Publicador de contidos

Publicador de contidos

Novas

Alerta sanitaria ao detectar amorodos con hepatite A procedentes de Marrocos

06/03/2024 14:28

Non se comercializaron, pero os agricultores están preocupados e piden máis controis


Estudantes de Xinzo gravan curtas contra as violencias machistas

06/03/2024 14:25

A actividade chámase Seguridade Violeta e diríxese a alumnado da ESO, empregando as ferramentas coas que están máis familiarizados: o móbil, as redes sociais ou a comunicación audiovisual

As curtas que saian deste traballo proxectaranse na Casa da Cultura de Xinzo o 22 de marzo


Alba Felpete: "Con 'Donas' queremos celebrar a vida desde a feminidade"

06/03/2024 14:15

'Donas' é unha obra circular, próxima ao transo, que envolve o espectador creando un clima emocional aberto a todo

No espectáculo, nove bailarinas coa composición musical e deseño de son de Iain Armstrong

Esta fin de semana teñen representación no Teatro Jofre de Ferrol

Etiquetas:  ZIGZAG

Jacobo Gaspar Granell no ensaio da obra 'De mar a mar'

'De mar a mar', un camiño sonoro entre as dúas bandas do Atlántico 

06/03/2024 14:13

Unha obra de encargo para esta temporada da orquestra dedicada ás migracións

A RFG repite o programa, que inclúe tamén obras de Stravinsky e Schuman, o venres en Santiago, guiada pola directora alemá Johanna Malangré.

Categorías:  Galicia   Música
Etiquetas:  ZIGZAG

A Garda Civil pide máis medios para afrontar as protestas do campo

06/03/2024 14:07

Denuncian que os medios que empregan está en mal estado

Os axentes piden ao Goberno central a revisión de todo o material 


Alemaña estuda recuperar a mili obrigatoria e abre debate: a favor ou en contra?

06/03/2024 14:07

En España o servizo militar suprimiuse hai 23 anos

Categorías:  Mundo   Política
Etiquetas:  ALEMAÑA   EXÉRCITO

Nervión Naval fabricará en Galicia velas ríxidas para grandes buques de toda Europa

06/03/2024 14:02

O primeiro cargueiro do mundo con este tipo de propulsión eólica avanzada fai dobre escala en Galicia e hoxe descarga cereal no porto exterior da Coruña

As súas velas son un prototipo dunha empresa británica e fabricaranse nas Somozas para toda Europa


Belesar, o maior encoro galego, está ao 92 % da súa capacidade e leva días vertendo auga

06/03/2024 13:47

Acumula nestes momentos 600 hectómetros cúbicos, tras aumentar nun 20 por cento o seu volume nas últimas semanas


Imaxe do xuízo celebrado en Vigo, na sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra

Un ano de prisión para o fisioterapeuta acusado de abuso sexual a unha paciente en Vigo

06/03/2024 13:44

A sentenza conta co voto particular dunha maxistrada que considera que non quedou claro o que realmente ocorreu nos feitos xulgados


O capitán de La Peregrina, Javier Babé, accede ao veleiro ancorado no porto da Gomera

Os participantes do 'Reto Astrolabio' prepárase na Gomera para iniciar o desafío

06/03/2024 13:32

O veleiro La Peregrina e os seus tripulantes tratarán de chegar á illa caribeña A Desexada valéndose só de instrumentos de navegación de hai trescentos anos

Categorías:  Galicia   Sociedade   Vida
Etiquetas:  VELEIRO   AVENTURA

Óscar Puente, este martes no II Congreso de Mobilidade Sostible (EFE/Sertigo Pérez)

Puente, sobre a trama Koldo: "No lume só poño a man por min"

06/03/2024 13:14

O ministro de Transportes explica o cesamento do secretario xeral de Portos do Estado, quen di que deu unha resposta que "non respondía á realidade dos feitos" a unha cuestión presentada pola Oficina Antifraude

"Neste momento non teño ningunha razón para cesar a ningunha outra persoa", asegura Puente


Unha familia de Chapela, Redondela, non pode aparcar no seu garaxe pola caída dun poste de telefonía

