Publicador de contidos

Contido con Temática Agro e Mar .

Publicador de contidos

Contido con Temática Agro e Mar .

Agro E Mar

A Limia sementará un 20 % menos de pataca

04/03/2024 21:12

O motivo é a dificultade para conseguir semente certificada en toda Europa

Categorías:  Galicia   Agro

Torcuato Teixeira: "Non pasamos polo sacrificio da pesca en favor da eólica mariña"

04/03/2024 10:33

O voceiro da Plataforma en Defensa da Pesca afirma que "estes días" concretarán as datas das mobilizacións en Galicia e Asturias en contra do real decreto que regula os parques eólicos no mar

Culpa o Goberno de facer un marco normativo "seguindo as liñas que lle están marcando os lobbys da enerxética"


O Goberno galego garante o seu apoio á industrialización do sector lácteo

01/03/2024 16:21

O obxectivo é que no ano 2025 o 75 % do leite producido en Galicia sexa transformada na comunidade


O temporal atrasa a saída dos cerqueiros para a costeira do bocarte

01/03/2024 15:00

Agardarán á semana que vén para viaxar cara ao Cantábrico

Este ano teñen un 5 % máis de cota, cun tope diario de 10.000 quilos


Tensión entre agricultores e antidisturbios durante unha protesta en Zaragoza

01/03/2024 14:44

As protestas dos agricultores e gandeiros chegaron este venres a distintos puntos de Euskadi, Aragón ou Cataluña


Arranca na Coruña BioCultura, o maior escaparate de produtos ecolóxicos

01/03/2024 14:40

En Galicia hai máis de 1.500 operadores certificados polo Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica


O 'big data' chega ás granxas leiteiras galegas

29/02/2024 18:32

300 granxas europeas utilizan xa a intelixencia artificial no seu traballo

Os primeiros dispositivos vanse implantar este ano en Galicia

Categorías:  Galicia   Agro

Hai variedade de peixe e marisco, malia que o peixe sapo e o rodaballo escasean

29/02/2024 14:44

O peixe encareceu uns cinco euros o quilo

Contra as catro da tarde o aviso pasa a laranxa, complicando a tarefa dos mariñeiros


Unións Agrarias denuncia o incumprimento da lei da cadea alimentaria no sector cárnico de vacún

29/02/2024 14:21

Critican que os produtores teñen que vender a perdas

Presentaron denuncia ante a AICA e a Comisión Nacional dos Mercados e a Competencia


Os percebeiros de Bueu paran a actividade ante a escaseza de marisco

29/02/2024 14:07

A confraría solicitou un estudo á Consellería do Mar para tratar de coñecer as causas

Categorías:  Galicia   Bueu   Economía   Mar
Etiquetas:  MARISQUEO   PERCEBE

Lonxa de Ribeira

As confrarías galegas temen un 2024 aínda peor en vendas e capturas nas lonxas

29/02/2024 11:30

O presidente da Federación Galega de Confrarías valora como "negativa" a caída do ano pasado, en que se pescou e se facturou menos

José Antonio Pérez Sieira adianta que "non lle vai quedar máis remedio" ao sector pesqueiro que mobilizarse contra os plans da eólica mariña


Científicos do CSIC de Vigo analizarán o estado do cabaliño de mar na costa española

28/02/2024 21:34

Os resultados obtidos permitirán xerar mapas, áreas críticas destas especies e, sobre todo, pór en marcha medidas de conservación dunha especie vulnerable


Aialma é o mellor mel de Galicia, segundo a Asociación Galega de Apicultura

28/02/2024 21:03

É o froito dun proxecto familiar vencellado aos montes de Laza

Botou a andar en plena pandemia e en tan só catro anos xa lograron varios recoñecementos, entre eles o ouro nos London Honey Awards de 2023


Unha queixería de Carballo fai queixos orixinarios de Venezuela e Colombia con leite galego

