercar o peixe e marisco que chega a este porto, cun límite de quilos por persoa

Etiquetas:  PESCA   LONXA   PEIXE

Escaseza de polbo galego nunha campaña "regular tirando a mala"

20/02/2024 14:13

Os temporais e o mar de fondo reduciron á metade as capturas este ano

O sector non descarta solicitar un paro biolóxico para fortalecer o recurso

 

 

Categorías:  Galicia   Bueu   Sociedade   Mar
Etiquetas:  POLBO

Barallobre inicia por primeira vez unha campaña de extracción de vieira para venda en fresco

19/02/2024 14:03

Teñen previsto recoller máis de 35 toneladas de vieira en 22 xornadas

Categorías:  Galicia   Fene   Economía   Mar
Etiquetas:  MARISQUEO   VIEIRA

Na próxima costeira do bonito barcos pequenos irán máis lonxe, en grupo e con bo tempo

19/02/2024 11:04

Desde o sector calculan que se van beneficiar unhas catrocentas embarcacións que ata o de agora case non podían separarse da costa


A UE acorda prohibirlles aos barcos verter augas residuais, lixo e plásticos

16/02/2024 10:56

Os países membros da Unión pactan coa Eurocámara endurecer a directiva sobre a contaminación do transporte marítimo, que nestes momentos só veta a liberación de hidrocarburos

As previsións máis optimistas sitúan a finais de 2026 a entrada en vigor cando os Estados da UE inclúan a directiva nas súas normativas nacionais e establezan sancións "efectivas e disuasorias" 


Malestar na frota artesanal polas cotas diarias de abadexo e raia mosaico

15/02/2024 14:23

O tope de capturas é de cinco quilos por embarcación ao día

As confrarías prefiren unha cota mensual de cen quilos

Categorías:  Galicia   Economía   Mar
Etiquetas:  PESCA

Os retos da pesca galega centran a reunión de Villares coa Confederación de Empresarios

14/02/2024 15:06

A comisión mar-industria e mais o conselleiro coinciden na defensa da lei do litoral e na demanda de fondos específicos para o sector


O Senado pide baixar o IVE do peixe e suspender as vedas ao palangre no Atlántico

13/02/2024 18:38

A Cámara Alta tamén aprobou outra moción para que o Goberno axilice os trámites en Bruxelas para acceder a un PERTE para o subsector mar-industria

Etiquetas:  SENADO   PESCA

Basilio Otero: "Estamos valorando accións en común cos agricultores"

13/02/2024 10:32

O presidente da Federación Nacional de Confrarías descarta, de momento, un paro e avoga por consensuar un decálogo común de reivindicacións co sector agrario

Otero critica a "burocracia medioambientalista" que esixe Europa e a falta de medidas que fomenten a "remuda xeracional"


Planas agarda a convocatoria inminente dos fondos europeos para o sector mar-industria

09/02/2024 14:13

O ministro de Agricultura e Pesca reuniuse en Boiro con responsables de Anfaco-Cecopesca


O auxe dunha conserveira promovida por mulleres e premiada pola súa innovación

07/02/2024 21:09

 Elaboran de xeito artesanal, en Xove, produtos do mar coma o bonito ou o polbo

Categorías:  Xove   Economía   Mar
Etiquetas:  CONSERVEIRA

Estudantes de ciclos pesqueiros fan prácticas no buque escola Intermares na Coruña

07/02/2024 15:04

O Intermares, único buque en España que combina formación en pesca con formación na Armada

Medio cento de estudantes de FP fan prácticas no barco durante cinco días


Arranca a campaña do ourizo en Aguiño, a lonxa número un de Galicia nesta especie

07/02/2024 14:22

En 2023 pasaron das cen toneladas, cun valor de máis dun millón de euros

A campaña arrancou superando os once euros o quilo de media



A conselleira de Medio Ambiente apoiou as demandas de Conxemar no acto de adhesión á Alianza polo Clima

A Xunta apoia a demanda de Conxemar dun PERTE para a industria do mar

05/02/2024 14:44

O presidente de Conxemar lamenta que non puideran acollerse ao PERTE agroalimentario


Elma Saiz, na praia de Barraña cun grupo de mariscadoras

Man tendida da ministra da Seguridade Social ás reclamacións das mulleres da pesca

03/02/2024 14:13

Elma Saiz reuniuse cun grupo de mariscadoras na praia de Barraña

Asistiu á presentación do Mapa das mulleres da pesca organizada por ANMUPESCA


Renuncian á campaña da vieira en Bueu, que se centra no polbo

02/02/2024 13:41

A descuberta da toxina amnésica obrigou a reducir a súa captura na ría de Pontevedra

Categorías:  Galicia   Bueu   Economía   Mar
Etiquetas:  MARISQUEO

A xustiza apoia delimitar as zonas para a extracción de mexilla

01/02/2024 16:11

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia desestima o recurso presentado polos bateeiros

Categorías:  Galicia   Economía   Mar
Etiquetas:  PESCA

As familias do Villa de Pitanxo, satisfeitas polo informe pericial que sinala o patrón

01/02/2024 10:30

A voceira das familias, María José de Pazo, considera que o informe dos peritos vai ter "bastante peso" na causa e ve "preto" a apertura do xuízo oral

Confirma que o sábado 17 haberá un acto de homenaxe en Marín para recordar os 21 falecidos, coincidindo co segundo aniversario da traxedia


As confrarías apostan pola rexeneración dos bancos marisqueiros para repoboar as zonas afectadas polos temporais

31/01/2024 13:51

A medida está dentro do plan de acción da Xunta de Galicia para paliar os efectos dos episodios de mortaldade

 O conselleiro do Mar continúa coa rolda de contactos co sector para explicarlles as axudas para este ano e o que vén 


A alerta temperá, chave para o rescate dos mariñeiros en Porto do Son

30/01/2024 13:58

Chamaron cun móbil ao 112 despois de envorcar por un golpe de mar

Agardaron o rescate aferrados á quilla da embarcación 

 

Publicidade
Publicidade