06/03/2024 13:11

O poste de telefonía caeu nunha curva e a zona está en obras dificultando a circulación


Bellingham, sancionado con dous partidos, non xogará ante o Celta

06/03/2024 12:57

Os dous partidos ao madridista son "por actitudes de menosprezo ou desconsideración cara aos árbitros"

Categorías:  España   Deportes   Fútbol
Etiquetas:  REAL MADRID

Haley abandona as primarias pero non expresa o seu apoio a Trump

06/03/2024 12:41

A exgobernadora de Carolina do Sur decidiu abandonar a carreira para o nomeamento republicano tras a vitoria do magnate neoirquino no supermartes

Dean Philips abandona a carreira á Casa Branca e apoia a Biden


A Xunta elevará á xustiza europea contra a suspensión cautelar de 13 parques eólicos

06/03/2024 12:38

O Goberno autonómico "xa gañou no Tribunal Supremo" noutras ocasións, di a conselleira de Economía, Industria e Innovación, María Jesús Lorenzana


Conta atrás para o Leyma-Estudiantes, que pode ser decisivo para o ascenso a ACB

06/03/2024 12:38

Diego Epifanio loa a resposta da afección: "Unha resposta moi boa, os afeccionados están moi contentos e consideran que é un partido especial"


Transportes adxudica un contrato de 14,7 millóns para a conservación da A-6 e a N-6

06/03/2024 12:38

O contrato de conservación abarca un total de 104,7 quilómetros de estradas

Ten unha duración de tres anos, con posibilidade de prórroga por outros dous, máis outra adicional por un máximo de nove meses

Etiquetas:  ESTRADAS

Foto @RCDeportivo

Para Lucas Pérez, o máis difícil de coller o liderado é "mantelo"

06/03/2024 12:02

Segundo o capitán do Dépor, o partido do domingo ante o Tarragona non ten tanta importancia


A Xunta preiteará para que lle aboen os gastos tras recuperar 5 toneladas de 'pellets'

06/03/2024 11:52

A Xunta calcula que gastou 3,27 millóns de euros na recollida das boliñas plásticas, e explica que é competencia do Goberno reclamar eses custos

Co operativo de limpeza desactivado, fan balance: recolleron máis de 5 toneladas de boliñas plásticas


Carlo Ancelotti durante un partido do Real Madrid (EFE)

A Fiscalía pide 4 anos e 9 meses de cárcere para Ancelotti por suposta fraude a Facenda

06/03/2024 10:24

O Ministerio Público acúsao de omitir os seus rendementos por dereitos de imaxe durante dous exercicios fiscais


Investigan dous coruñeses por vender potenciadores sexuais non autorizados

06/03/2024 09:55

O Rhino Africano, presentado como un retardador da exaculación precoz, importado de Colombia, contiña lidocaína, un anestésico local 


Localizan catro migrantes mortos nun caiuco con 68 persoas preto do Hierro

06/03/2024 09:54

A precaria embarcación levaba nove días de navegación desde que partira de Mauritania


Falece unha muller de 98 anos no incendio dunha vivenda en Bergondo

06/03/2024 09:44

As lapas iniciáronse na planta baixa da vivenda aínda que, de momento, descoñécense as causas exactas e a Garda Civil xa abriu unha investigación

Foi a bisavoa a que alertou do incendio o resto da súa familia, pero non se puido facer nada por salvarlle a vida, xa que estaba encamada

Dous adultos e un menor subiron ao tellado para poñerse a salvo

Etiquetas:  INCENDIO

Sánchez acepta cambios na lei da amnistía para dar máis garantías a Junts

06/03/2024 09:10

Sánchez afirmou que se está preto de lograr un acordo con Junts sobre a lei e que espera que o seu anuncio poida ser inminente

Non avanza os cambios concretos que haberá na lei e limítase a emprazar ao momento en que se faga pública para coñecer os detalles da norma


A V Semana Universitaria da Economía Social, por Maite Cancelo

06/03/2024 08:15

Segundo CIRIEC, en España hai 47.511 empresas dentro da chamada Economía Social (ES) de Mercado,


O supermartes deixa a Biden e a Trump ás portas de aseguraren candidatura ás presidenciais

