Publicador de contidos

Contido con Temática Enerxía .

Publicador de contidos

Contido con Temática Enerxía .

Enerxía

Luz verde do Goberno á conexión de moi alta tensión para Stellantis Vigo

16/04/2024 19:56

O chamado proxecto Novo Vigo 220kv ten un custo de 72 millóns de euros

Trátase dunha vella demanda da planta viguesa para evitar microcortes e problemas na subministración eléctrica que afectan á súa produción


Recursos de Galicia prevé pechar este ano a súa entrada en varios proxectos eólicos

13/04/2024 09:41

O conselleiro delegado de Recursos de Galicia avalía positivamente os primeiros compases desta sociedade mixta 

Emilio Bruquetas destaca de RDG que busca "abaratar a enerxía e desenvolver a economía galega"

Admite preocupación polas decisións do TSXG sobre o sector eólico


A gasolina encadea preto de tres meses á alza e acada niveis do pasado outubro

11/04/2024 12:43

A gasolina é un 8,1 % máis cara que cando comezou o ano, mentres que o gasóleo encareceuse preto dun 4 %


A Xunta recorrerá ante o Supremo a última suspensión cautelar de proxectos eólicos

06/04/2024 14:42

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia ordenou a paralización doutros sete parques autorizados pola administración autonómica


Crean a comunidade enerxética de Barbadás para reducir a factura eléctrica

06/04/2024 13:36

Instalarán paneis fotovoltaicos nos edificios públicos municipais

Os excedentes de electricidade beneficiarán a veciños e negocios


O TSXG suspende sete novos parques eólicos e xa suma en total 27 paralizacións

05/04/2024 17:57

Tras a sentenza do Supremo en decembro, o TSXG adaptou novos criterios á hora de decidir sobre medidas cautelares, e agora centra as paralizacións nas cuestións ambientais


A gasolina toca un novo máximo anual despois de once semanas de alzas

04/04/2024 12:06

O litro de gasolina sitúase de media nos 1,645 euros; o diesel págase a 1,541 euros

Encher o depósito é máis caro que o ano pasado


Por primeira vez na historia, este luns o prezo da luz é negativo

01/04/2024 09:30

Durante tres horas, entre as 14 e as 17 horas, o prezo do megawatt hora no mercado almacenista será de -0,01 euros

Estes prezos negativos non se verán reflectidos na tarifa regulada.


A Xunta presenta 16 alegacións ao decreto que regula as instalacións da eólica mariña

26/03/2024 17:34

A orde pola que se vai regular a convocatoria de concorrencia competitiva ten que incluír medidas compensatorias para os sectores afectados

A valoración dos criterios non económicos dos proxectos ten que supoñer un 50 % da ponderación total


A gasolina volve subir e o gasóleo baixa lixeiramente

14/03/2024 14:29

Dende que comezou 2024 a gasolina encareceu un 5 % e o diésel encareceu máis dun 3 %


O presidente da Asociación Eólica galega dá por perdidos os investimentos no sector

09/03/2024 10:47

Manuel Pazo considera "caótica" a situación actual pola "falta de seguridade xurídica"


A patronal eólica di que o recurso do TSXG a Europa pon en risco o futuro industrial

07/03/2024 14:44

A Xunta de Galicia busca novas vías para sacar adiante os parques aprobados


A Xunta elevará á xustiza europea contra a suspensión cautelar de 13 parques eólicos

06/03/2024 12:38

O Goberno autonómico "xa gañou no Tribunal Supremo" noutras ocasións, di a conselleira de Economía, Industria e Innovación, María Jesús Lorenzana


Torcuato Teixeira: "Non pasamos polo sacrificio da pesca en favor da eólica mariña"

04/03/2024 10:33

O voceiro da Plataforma en Defensa da Pesca afirma que "estes días" concretarán as datas das mobilizacións en Galicia e Asturias en contra do real decreto que regula os parques eólicos no mar

