Publicador de contidos

Contido con Temática Consumo .

Publicador de contidos

Contido con Temática Consumo .

Consumo

O prezo do cacao, polas nubes

16/04/2024 14:16

O cacao subiu un 135 por cento no último ano, porque a colleita foi escasa

De momento a suba non se nota tanto nas tendas, pero os fabricantes xa van avisando

Etiquetas:  PREZOS

A Xunta volve abrir a campaña de bonos con descontos para o pequeno comercio

16/04/2024 14:10

Nesta edición invisten dous millóns e medio de euros, e contan con mobilizar 12 millóns en vendas

As tendas que queiran participar poden sumarse desde hoxe


A Ribeira Sacra sofre o descenso do consumo de viños tintos en todo o mundo

15/04/2024 19:00

A Ribeira Sacra é a zona galega máis afectada porque o tinto é o 80 % da produción

Os sommeliers lembran que os cambios no consumo de viño son cíclicos


Pecha o salón do automóbil de ocasión de Ourense cunhas vendas do 30 %

14/04/2024 20:30

A sexta edición do Car Outlet recibiu 3.500 visitantes durante a fin de semana

Despacharon 108 vehículos e contan con pechar máis operacións nos próximos días

 


As vivendas turísticas da Coruña triplican a oferta de alugueiro convencional

14/04/2024 13:30

Segundo un estudo do COAG, en zonas do centro hai 20 prazas turísticas por cada 100 residentes


A cesta da compra básica custa 50 euros máis que hai cinco anos

13/04/2024 15:32

As familias optan por adquirir produtos de marca branca, sobre todo en droguería

 


O prezo do aceite de oliva continúa en ascenso

12/04/2024 14:25

Está un 70 % máis caro que hai un ano

Desde que comezou o 2024 xa incrementou entre un 7 % e un 23 % segundo o tipo que merquemos

Etiquetas:  ACEITE DE OLIVA

Unha avaría deixa un veciño de Viveiro sen auga desde hai 22 días

12/04/2024 14:13

Di que xa contratou un avogado e denuncia que a compañía do seguro non se quere facer cargo e non cumpre coa póliza


A inflación repunta ao 3,2 % en marzo e os alimentos modéranse un punto, ata o 4,3 %

12/04/2024 09:20

O aumento débese á suba do prezo da electricidade, despois de que o IVE do recibo da luz pasase do 10 % ao 21 % nese mes

O IPC sobe un 3,5 % en marzo en Galicia, dúas décimas por enriba da media de España


As feiras Enerxétika e Expomunicipal levan a Silleda máis de 6.000 persoas ata o sábado

11/04/2024 14:46

Enerxétika é unha mostra que se celebra bianualmente e que amosa as principais innovacións en produción enerxética sostible

A carón desenvólvese a primeira edición de Expomunicipal


Cada vez máis galegos se animan a vender a roupa que non usan e a comprar pezas de segunda man

10/04/2024 14:45

Segundo unha páxina de compravenda en liña de roupa usada, 8 de cada 10 galegos venden algún artigo que xa non quere


O Supremo anula parte do decreto que limita a publicidade do xogo e apostas en liña

10/04/2024 12:17

Trátase dos artigos que fan referencia ás actividades de promoción dirixidas a novos clientes, a aparición na publicidade de personaxes famosos e á prohibición xeneralizada para a difusión de comunicacións comerciais a través de servizos da sociedade da información

Anula os artigos que limitan a publicidade do xogo en plataformas de intercambio de vídeos así como os que regulan a posibilidade de levar a cabo a publicidade nas redes sociais


A suba dos xuros hipotecarios do último ano derivou nun aumento do risco de impagos

08/04/2024 14:42

As cotas das hipotecas variables incrementáronse un 9,6 % entre 2022 e 2023

 


A tenreira galega acende os fogóns do Fórum Gastronómico

08/04/2024 14:33

Máis de 200 expositores e cociñeros que suman 27 estrelas Michelin xúntanse estes días na Coruña


O prezo da luz, a cero euros durante case todo este luns pola xeración das renovables

08/04/2024 08:25

Baixa tamén a media da xornada, que quedará nos 52 céntimos megavatio hora, fronte aos catro euros do domingo


Expocoruña acolle unha nova edición do Galicia Fórum Gastronómico

07/04/2024 14:39

Durante tres días será o gran punto de encontro para profesionais e amantes da cociña

O programa inclúe máis dun cento de actividades, obradoiros, degustacións e catas


Expourense acolle a segunda edición do Salón do Vehículo Clásico

06/04/2024 19:38

Participan máis de cen expositores de España e do norte de Portugal

Hai actividades para todos os públicos ata este domingo ás 21:00 horas


Segue a medrar o interese polas vivendas modulares máis sostibles e eficientes enerxeticamente

05/04/2024 20:57

A sostibilidade e a eficiencia enerxética son valores que comparten estas chamadas casas industrializadas

Etiquetas:  CONSTRUCIÓN

Posto de froita nun supermercado (Europa Press)

Os prezos dos supermercados subiron de media un 38 por cento en tres anos

04/04/2024 14:45

Entre os produtos que máis se dispararon está o aceite de oliva que se encareceu nun 225 %

Ségueo o azucre branco, que subiu un 91 %; o zume de laranxa, un 81 %, e os ovos e o arroz, por riba do 60 %


A chuvia e o frío atrasan a temporada de primavera no comercio

04/04/2024 14:40

Os comercios de roupa e calzado comezan a botar contas das perdas que lles está ocasionando este tempo de inverno en plena campaña de primavera 

Seguen vendendo botas e chuvasqueiros cando terían que estar facturando por sandalias