06/03/2024 06:27

Cada un arrasou nas primarias do seu partido, que se celebraban en quince estados e nun territorio

Nas demócratas volveuse constatar o voto de castigo ao presidente estadounidense polo seu papel na guerra de Gaza

Nas republicanas, o exmandatario sumou a segunda derrota ante Nikki Haley, en Vermont


Mbappe amósalle á Real Sociedade a dureza da Liga de Campións

05/03/2024 22:13

O PSG logrou o pase gañando por 1-2 en San Sebastián

O Real Madrid, vindeiro rival do Celta, xoga co Leipzig co 0-1 apañado en Alemaña

Categorías:  Deportes   Fútbol
Etiquetas:  LIGA DE CAMPIÓNS

Cuartel da Garda Civil en Barbate

Un grupo de persoas con antecendentes concentránse no cuartel de Barbate e ameazan aos gardas civís

05/03/2024 22:04

Entre os integrantes estaban dous dos catro pasaxeiros dun coche que os axentes pararan unha hora antes por circular a gran velocidade

A maioría do grupo pertence a unha mesma familia que acumula delitos por tráfico de drogas, contra a seguridade viaria ou lesións

Etiquetas:  GARDA CIVIL


O narcobuque MV Karar, atracado no porto de Vigo, cos 3.824 kilos de cocaína que transportaba

Comeza en Vigo o macroxuízo por un alixo de case catro toneladas de droga apreixadas en pleno confinamento

05/03/2024 22:00

O presunto líder da organización é o vilanovés Juan Carlos Santórum

A Fiscalía solicita penas de 13 a 18 anos de prisión para os 28 acusados

O barco foi abordado o 25 de abril de 2020 cun cargamento de 3.824 quilos de cocaína


García-Castellón supervisará as pesquisas da Fiscalía Europea no caso Koldo

05/03/2024 21:47

Cando Joaquín Gadea volva do permiso que o mantén fóra da Audiencia Nacional ata mediados de marzo, será el quen supervise a investigación

A función do xuíz de garantías é meramente testemuñal, xa que non se ten acceso ao procedemento

Categorías:  España   Política
Etiquetas:  CASO KOLDO

Paso atrás nas aspiracións do Noia por permanecer na elite do fútbol sala

05/03/2024 21:42

Queda como pechacancelas da categoría despois de perder por 4-2 na pista do Alzira

Categorías:  Deportes   Polideportivo
Etiquetas:  NOIA FS

O último zapateiro de Vilanova dos Infantes xubílase sen remuda

05/03/2024 21:18

Nesta aldea de Celanova había a mediados do século pasado máis de 150 zapateiros 

Categorías:  Celanova   Sociedade
Etiquetas:  XUBILACIÓN   ARTESAN


O ministro Grande-Marlaska no Senado

O PP pídelle ao Goberno que restableza o OCON-Sur para combater o crime organizado no Campo de Xibraltar

05/03/2024 20:39

O ministro do Interior di que se reorganizou o organismo, pero que traballan os mesmos efectivos


Aprobadas axudas pola contaminación por granulados en Galicia

05/03/2024 20:33

Tamén saíron adiante axudas polo incendio forestal de Trabada

Categorías:  Galicia   Política
Etiquetas:  MEDIO AMBIENTE

Mouriz, sobre a marcha de Vadillo a Cádiz para recuperarse: "Foi unha decisión miña"

05/03/2024 20:33

"Cando non dás saído das lesións, o mellor é que te trate a túa persoa de confianza", comentou o Director Deportivo do cadro ferrolán

Categorías:  Deportes   Rácing

María Jesús Montero no Senado

O PP acusa a Pedro Sánchez de ser "o grande encubridor" do caso Koldo

05/03/2024 20:32

Di que María Jesús Montero é "cooperante necesaria" da presunta trama corrupta

Categorías:  España   Política
Etiquetas:  CASO KOLDO

Formoso critica o "silencio cómplice" de Rueda con Ayuso contra o AVE Lisboa-Vigo

05/03/2024 20:10

 Pide un posicionamento claro sobre unha infraestrutura clave para o noroeste peninsular

Publicidade
Publicidade