Culpa o Goberno de facer un marco normativo "seguindo as liñas que lle están marcando os lobbys da enerxética"


O IVE do recibo da luz volve ao 21 por cento polo abaratamento da electricidade

01/03/2024 14:10

No mes de febreiro o mercado grosista pechou por debaixo dos 45 euros o megawatt hora, o límite que fixou o Goberno para aplicar a rebaixa fiscal 


Na carreira polo futuro da eólica mariña flotante Galicia ten unha posición de privilexio

29/02/2024 16:01

O sector eólico puxo o foco na creación de emprego e na súa aceptación social como unha enerxía limpa

Pídenlle ao Goberno celeridade para que a finais de ano poida realizarse a poxa dos espazos marítimos


O Goberno recupera a Comisión Nacional da Enerxía (CNE) e reforza as súas funcións

20/02/2024 14:16

As funcións da vella CNE pasaran en 2013 á Comisión Nacional para os Mercados e a Competencia 

O Goberno defende que nestes momentos se debe recuperar un organismo específico ante a transformación do sector enerxético


O EC4rural ensaia en 22 concellos galegos un modelo enerxético social e sostible

06/02/2024 13:53

A iniciativa da UE busca que os consumidores das áreas rurais se constitúan en comunidades de produtores de enerxías limpas


A de Coirós foi a primeira área de servizo en comercializar diésel renovable en Galicia

O diésel renovable inicia a súa expansión en Galicia

02/02/2024 14:50

Xa se vende en dúas estacións de servizo, e aumentarán a dez neste ano

É un biocombustible elaborado con residuos orgánicos e considerado de cero emisións netas


Enagás confirma o interese do treito Guitiriz-Zamora de hidróxeno verde

31/01/2024 15:51

A empresa reitera a intención de propoñelo como proxecto de interese común para poder acceder a fondos europeos


O grupo Amper investirá 20 millóns nunha nova nave en Arteixo que creará 200 postos de traballo

30/01/2024 13:23

O proxecto comezaría a funcionar en 2026

Enrique López, conselleiro delegado do grupo, tamén avanzou que o investimento implicará a creación doutros 600 empregos indirectos a través da cadea de 120 provedores do grupo


A última grande instalación de Meirama derrubouse cunha voadura controlada

16/01/2024 09:54

Unha explosión botou abaixo a caldeira da vella central térmica

1.214 quilos de dinamita puxeron fin á que foi unha das maiores plantas de produción de enerxía do país


A planta de Cofrentes (Valencia) sofre unha parada do seu reactor nuclear nun incidente de nivel 0 de gravidade

15/01/2024 13:37

O reactor entrou en parada automática por perda de auga durante uns traballos de mantemento

Segundo o Consello de Seguridade Nuclear, o suceso non ten significación para a seguridade


A bombona de butano encadea dúas subas tras un ano baixando e sitúase en 15,89 euros

15/01/2024 09:59

A partir deste martes sobre o prezo nun 5 %, debido principalmente ao incremento do custo dos fretes 

Etiquetas:  PREZOS   BUTANO

Iberdrola porá en marcha a primeira hidroeléctrica reversible de Galicia

04/01/2024 20:34

Este tipo de centrais están pensadas para almacenar enerxía


Besteiro anuncia catro parques eólicos para garantir a viabilidade de Alcoa en San Cibrao

26/12/2023 19:49

O Goberno prevé publicar este mércores no BOE unha modificación do decreto que regula os dereitos de acceso e conexión á rede das instalacións renovables

Anunciouno o candidato socialista á presidencia da Xunta de Galicia, Xosé Ramón Gómez Besteiro

Etiquetas:  ALCOA



Acordo no Cumio do Clima para a fin dos combustibles fósiles

13/12/2023 08:50

O acordo Balance Global pretende conter o aumento de temperatura para que non supere o grao e medio respecto aos niveis preindustriais

