Publicador de contidos

Contido con Temática Economía .

Publicador de contidos

Contido con Temática Economía .

Economía

Os autónomos, en contra dos cambios na xubilación activa

10/04/2024 18:59

O Goberno propón que só poidan percibir o 100 % da pensión tras cinco anos

Hoxe, poden traballar e cobrar a paga completa se contratan un empregado


As mariscadoras de Pontevedra, preocupadas pola mortaldade da cría de ameixa

10/04/2024 16:02

Din que non teñen dabondo este ano para sementar as praias

Etiquetas:  MARISQUEO

Cada vez máis galegos se animan a vender a roupa que non usan e a comprar pezas de segunda man

10/04/2024 14:45

Segundo unha páxina de compravenda en liña de roupa usada, 8 de cada 10 galegos venden algún artigo que xa non quere


O Supremo anula parte do decreto que limita a publicidade do xogo e apostas en liña

10/04/2024 12:17

Trátase dos artigos que fan referencia ás actividades de promoción dirixidas a novos clientes, a aparición na publicidade de personaxes famosos e á prohibición xeneralizada para a difusión de comunicacións comerciais a través de servizos da sociedade da información

Anula os artigos que limitan a publicidade do xogo en plataformas de intercambio de vídeos así como os que regulan a posibilidade de levar a cabo a publicidade nas redes sociais


Nova etapa e novos retos na política económica galega, por Maite Cancelo

10/04/2024 08:03

A Galicia que funciona foi o lema da campaña electoral

Bruxelas dá luz verde ao PERTE para a industria pesqueira e conserveira con 40 millóns

09/04/2024 18:25

A liña de axudas ao sector transformador pesqueiro e acuícola ten un valor de 40 millóns de euros con cargo ao Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia


A DXT estuda a posibilidade de que as motos circulen pola beiravía para evitar os atascos

09/04/2024 14:44

En caso de modificarse a norma, só poderían facelo indo a menos de 30 km/h e respectando a prioridade de bicicletas ou peóns


Bioflytech inicia en Palas de Rei a produción de fariñas para alimento animal procedentes de insectos

09/04/2024 14:41

Bioflytech comezou a produción de fariñas procedentes de larvas de mosca soldado negra. De

Decepción no regreso dos rañeiros de Vilanova, continúa a escaseza de ameixa comercial

09/04/2024 14:26

Non lograron xuntar nin un quilo de ameixa babosa entre 29 embarcacións

Se seguen así, pedirán o cesamento de actividade, como as mariscadoras de a pé


Asime ve posibilidades "moi relevantes" en Galicia para captar pedidos no sector da defensa nos próximos anos

09/04/2024 11:02

O secretario xeral da patronal Asime considera "xusto" que Stellantis Vigo reciba fondos do PERTE VEC e alerta da paralización xudicial de proxectos eólicos

Enrique Mallón comparte a preocupación polo aumento de mortes en accidentes laborais en Galicia e avoga por máis controis e o cumprimento das normas por parte de todos


A complexidade do sistema fiscal español alén do cálculo de ratios superficiais, por María Cadaval

09/04/2024 07:56

Recentemente, o Instituto de Estudos Económicos (IEE) publicou o seu informe Competitividade

En Galicia hai 837 lobos, 93 mandas rexistradas, segundo o último censo

08/04/2024 22:05

Son apenas tres máis ca as rexistradas en 2014, aínda que hai zonas en que a súa presenza é agora máis perceptible


A suba dos xuros hipotecarios do último ano derivou nun aumento do risco de impagos

08/04/2024 14:42

As cotas das hipotecas variables incrementáronse un 9,6 % entre 2022 e 2023

 


A tenreira galega acende os fogóns do Fórum Gastronómico

08/04/2024 14:33

Máis de 200 expositores e cociñeros que suman 27 estrelas Michelin xúntanse estes días na Coruña


Cambios nos horarios dos trens con Madrid polas obras na estación de Chamartín

08/04/2024 14:33

En Lugo quedan sen unha das conexións á capital, no que é un novo recorte dos servizos ferroviarios da cidade

Renfe tivo que axustar horarios e tarifas, e o que se mantén é o número de prazas


Tren MD de Renfe

Xa se poden obter os abonos gratuítos de Renfe para o segundo cuadrimestre

08/04/2024 13:21

É necesario depositar unha fianza de 20 € para o servizo de media distancia e de 10 € para o de proximidade, que serán devoltos ao finalizar o período se o viaxeiro realizou polo menos 16 viaxes 


O prezo da luz, a cero euros durante case todo este luns pola xeración das renovables

08/04/2024 08:25

Baixa tamén a media da xornada, que quedará nos 52 céntimos megavatio hora, fronte aos catro euros do domingo


A China e o conflito de Gaza impulsan o prezo do petróleo, por Venancio Salcines

08/04/2024 07:59

Todos os mercados están suxeitos a forzas e segundo o nivel das mesmas os prezos escollen unha

As obras de Chamartín obrigan a modificar o horario de varios trens en Galicia

07/04/2024 18:26

O MD entre Vigo-Urzáiz e A Coruña adianta a súa partida ás 6:15 horas

O media distancia A Coruña-Ferrol adianta a súa saída ás 6:31horas

O rexional O Carballiño-Ourense atrasa a súa saída ás 7:50 horas


Expocoruña acolle unha nova edición do Galicia Fórum Gastronómico

07/04/2024 14:39

Durante tres días será o gran punto de encontro para profesionais e amantes da cociña