A cesta da compra subiu máis de 100 euros nos últimos tres anos, segundo a OCU

04/04/2024 11:25

A organización aposta por manter a rebaixa do IVE para determinados produtos máis alá de xuño

Pon o foco especialmente nas rebaixas fiscais da carne e do peixe, o que favorecería non só a consumidores, afirman, senón tamén a produtores


Rueda di que a Xunta xa traballa no obxectivo de chegar ás 8.000 vivendas públicas

03/04/2024 14:54

O presidente da Xunta en funcións apela á colaboración de promotores privados


O prezo dos alugueiros na Coruña alcanza cifras históricas

03/04/2024 14:43

O sector inmobiliario di que hai moita demanda de alugueiro e pouca oferta de pisos


Oficinas da Axencia Tributaria

Xa se pode facer a declaración da renda por Internet: estas son as novidades deste ano

02/04/2024 18:08

 

Os contribuíntes poden acceder aos seus datos fiscais desde a páxina web e a aplicación móbil

Este ano hai un incremento na redución das retencións do IRPF ás rendas de ata 21.000 euros

A campaña estenderase ata o 1 de xullo de 2024, un día máis do que adoita ser habitual


Os condutores españois prefiren os vehículos híbridos aos eléctricos

02/04/2024 14:49

A autonomía e a falta de puntos de recarga lastra a venda de vehículos eléctricos

 

Etiquetas:  AUTOMOCIÓN

Do mercado de segunda man, o da roupa é o que máis crece

02/04/2024 14:33

Este mercado acadou os corenta millóns de euros de facturación o ano pasado

Os expertos prevén que no 2030 o mercado mundial de segunda man duplique o de roupa nova


Cada ano tíranse ao lixo mil millóns de toneladas de comidas en todo o mundo

02/04/2024 14:20

A concienciación fai que descendan os alimentos que tiramos, que aínda seguen a ser moitos

Categorías:  Mundo   Economía   Consumo
Etiquetas:  LIXO   ALIMENTOS

O sector do turismo cifra entre un 50 e un 60 % a ocupación en Semana Santa

01/04/2024 10:07

O secretario do Clúster de Turismo de Galicia sinala que a borrasca Nelson provocou "moitas cancelacións" de última hora de cara aos días principais

César Sánchez Ballesteros espera que a temporada do verán sexa unha das mellores da historia e que se superen as cifras de negocio de 2023


Por primeira vez na historia, este luns o prezo da luz é negativo

01/04/2024 09:30

Durante tres horas, entre as 14 e as 17 horas, o prezo do megawatt hora no mercado almacenista será de -0,01 euros

Estes prezos negativos non se verán reflectidos na tarifa regulada.


Declaración da renda (Europapress Arquivo)

A campaña da renda comeza este mércores con subas para as grandes rendas de capital

01/04/2024 08:53

A campaña da renda de 2023 estenderase ata o 1 de xullo, coa redución de tributación para rendas baixas do traballo e a suba para rendas altas de capital

Unha das novidades na campaña de 2023 é a nova dedución do 15 % para a compra dun vehículo eléctrico enchufable novo


O mal tempo deixa unha ocupación hoteleira próxima ao 70 % na Costa da Morte

31/03/2024 14:56

As previsións iniciais do sector indicaban que a ocupación media podía chegar ao 90 %


O sector hoteleiro de Viveiro despide a Semana Santa satisfeito coa ocupación

30/03/2024 14:54

Os hoteis do centro da vila están completos durante a fin de semana

Noutros establecementos a ocupación roza o 80 % dende o xoves

 

 


A cesta da compra modérase, pero é un 20 % máis cara ca no 2023

30/03/2024 14:32

O aceite é a estrela da suba dos prezos tras meses estancado nos 10 euros

As previsións apuntan a que a inflación baixará neste 2024


A neve convértese nun dos grandes reclamos turísticos destas festas

30/03/2024 14:25

Moita xente escolleu Pedrafita do Cebreiro para pasar a Semana Santa


O euríbor pecha marzo no 3,7 % e encarecerá as hipotecas que se revisan anualmente

28/03/2024 17:10

As que se revisen cada seis meses baixarán a súa cota

Etiquetas:  HIPOTECAS   EURIBOR

A suba dos carburantes encarece as viaxes durante a Semana Santa

27/03/2024 14:34

Os prezos acumulan xa dous meses e medio de incremento no caso do gasóleo e tres na gasolina


Sinal en directo da cámara web da CRTVG en Baiona

A borrasca Nelson deixa vento, chuvia e aviso laranxa en todo o litoral galego

27/03/2024 14:12

Galicia rexistra refachos de ata 120 quilómetros por hora

Chove sobre todo en Pontevedra e en Ourense, e hai neve por riba dos 800 metros

O mal tempo provocou a cancelación de reservas en toda Galicia


O Banco de España confirma que a débeda pública baixou en 2023 ata o 107,7 % do PIB

27/03/2024 10:37

O endebedamento das administracións alcanzou os 1.573.754 millóns de euros, un 4,7 % máis

O crecemento da economía española permite reducir a porcentaxe de débeda pública


O IPC sobe ao 3,2 % en marzo polo encarecemento da luz e os carburantes

27/03/2024 08:55

Co avance do IPC interanual no terceiro mes do ano, a inflación volve rexistrar ascensos despois do retroceso de seis décimas que experimentou en febreiro e que levou a inflación ao 2,8 %

Baixa dúas décimas a inflación subxacente, que non inclúe enerxía nin alimentos frescos e queda nun 3,3 %


O Goberno retoma a reforma da Lei do solo para dar seguridade xurídica ao urbanismo

26/03/2024 13:17

Desde o Executivo aseguran que buscarán o consenso para aprobar a norma no Congreso, sobre a que Podemos xa expresou o seu rexeitamento

Publicidade
Publicidade