Publicador de contidos
Publicador de contidos

Novas

O Centro Dramático Galego reestrea 'Terceiro acto'

03/10/2024 14:03

As representacións retómanse 3 anos despois de que en 2021 tiveran que ser canceladas en plena pandemia


Chago realizaba este xoves no seu taller no Polígono do Tambre, en Santiago, a modelaxe dunha peza de forxa

Distinguen o ferreiro artesán Chago co premio Arquitectura para un Mundo Mellor

03/10/2024 13:59

Santiago Martínez Otero recibe este sábado o galardón co que o Colexio de Arquitectos de Galicia recoñece os seus valores persoais, de conciencia social e de cooperación na práctica do seu oficio


Foto @CBBreogan

Mrsic: "Hai que traballar a mentalidade, ter máis continuidade e ser agresivos"

03/10/2024 13:47

O Breogán recibe o Tenerife coa única baixa de Erik Quintela

Categorías:  Lugo   Deportes   Baloncesto
Etiquetas:  CB BREOGÁN

Edificio da rúa Santiago

Veciños dun edificio de Lugo piden medidas para controlar unha muller que "non os deixa vivir"

03/10/2024 13:38

Aseguran que padece algún tipo de trastorno mental e que golpea as portas de madrugada e berra seguido

Piden unha intervención polo ben dos veciños, pero tamén da propia muller 


Reuters

O Reino Unido devolverá a Mauricio o arquipélago de Chagos nun acordo histórico

03/10/2024 13:19

En virtude do pacto, o Reino Unido aceptará que Mauricio, na costa suroriental africana, sexa soberano sobre o arquipélago de Chagos, incluída a illa de Diego García, onde hai unha base militar británica e estadounidense

Con todo, durante un período inicial de 99 anos, o Reino Unido poderá exercer os dereitos soberanos sobre Diego García "necesarios para garantir o funcionamento continuo da base ata ben entrado o próximo século"

Categorías:  Mundo   Política
Etiquetas:  O REINO UNIDO

A ministra de Vivenda, Isabel Rodríguez, na Conferencia Sectorial de Vivenda cos responsables autonómicos (Gabriel Luengas / Europa Press)

Vivenda di que "premiará" as CC. AA. que apliquen a lei en lugar de sancionar as incumpridoras

03/10/2024 12:45

O Ministerio ofrece "colaboración e recursos" as comunidades autónomas en lugar de ameazar con quitar fondos ás "insubmisas"

O Goberno tenta rebaixar a tensión coas comunidades gobernadas polo PP que rexeitan a "ameaza" e a "chantaxe" por non interviren o alugueiro

 


Bruxelas leva España á xustiza por non adoptar o imposto mínimo do 15 % a multinacionais

03/10/2024 12:36

A implantación do tipo mínimo no imposto de sociedades tiña que estar en vigor xa en 2023

A Comisión Europea volve abrir expediente a España pola situación dos interinos


Os carburantes suman case tres meses de caídas de prezos ata valores de xaneiro de 2022

03/10/2024 12:21

O diésel pagouse de media a 1,362 euros por litro e a gasolina a 1,482 euros por litro

Segundo os prezos da última semana, encher un depósito medio de 55 litros con gasolina custou 81,51 euros e facelo con diésel, uns 74,91 euros


Roberto Cibeira anuncia que non seguirá como presidente do Leyma Coruña

03/10/2024 11:51

Avanzou que o club deberá acometer unha ampliación de capital que rozará os dous millóns de euros


Bildu acorda co Goberno acabar coas pelotas de goma e as devolucións en quente

03/10/2024 11:45

PSOE, Sumar e Bildu pactan substituír as pelotas de goma por outros medios "menos lesivos" e rebaixar as penas por desobediencia

A formación abertzale dá un prazo de seis meses ao Goberno para reformar a lei de estranxeiría

O PP critica que dite a lei de seguridade "herdeiros" de quen creou máis inseguridade

Categorías:  España   Política
Etiquetas:  PSOE   SUMAR

Gómez Noya: "Alcancei niveis que xamais pensei que ía lograr"

03/10/2024 11:29

Sinalou a conquista da medalla olímpica como un dos mellores momentos da súa carreira


O Goberno quere crear unha baixa laboral "flexible" compatible con certa actividade laboral

03/10/2024 11:27

A ministra de Inclusión, Seguridade Social e Migracións, Elma Saiz, explicou que hai supostos en que persoas de baixa poidan voluntariamente compatibilizala con certos traballos 

"Nin flexibilidade, nin parcialidade, coa saúde non se xoga", responde a ministra de Traballo, Yolanda Díaz, en desacordo coa proposta