O programa inclúe máis dun cento de actividades, obradoiros, degustacións e catas


O persoal das tendas de Inditex maniféstase na Coruña para reclamar melloras laborais

07/04/2024 14:18

Reclaman que as dependentas cobren o complemento de antigüidade do que xa se benefician no centro loxístico de Sabón


Novidades na campaña da renda: mercar un coche eléctrico tamén desgrava

07/04/2024 14:08

Amplíase o prazo para as deducións fiscais por melloras de eficiencia enerxética nas vivendas 

A Axencia Tributaria porá en marcha a partir de maio un plan de asistencia para maiores de 65 anos en pequenos municipios


Andaina entre Palas de Rei e Santiso contra o proxecto de Altri na zona

07/04/2024 13:24

Unhas 400 persoas amosaron o seu rexeitamento á instalación da fábrica na comarca

A empresa asegura está a traballar nun plan de formación para a mocidade interesada en formar parte do proxecto


Lorenzana: "Non me parece realista contar que en xuño vaia estar vendida Alcoa"

07/04/2024 09:57

A conselleira de Industria en funcións reitera a necesidade de que Alcoa cumpra cos acordos para San Cibrao en paralelo á venda

Atribúe a mentiras ou falta de información algunhas informacións sobre Altri que son contrarias ao expediente administrativo

Considera que Stellantis Vigo sofre "discriminación" na repartición de axudas por parte do Estado


Expourense acolle a segunda edición do Salón do Vehículo Clásico

06/04/2024 19:38

Participan máis de cen expositores de España e do norte de Portugal

Hai actividades para todos os públicos ata este domingo ás 21:00 horas


Nas estacións galegas aplauden a chegada dos trens Avril

06/04/2024 16:38

Os primeiros convois chegarán como moi tarde o vindeiro 21 de maio

A venda de billetes da conexión con Madrid comeza o 18 de abril


A Xunta recorrerá ante o Supremo a última suspensión cautelar de proxectos eólicos

06/04/2024 14:42

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia ordenou a paralización doutros sete parques autorizados pola administración autonómica


Crean a comunidade enerxética de Barbadás para reducir a factura eléctrica

06/04/2024 13:36

Instalarán paneis fotovoltaicos nos edificios públicos municipais

Os excedentes de electricidade beneficiarán a veciños e negocios


Aprobado o anteproxecto da vía que conectará a Terceira Rolda da Coruña coa AP-9

06/04/2024 12:26

O novo treito pretende reducir os problemas de conxestión de tráfico nas horas punta de entrada e saída da cidade


Cada ano pérdense máis de 9.000 millóns de euros en beneficios fiscais

06/04/2024 11:13

Expertos fiscais instan a asesorarse antes de presentar o IRPF para aproveitar as desgravacións

Neste exercicio hai dúas novidades principais para autónomos e familias


Segue a medrar o interese polas vivendas modulares máis sostibles e eficientes enerxeticamente

05/04/2024 20:57

A sostibilidade e a eficiencia enerxética son valores que comparten estas chamadas casas industrializadas

Etiquetas:  CONSTRUCIÓN

Comeza unha nova edición da MOEXMU en Cospeito, a feira de referencia na gandería

05/04/2024 20:13

A feira e mostra chega aos 40 anos cunha asistencia masiva de participantes

O gando vacún e a maquinaria agrícola volven ser os protagonistas


O TSXG suspende sete novos parques eólicos e xa suma en total 27 paralizacións

05/04/2024 17:57

Tras a sentenza do Supremo en decembro, o TSXG adaptou novos criterios á hora de decidir sobre medidas cautelares, e agora centra as paralizacións nas cuestións ambientais


O sector do cerco, preocupado pola baixada das cotas

05/04/2024 16:06

Tamén cren que o prezo da sardiña está moi baixo

Categorías:  Galicia   Mar   Economía
Etiquetas:  PESCA

Renfe prevé que os Avril comecen a operar en Galicia "como tarde" o 21 de maio

05/04/2024 14:54

A venda de billetes para estes convois comezará o 18 de abril


Os traballadores de Navantia anuncian mobilizacións se non hai avances na negociación colectiva

05/04/2024 14:51

O comité de empresa denuncia os incumprimentos do Goberno en materia de emprego e de carga de traballo


O plan de recuperación europeo deixa en Galicia un total de 3.800 millóns en axudas

05/04/2024 14:45

A execución dos fondos é do 71 %, 11 puntós máis respecto á media de España

Etiquetas:  FONDOS EUROPEOS

Muxidura das vacas nunha explotación gandeira

O prezo do leite en orixe baixa por terceira vez nun ano

05/04/2024 14:27

As industrias impoñen unha nova rebaixa e os gandeiros din que as condicións asfixian os produtores 


A chuvia estraga a colleita da colza e o cereal de inverno

05/04/2024 14:18

A Limia leva meses anegada e a maquinaria non pode entrar nas leiras

A sementeira da pataca tamén irá con atraso


Os sindicatos convocan unha manifestación en Vigo para denunciar as cifras "inadmisibles" de sinistralidade laboral

05/04/2024 14:16

Chaman ás administracións a que actúen para garantir a seguridade dos traballadores

Publicidade
Publicidade