Publicador de contidos

Publicador de contidos

Novas

Sumar celebra unha asemblea fundacional que ratificará a Yolanda Díaz como líder

23/03/2024 14:04

A candidatura de Díaz recibirá previsiblemente un apoio maioritario fronte a unha lista alternativa con mínimas opcións

Hai acordo sobre as porcentaxes de representación na coordinadora estatal


Facilidades para visitar as Illas Atlánticas durante a Semana Santa

23/03/2024 13:23

400 persoas rexistradas este sábado para visitar as Cíes


Autobuses de balde para acceder aos embarcadoiros da Ribeira Sacra

23/03/2024 13:14

Comunican Monforte e Castro Caldelas co peirao de Doade

Pretenden reducir o tráfico rodado nestas zonas na Semana Santa


O tempo e as reservas de última hora condicionan a ocupación na Semana Santa

23/03/2024 13:10

O Clúster do Turismo de Galicia conta chegar ao 80 % e ao 100 % en determinadas zonas nos días centrais da ponte


Silvia Tortosa chegando ao tanatorio La Paz para despedir a María Teresa Campos (José Ruiz / Europa Press)

Falece a actriz Silvia Tortosa aos 77 anos de idade

23/03/2024 13:00

Dende a Unión de Actores e Actrices destacan a súa longa traxectoria profesional

Etiquetas:  OBITUARIOS

Desartellado un grupo furtivo dedicado á pesca de meixón en Valdoviño

23/03/2024 12:13

Tiñan redes colocadas de xeito estratéxico e suxeitas con ferros e cordas atadas a árbores e pedras no leito

Usaban trueis para extraer o meixón e tamén dispuñan dunha gran nasa rectangular dun metro cúbico


Eva Veiga: "Este premio recoñece uns tempos pioneiros"

23/03/2024 11:30

Eva Veiga recibe esta noite o Premio de Honra Fernando Rey na gala dos Mestre Mateo

Dirixiu e presentou Galicia no tempo, a primeira serie documental sobre a historia da arte en Galicia 

Como actriz participou no filme A cicatriz branca e na actualidade coguionizou Prefiro condenarme
 

Categorías:  Galicia   Audiovisual
Etiquetas:  ZIGZAG

Imaxe de arquivo

Rescatada unha muller nun monte de Malpica tras horas desaparecida

23/03/2024 10:40

Aínda que estaba consciente, atopábase desorientada e precisaba asistencia sanitaria


A Garda Civil localiza unha menor de 13 anos casada á forza e embarazada

23/03/2024 10:21

Detiveron o home da rapaza e os proxenitores da parella por tráfico de seres humanos 

O marido "concertado" tamén se enfronta a un delito de agresión sexual


Retencións nas grandes cidades no segundo día da operación Semana Santa

23/03/2024 09:29

Tres persoas faleceron en accidentes de tráfico na rede viaria española dende as tres da tarde do venres


Estado en que quedou o interior da sala de concertos (Reuters)

Putin condena o atentado de Moscova e clama vinganza polas 133 vítimas mortais

23/03/2024 09:15

Detidas once persoas en relación co ataque á sala de concertos

O Estado Islámico reivindicou a agresión ocorrida en Krasnogorsk

Categorías:  Mundo   Sucesos
Etiquetas:  TERRORISMO   ATENTADO

Amigable inservible para España, que cae diante de Colombia (0-1)

22/03/2024 22:57

Os colombianos saíron con máis ambición no segundo tempo e gañaron cun gol de Daniel Muñoz

Pau Cubarsí converteuse no segundo xogador máis novo que debuta coa selección española

Categorías:  Deportes   Fútbol


Muxía, premiada como a vila máis acolledora de España polos usuarios de booking.com

22/03/2024 22:26

Os galardóns Traveller Review Awards outórganse a nivel mundial co obxectivo de recoñecer o labor e a calidade dos servizos turísticos

O Parador da Costa da Morte axudou nos últimos anos a darlle pulo ao turismo na zona e tamén foi distinguido con varios premios


As vixentes campioas acaban de primeiras coa aventura copeira do Baxi Ferrol

22/03/2024 22:25

O cadro ferrolán caeu con claridade diante de Zaragoza por 75-49

Categorías:  Deportes   Baloncesto
Etiquetas:  BAXI FERROL


A mostra 'Ourense no tempo' ofrece un percorrido pola historia da cidade

22/03/2024 21:39

A exposición pode visitarse na sede de Afundación ata o próximo 11 de maio


Fredi Álvarez estréase en Balaídos disposto a consolidar o posto de fase de ascenso

22/03/2024 21:22

O partido entre o Celta Fortuna e o Fuenlabrada verémolo na G2 o sábado ás 19:00 

O domingo será a quenda do Lugo, que recibe no Anxo Carro o Sestao (19:00)

Etiquetas:  1ª RFEF

Traslado da Virxe das Dores a cargo da confraría do seu mesmo nome polas rúas de Ferrol

Semana Santa de Ferrol versus Semana Santa de Sevilla: cal é a mellor?