28/02/2024 20:51

O seu público son principalmente as comunidades latinas que residen en Galicia e noutros puntos de España


Goberno e organizacións agrarias achegan posturas sobre a PAC, pero sen acordos

28/02/2024 14:48

Asaja, COAG e UPA din que os avances son insuficientes e piden medidas concretas en seguros e fiscalidade

A semana próxima volveranse reunir por cuarta vez dende o inicio das protestas 

Continúan as protestas para reclamar prezos xustos 


A praga da couza da pataca avanza na Coruña e retrocede en Lugo

28/02/2024 14:12

Decláranse novas zonas de corentena en oito parroquias de Carral, Fene e Abegondo

Nelas queda prohibido o cultivo, a venda ou o almacenamento do tubérculo

Etiquetas:  PATACA   PRAGA

Rei 814 Beemer Yuri, a vaca gran campioa de Galicia 2024

Rey Beemer Yuri proclámase a mellor vaca leiteira de Galicia por cuarto ano consecutivo

27/02/2024 12:03

Santa Comba acolleu o XXXII Concurso autonómico da raza frisoa FEFRIGA 2024 do 23 ao 25 de febreiro

Participaron máis de 80 animais de 17 ganderías da Coruña, Lugo e Pontevedra

A SAT Rei de Miñotelo (A Pastoriza) foi a gran triunfadora do concurso, facéndose cos campionatos de xovencas e vacas e os títulos de mellor criador de Galicia


Francia prohibe os cualificativos como "xamón" ou "filete" para produtos de orixe vexetal

27/02/2024 11:51

As porcentaxes máximas que aparecen contempladas oscilan entre o 0,50 % para moitos produtos, ata un 6 % de proporción máxima de proteína vexetal

O decreto prevé multas de 1.500 euros de máxima para os particulares e 7.500 euros para as empresas

Categorías:  Mundo   Empresa   Agro

Roberto García: "Queda moi lonxe a solución á competencia de terceiros países"

27/02/2024 10:42

O secretario xeral de Unións Agrarias valora as medidas de Bruxelas para o sector, pero considera "irrenunciable" a adopción de cláusulas espello



Os 27 pídenlle a Bruxelas máis medidas urxentes para aliviar o campo

26/02/2024 20:43

Os ministros de Agricultura presentan 500 propostas, incluída a dunha PAC máis flexible

Máis dun milleiro de tractores toma o centro da capital comunitaria

Milleiros de agricultores protestan en Madrid coincidindo co Consello de Ministros europeo



Milleiros de agricultores protestan en Madrid coincidindo co Consello de Ministros europeo

26/02/2024 12:36

As organizacións agrarias di que reuniron 20.000 persoas de varios puntos de España

 


España reclama un pacto europeo para responder ás demandas dos agricultores

26/02/2024 11:27

O ministro de Agricultura reclamou á Comisión Europea propostas lexislativas urxentes e cláusulas espello para que produtos non autorizados na UE non poidan entrar


Os tractores en Madrid o pasado mércores. EFE/ Sergio Pérez

O agro e o mar unen forzas en Madrid para que escoiten os seus berros en Bruxelas

25/02/2024 16:51

Asaja, COAG e UPA convocaron unha protesta este luns coincidindo coa xuntanza do Consello de Ministros de Agricultura da UE

Os sector pesqueiro acode á manifestación para defender o dereito a unha "produción e distribución digna de alimentos básicos"


ASAJA: "O presidente do Goberno aínda non deu a cara co sector agrario"

24/02/2024 11:47

O secretario de Organización da Asociación Agraria de Jóvenes Agricultores di que seguirán coas protestas "ata que haxa solucións"

Juan José Álvarez di que agarda que na xuntanza do luns dos ministros de Agricultura da UE se "simplifiquen os trámites burocráticos"


Xosé Manuel, gandeiro: "Simplemente pido que me devolvan os cartos que me roubaron"

23/02/2024 14:40

Este gandeiro de Trazo vai demandar os abusos do cártel do leite, a quen lle atribúe unhas perdas de 20.000 euros ao ano