Buscan os autores dun atraco a unha farmacia en Mos

03/10/2024 11:15

Os asaltantes entraron na botica coa cara tapada e ameazaron as empregadas cunha arma de fogo

Os ladróns fuxiron sen a recadación ao seren alertadas as forzas de seguridade

 


A Policía intervén ácido pícrico, potencialmente perigoso, en 23 centros educativos

03/10/2024 10:45

O ácido pícrico pode ser empregado como aumentador da carga explosiva do TNT, e antigamente empregábase nas clases de bioloxía como fixador de tecidos orgánicos

Co paso do tempo esta substancia pode volverse inestable e chegar a estoupar pola sensibilidade á calor, á fricción ou aos impactos


O presidente do Goberno, Pedro Sánchez, durante a inauguración da xornada 'Transformando as pemes co Plan de Recuperación’ (Alberto Ortega / Europa Press)

Sánchez anuncia 4.500 millóns en subvencións e 50.000 millóns en préstamos para pemes

03/10/2024 10:38

O presidente do Goberno asegura que unha de cada cinco pemes españolas xa é beneficiaria do Plan de Recuperación


Desartellan no Barbanza unha rede criminal que vendía 180 quilos de cocaína cada ano

03/10/2024 10:16

Das nove detencións, a Autoridade Xudicial decretou ingreso en prisión provisional para sete deles

A Garda Civil incautouse de 2,5 quilogramos de cocaína, dous quilogramos de marihuana e cinco quilogramos de ácido bórico


Filipe VI entrega o Premio Foro La Toja a Josep Borrell no Grove (EFE/Lavandeira jr)

Filipe VI reivindica o papel da UE nun contexto de "conflitividade e inestabilidade" na inauguración do Foro La Toja

03/10/2024 09:48

O Foro premiou este ano a Josep Borrell  polo seu traballo á fronte da diplomacia europea

Alfonso Rueda reivindicou o valor da palabra na política e puxo a Galicia como exemplo de estabilidade

Felipe González e Mariano Rajoy defenden o bipartidismo como o mellor para España


As autonomías do PP rexeitan a "ameaza" e a "chantaxe" por non interviren o alugueiro

03/10/2024 09:30

O comunicado foi asinado polos gobernos de Galicia, Andalucía, Cantabria, A Rioxa, Murcia, Comunidade Valenciana, Aragón, Estremadura, As Illas Baleares, Madrid, Castela e León e as cidades autónomas de Ceuta e Melilla

Categorías:  España   Política
Etiquetas:  PP   ALUGUEIRO

O novo primeiro ministro francés Michel Barnier, durante a cerimonia de traspaso de poderes celebrada en París o 5 de setembro (Sarah Meyssonnier / Reuters)

O Goberno francés subirá os impostos aos máis ricos

03/10/2024 09:30

A suba afectará as familias que gañan 500.000 euros anuais e as empresas que obteñan máis de 1.000 millóns de euros de beneficios

A medida será "temporal" e con ela pretenden recadar preto de 20.000 millóns de euros 

Categorías:  Mundo   Política
Etiquetas:  IMPOSTOS   FRANCIA

Arquivo / Jeampier Arguinzones / DPA

O Centro Carter presenta as actas "orixinais" que dan a vitoria a González Urrutia

03/10/2024 08:33

Segundo as actas, o opositor venezolano gañou os comicios cun 67% dos votos, mentres que Nicolás Maduro obtería o 31%

Edmundo González: "As actas representan a vontade soberana do pobo venezolano"

"A OEA, que vaia lavar ese chaleco, non nos importa o que diga esta señora do Centro Carter", di o ministro do Interior Diosdado Cabello




Reuters

O fiscal aporta probas completas da conduta "delitiva" de Trump ao perder o poder

03/10/2024 08:25

O documento tenta desmontar o argumento de que Trump gozaba de inmunidade presidencial e, pola contra, asegura que actuou nunha capacidade privada

Trump cre que a difusión do informe do fiscal reflicte a "politización" da Xustiza


Democratizar a enerxía, por Venancio Salcines

03/10/2024 08:11

Democratizar os PPA, e un pregúntase, que vén sendo, pois acordos bilaterais de compra de enerxía

Edificio bombardeado no centro de Beirut (Reuters)

Soben a nove os mortos nun bombardeo de Israel no centro de Beirut

03/10/2024 08:09

É o segundo ataque contra a capital libanesa e o primeiro que alcanza o centro da cidade

Israel ordena por terceira vez a evacuación de localidades libanesas

O hutís do Iemen reivindican un novo ataque contra Tel Aviv con "varios drons"