22/03/2024 21:01

Unha listaxe da revista británica National Geographic colocou a galega en primeiro lugar por riba da andaluza


Dúas irmás do Páramo formaranse en Veterinaria e Industria Alimentaria para vivir do agro

22/03/2024 20:32

Fillas e netas de gandeiros, apostan polos estudos superiores para traballar nunha granxa


Imaxes do centro comercial mentres está activo o incendio (Reuters)

O Estado Islámico reivindica o tiroteo que deixa 40 mortos e máis de 100 feridos nunha sala de concertos de Moscova

22/03/2024 19:07

Foron tres individuos vestidos de camuflaxe quen iniciaron os disparos

Momentos despois tivo lugar unha explosión e declarouse un incendio


A princesa de Gales anuncia que ten cancro

22/03/2024 19:06

Está na fase inicial dun tratamento de quimioterapia

Categorías:  Mundo   Sociedade
Etiquetas:  INGLATERRA

Dimite o líder de Cs ante a falta de acordo para integrarse nas candidaturas do PP

22/03/2024 18:37

Os dous partidos lamentan o fracaso que atribúen as tensións internas en Ciudadanos

Categorías:  España   Política
Etiquetas:  PP   CIUDADANOS


A Xunta critica que Stellantis Vigo non sexa beneficiaria das axudas do Perte VEC

22/03/2024 18:19

A conselleira de Economía, Industria e Innovación en funcións considera que se está "discriminando a automoción galega"


O ministro de Xustiza, Félix Bolaños; o comisario europeo de Xustiza, Didier Reynders, e o vicesecretario Institucional do PP, Esteban González Pons, durante a última reunión no Parlamento Europeo (Unión Europea/Europa Press)

Bolaños e Pons reuniranse en Semana Santa citados por Reynders para desbloquear o CXPX

22/03/2024 17:33

Será a cuarta reunión do Executivo e o PP con mediación da Comisión Europea

Reynders está "convencido" de que é posible chegar a un acordo


Un camión accidéntase na autoestrada en Oroso e perde 5.000 litros de gasóleo

22/03/2024 17:33

O condutor tivo que ser liberado e foi trasladado en estado grave ao hospital en helicóptero

Categorías:  Oroso   Sucesos

Un incendio nunha casa da zona vella da Guarda fai saltar as alarmas

22/03/2024 17:25

A vivenda está abandonada, pero as lapas poderían estenderse dende ela a outras casas

Categorías:  A Guarda   Sucesos
Etiquetas:  INCENDIO

O Celta e Denis Suárez fan as paces coa chegada de Marián Mouriño

22/03/2024 17:09

Denis: "Isto faime moi feliz. É o club da miña vida. Non ten ningún sentido ter mala relación"


Zona onde se prevé construír o proxecto de Altri (EFE)

Altri asegura que a súa fábrica creará 500 postos de traballo directos e 2.000 indirectos

22/03/2024 16:57

O dato facilítase nun folleto que distribúe a empresa e que substitúe as charlas informativas aos veciños

O alcalde de Palas non dubida que Altri cumprirá coas máximas garantías medioambientais

Categorías:  Galicia   Empresa
Etiquetas:  MEDIO AMBIENTE

Interveñen en Poio e Ribadumia máis de 1.500 litros de aceite de oliva portugués

22/03/2024 16:33

Presentaba irregularidades na etiquetaxe, ao carecer de rexistro sanitario e de certificado de trazabilidade

Etiquetas:  ACEITE

Francois Lenoir/European Council/DPA

España, Irlanda, Malta e Eslovenia están dispostos a recoñecer o Estado palestino

22/03/2024 16:29

Os líderes chegaron ao acordo de pedir unha "pausa humanitaria inmediata" na guerra en Gaza

Pedro Sánchez adiantou a súa intención de expoñer na presente lexislatura ao Congreso español


A Xunta premia o esforzo dos mellores universitarios

22/03/2024 16:21

O presidente entrega o Premio Ángela Ruiz Robles aos alumnos co mellor expediente universitario do curso 2021-2022

Categorías:  Galicia   Educación
Etiquetas:  PREMIO

A Xunta presenta alegacións á lexislación sobre costas

22/03/2024 16:10

A conselleira de Medio Ambiente recrimina que o Goberno central quere eliminar do litoral as instalacións asentadas en dominio público marítimo-terrestre

Categorías:  Galicia   Política
Etiquetas:  LEI DE COSTAS


Aumenta o consumo de xarope para a tose nos 'botellóns'

22/03/2024 16:01

Os mozos úsanos para potenciar os efectos do alcol

Dende Érguete alertan contra estas novas forma de drogadicción

Categorías:  Galicia   Sucesos
Etiquetas:  DROGAS   ALCOHOLICOS

Eduardo Parra / Europa Press

O Defensor do Pobo denuncia o colapso das administracións públicas para trámites vitais

22/03/2024 16:01

A maioría das queixas están centradas en problemas e atrasos na administración de xustiza, a Seguridade Social, interior, asilo, educación e sanidade


Incendian a máquina comecartos dun bar ao non conseguir roubala

22/03/2024 15:51

Un dos ladróns aproveitou para roubar un coche a escasos metros do local

Categorías:  Galicia   Vigo   Sucesos
Etiquetas:  ROUBOS

(Europa Press/D Zorrakino)

Alves non logra reunir o millón para a fianza e pasará a fin de semana en prisión

22/03/2024 15:12

O tribunal déralle unha hora máis de prazo para que depositase os cartos, pero o exfutbolista non logrou reunilos


Ana Moreiras: "A acuarela é rebelde, gústame que non estea dominada polo autor"

22/03/2024 14:57

Xaora, o segundo cómic de Ana Moreiras tras Madialeva está publicado na editorial Aira

É a historia debuxada dunha crise persoal e social entre a esperanza e a frustración

Exposición Xaora (o pretexto), aberta ata o 2 de abril na galería La Doce de Boiro

Categorías:  Galicia   Letras
Etiquetas:  ZIGZAG
Publicidade
Publicidade