Xa hai sentenzas que condenan as industrias leiteiras por pactar prezos á baixa entre 2000 e 2013

Os sindicatos agrarios calculan que pode haber case trinta mil granxas galegas con dereito a reclamar


Protesta agrícola convocada por Unión de Uniones, o pasado mércores en Madrid (EFE / JP Gandul)

As organizacións agrícolas convocan unha tractorada o luns na sede da Comisión Europea en Madrid

23/02/2024 11:01

Asaja, COAG e UPA son as plataformas convocadoras da marcha que partirá do ministerio de Agricultura

A mobilización coincidirá coa reunión do Consello de ministros de Agricultura da Unión Europea en Bruxelas

 


As protestas dos agricultores non cesan, á espera do consello europeo do luns

22/02/2024 14:41

Houbo mobilizacións nos portos de Valencia e Alxeciras e nas cidades de Logroño e Zaragoza


A Audiencia Nacional confirma o cártel de empresas lácteas

21/02/2024 19:03

Considera que oito empresas lácteas e dúas asociacións intercambiaban información sobre prezos e outras condicións comerciais 


O sector primario pide en Madrid unha solución á situación crítica que atravesa

21/02/2024 14:50

Unión de Uniones di que o paquete de medidas anunciadas polo Goberno non abondan


Unha factoría de Teixeiro subminista proteína vexetal aos fabicantes de penso galegos

21/02/2024 14:46

A empresa emprega o millo como materia prima

Etiquetas:  INDUSTRIA

Os ataques de predadores e a falta de remuda de criadores, ameazas aos cabalos do Xistral

21/02/2024 14:23

"Si que quero seguir, pero é inviable, porque non dás conseguido criar unha poldra", di Javier, veciño de Ourol e criador de bestas no monte


Do mar á neveira da casa, así é a venda directa na lonxa de Baiona

21/02/2024 12:33

Compradores particulares poden mercar o peixe e marisco que chega a este porto, cun límite de quilos por persoa

Etiquetas:  PESCA   LONXA   PEIXE


Protestas na cornixa Cantábrica e caravanas de tractores cara a Madrid

20/02/2024 14:22

Dende outras zonas de España, varias caravanas comezaron xa o seu percorrido cara a Madrid para participar na concentración diante do Ministerio de Agricultura este mércores


Escaseza de polbo galego nunha campaña "regular tirando a mala"

20/02/2024 14:13

Os temporais e o mar de fondo reduciron á metade as capturas este ano

O sector non descarta solicitar un paro biolóxico para fortalecer o recurso

 

 

Categorías:  Galicia   Bueu   Sociedade   Mar
Etiquetas:  POLBO

"Pedimos unha moratoria das trabas burocráticas da PAC que asfixian o agro"

20/02/2024 10:39

O conselleiro do Medio Rural, José González, esíxelle ao Goberno estatal unha defensa "contundente" do sector español no Consello europeo do día 26

Considera "insuficiente" o paquete de 18 medidas propostas a semana pasada polo ministro Luis Planas, ao entender que non se centra en "cuestións fundamentais"


Protesta agrícola en Lugo, este martes

Os tractores bloquean os accesos a Galicia e irrompen nas cidades

20/02/2024 08:47

Unha trintena de tractores retardan o tráfico na N-6 en Pedrafita e na N-525 na Gudiña

Uns 300 tractores complican o tráfico en Lalín, e medio cento en Lugo, Santiago, Ourense ou A Coruña

A Xunta: "Pedimos unha moratoria das trabas burocráticas da PAC que asfixian o agro"


A Xunta pide que España lidere en Bruxelas a petición dunha moratoria da normativa agrícola

19/02/2024 20:31

O ministro apela á responsabilidade das comunidades autónomas para aliviar os problemas do sector

Este martes están convocadas unha decena de tractoradas  en Galicia

Publicidade
Publicidade