Categorías:  Mundo   Política

Lapada de Champions aos equipos da Liga

02/10/2024 22:33

O Lille derrotou ao Real Madrid (1-0)

O Atlético perdeu por 4-0 co Benfica do ferrolán Carreras

O Xirona perdeu como local contra o Feyernoord (2-3)

Categorías:  Deportes   Fútbol
Etiquetas:  LIGA DE CAMPIÓNS

Un pequeno respiro durante o xoves

02/10/2024 21:57

Categorías:  O Tempo

O Lugo perde no Anxo Carro e queda eliminado da Copa Federación

02/10/2024 21:50

Un gol de Leandro chegoulle ao Sestao para superar a eliminatoria

O partido entre o Lealtad e o Compostela foi suspendido polo colexiado ao non distinguir as liñas do campo


Israel admite oito baixas na invasión do Líbano, que deixa preto de 2.000 falecidos

02/10/2024 20:38

Oito soldados falecen nos combates con Hezbollah

Biden di que non apoiará un ataque ás centrais nucleares iranianas


A FIFA e a UEFA ameazan con sancións si a RFEF non elixe presidente en tres meses

02/10/2024 20:26

"É moi complicado traballar na organización do Mundial 2030 sen unha cabeza visible na Federación Española", aseguraron nos organismos internacionais

Categorías:  Deportes   Fútbol
Etiquetas:  RFEF

A primeira colleita exitosa de 'huitlacoche' galego

02/10/2024 20:16

Os investigadores da Escola Politécnica Superior de Enxeñería de Lugo afirman que se trata dun produto de excelente calidade

Investigan o cultivo deste ingrediente mexicano en variedades tradicionais de millo


Peche parcial do Metropolitano durante tres partidos polos incidentes no derbi

02/10/2024 20:16

O peche afectará a parte da bancada baixa do fondo sur, e o Comité tamén multa o Atlético con 45.000 euros

Categorías:  Deportes   Fútbol

O río Verdugo rebordou ao seu paso por Ponte Caldelas

Cuntis rexistra a maior acumulación de choiva deste mércores con 94 litros por m2

02/10/2024 20:01

Para o xoves agárdase unha xornada sen choiva

Etiquetas:  TEMPO


Os estímulos que incitan a recaer no alcohol poden chegar a desaparecer tras seis meses de abstinencia

02/10/2024 19:33

Un estudo da Complutense de Madrid afirma que a tendencia das persoas alcohólicas a beber por situacións concretas diminúe co paso do tempo

O psicólogo Antonio Tova matiza que é "unha enfermidade crónica e ese problema vai perdurar", aínda que co tempo hai máis autonomía para controlar o risco

Categorías:  España   Sociedade   Saúde
Etiquetas:  ALCOL   ADICIÓNS

Morre Josefa de Bastavales, pandeireteira e referente do folclore galego

02/10/2024 18:44

Actuou con músicos como Manu Chao, Fuxan os Ventos, Cristina Pato, Susana Seivane e o grupo de música folk The Chieftains


A presidenta mexicana pídelle a España que recapacite

02/10/2024 18:34

Sheinbaum di que as relacións son boas e non teñen por que cambiar, pero segue mantendo que España debería pedir desculpas por non responder á carta que lle enviaron ao rei

Categorías:  Mundo   Política
Etiquetas:  MÉXICO

Primeiro ministro británico, Keir Starmer, e a presidenta da CE, Ursula von der Leyen (Reuters /  Benjamin Cremel)

O Reino Unido e a Unión Europea acordan fortalecer a súa relación "con ritmo acelerado"

02/10/2024 18:26

Von der Leyen e Starmer acordaron volver reunirse este outono e apuntan a un cumio en xaneiro

Os dous líderes conviñeron "en que unha relación estable, positiva e con visión de futuro" proporciona a "base para unha cooperación a longo prazo"


Entrega das Medallas Emilia Pardo Bazán (EFE / Cabalar)

Rosa Celia Otero Graña, Acadar e os tres institutos de investigación sanitaria reciben as Medallas Pardo Bazán

02/10/2024 16:42

Os tres institutos, dirixidos por mulleres, reciben o premio por ser exemplos da incorporación das mulleres no mundo da ciencia

A asociación Acadar é premiada polo seu traballo polas mulleres con discapacidade

Rosa Celia Otero Graña é condecorada polo seu compromiso coa conquista de dereitos para as amas de casa


Condenan a oito anos de cárcere un home por agredir sexualmente unha sobriña menor

02/10/2024 16:31

O agresor aproveitábase das síncopes que paralizaban o corpo da vítima para sometela a tocamentos

Publicidade
Publicidade