A decisión, aprobada por consenso no plenario da COP28, marca o obxectivo de cero emisións netas en 2050

"É un logro histórico e sen precedentes", sinalou no plenario o presidente do cumio de Dubai, o sultán Al Jaber


Mallón: "O Aowinde de eólica mariña é unha oportunidade histórica"

03/12/2023 14:14

A industria do metal galega traballa no impulso dun polo eólico mariño de referencia

O obxectivo é acelerar o desenvolvemento da enerxía eólica mariña na Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal

Prevén crear uns 8.000 empregos directos de aquí ao 2030


Malestar no sector galego do hidróxeno verde polos fondos europeos

02/12/2023 14:24

Consideran incompresible que o hidroduto galego quede fóra das subvencións da UE

Pensan que todos os proxectos se demorarán e que haberá perda de competitividade


Pedro Blanco, delegado do Goberno en Galicia (segundo pola dereita) nunha reunión en Vigo o pasado xoves (EFE)

O Goberno central asegura que a elección dos proxectos de hidróxeno seguiu criterios obxectivos

01/12/2023 17:54

O delegado do Goberno en Galicia asegura que en cada convocatoria se seleccionan os proxectos mellor puntuados con criterios exclusivamente técnicos

Galicia recibiu 38 millóns de euros nas convocatorias resoltas ata o de agora, o que supón o 9% do total do país



Rueda tacha de "incompresible" a exclusión de Galicia da rede de hidróxeno verde

29/11/2023 16:07

O presidente da Xunta explicou que Galicia é unha das comunidades autónomas "con máis proxectos reais e en marcha"

A Xunta buscará outras vías de financiamento para poder conectarse á rede europea

O sector galego do hidróxeno considera un "mazazo" que a UE non financie o hidroduto Guitiriz-Zamora


O sector galego do hidróxeno considera un "mazazo" que a UE non financie o hidroduto Guitiriz-Zamora

29/11/2023 10:11

O presidente da Asociación Galega do Hidróxeno cre "fundamental" esta infraestrutura para non poñer en perigo as futuras plantas de hidróxeno verde en Galicia

José Ramón Ferreiro non descarta que Enagás asuma a totalidade do custo aínda que o ve "máis complexo" sen fondos europeos

O hidróxeno verde marca un reto tecnolóxico e oportunidades laborais na industria


O hidroduto que unirá Guitiriz e Zamora queda fóra dos fondos europeos

28/11/2023 10:48

É o único tramo da infraestrutura española que Bruxelas non incluíu no Proxecto de Interese Común da Unión Europea

O pasado mes de abril a Xunta e Enagás asinaron un pacto para a súa construción cun custo aproximado duns 250 millóns de euros

O hidróxeno verde marca un reto tecnolóxico e oportunidades laborais na industria


Galicia quere ser referente na fabricación de compoñentes para a eólica mariña

27/11/2023 14:52

O sector fai un chamamento para fortalecer a cadea de valor e non perder unha oportunidade que podería chegar a xerar ata 12.000 empregos directos nos próximos dez anos


A empresa galega Ecoener inaugura dous parques fotovoltaicos na República Dominicana

24/11/2023 21:06

Son os primeiros dos cinco que vai instalar no país 


Os prezos da leña mantéñense malia o aumento da demanda

Dispárase a venda de leña, alternativa que permite importantes aforros en calefacción

20/11/2023 14:30

O aumento da demanda non disparou polo momento os prezos, que se sitúan entre 60 e 70 euros o metro cúbico


As grandes petroleiras entran no mercado de baixo custo

14/11/2023 14:45

A compra de Ballenoil por parte de Cepsa afecta catro estacións en Galicia e outras sete en proxecto

Os clientes destas gasolineiras agardan que se manteñan os prezos 

Publicidade
Publicidade
— 40 Resultados por páxina
Mostrando o intervalo 1 - 40 de 170 resultados.