Novas
Novas
Desmantelan un grupo criminal en Ourense e comisan 14 quilos de haxix
16/04/2024 11:24
Na operación Al Andalus a policía detivo cinco persoas e realizou tres rexistros nos barrios do Couto, A Ponte e Berrocás
Un dos arrestados foi conducido a prisión
Santalices apela á "vía galega" fronte á "convulsión" que se rexistra en "institucións homólogas"
16/04/2024 10:53
O Parlamento de Galicia celebra o pleno de apertura da lexislatura
O acto solemne supón o arranque formal do traballo ordinario da cámara galega
O Goberno destina 160 millóns ás autonomías para loitar contra a violencia machista
16/04/2024 10:44
A cantidade asignada ao Pacto de Estado contra a violencia de xénero será 20 millóns de euros máis que en 2023
Sánchez urxe a actualizar o Pacto contra a Violencia de Xénero e a corrixir disfuncións
Extráenlle a unha nena de catro anos unha agulla de dentista que tiña cravada no cerebro
16/04/2024 10:30
Fora ao dentista e no momento de poñerlle a anestesia, a agulla da xiringa rompeu, quedou cravada na enxiva e acabou penetrando ata o sistema nervioso da pequena
Os cirurxiáns do hospital Sant Joan de Deu, de Esplugues de Llobregat, tiveron que facer unha incisión no cranio da nena para recuperala, unha intervención moi complicada e sen precedentes
O Goberno di que actuará con rigor para devolver a normalidade á Federación de Fútbol
16/04/2024 10:14
O Consello Superior de Deportes requirirá máis información á Federación para determinar se existen indicios da comisión doutras posibles infraccións por parte de Pedro Rocha e dos membros da comisión xestora
A antiga Bolsa de Copenhague, arrasada polas lapas
16/04/2024 10:13
O incendio, de orixe descoñecida, segue fóra de control
As lapas provocaron a derruba de parte do teito e fixeron caer a agulla do emblemático edificio
16/04/2024 09:57
"A cuestión principal é diagnosticar como se superan os conflitos políticos, e avanzamos moito", asegurou Pello Otxandiano nunha entrevista
Fortes refachos de vento na Costa da Morte e nas Rías Baixas
16/04/2024 08:30
Un incendio intencionado queima xa 170 hectáreas en Crecente
16/04/2024 08:15
Medio Rural avanza que o lume quedou estabilizado a primeira hora da tarde
A defensa de Talgo: unha aposta pola soberanía tecnolóxica e empresarial, por María Cadaval
16/04/2024 08:05
Budimir falla un penalti no último minuto do xeito máis estraño
16/04/2024 07:32
O xogador do Osasuna fixo un lanzamento no minuto 97 que case non chega nin á portería
Con posterioridade, foi ao hospital, onde lle diagnosticaron tres fracturas costais
15/04/2024 22:38
O Valencia mantense en postos europeos grazas ao gol de Almeida
15/04/2024 22:19
Chiki decide para os locais un partido moi importante na pelexa pola permanencia
Colle folgos o nordés e refresca as temperaturas
15/04/2024 22:00
Os letrados do Congreso rexeitan a petición do Senado de retirar a lei de amnistía
15/04/2024 21:40
A Mesa do Congreso votará este martes este informe elaborado polos letrados
O Celta recibirá un As Palmas á baixa logo de catro derrotas seguidas
15/04/2024 21:36
O equipo insular pasa polo peor momento da temporada. Só foi quen de sumar dous dos últimos 21 puntos.
A Liga de Campións coñecerá hoxe os dous primeiros semifinalistas
15/04/2024 21:25
O Barcelona recibe o PSG coa vantaxe conseguida en París (2-3)
O Atlético tamén viaxa a Dortmund cun gol de marxe (2-1)
Crece o apoio ás oenegués, con 25.000 galegos que colaboran
15/04/2024 21:21
Máis de dous millóns e medios de españois apoian estas organizacións como socios, voluntarios e doantes. En Galicia estamos falando dunhas 25.000 persoas.
As oenegués están presentes en cen países de todos o mundo e chegan cos seus proxectos a 47 millóns de persoas
O Rácing segue soñando nunha Segunda División que continúa tola na zona alta
15/04/2024 21:18
Ten o playoff a un punto e o ascenso directo, a catro
Os once primeiros clasificados manteñen opcións de pelexar por subir a Primeira
O Deportivo pon a directa: seis puntos de vantaxe a seis xornadas do final
15/04/2024 21:11
O Celta Fortuna ascende á terceira posición despois de golear o Lugo
O Arenteiro ten a vindeira xornada unha bala para soñar co play off, pois recibe a Ponferradina
Un dos detidos polo triplo crime de Guadalaxara foi o autor material
15/04/2024 21:05
Os tres presuntos autores dos feitos pasarán este martes, previsiblemente, á disposición xudicial
Bicicletas artesanais de luxo feitas en Galicia conquistan mercados en Europa e América
15/04/2024 20:57
Contan xa cun novo proxecto que verá a luz nas próximas semanas: a fabricación artesanal de bicicletas en fibra de carbono sostible
O acusado pola explosión da pirotecnia ilegal de Tui acepta catro anos de cárcere
15/04/2024 20:35
Queda por despexar, na vía civil, quen se fará cargo de sufragar os danos
O investigado será inhabilitado para calquera oficio relacionado cunha actividade pirotécnica durante 18 anos
Conta tamén cunha orde de afastamento da zona cero durante seis anos
Portugal desmárcase do plan de Pedro Sánchez para recoñecer o Estado de Palestina de maneira urxente
15/04/2024 20:35
O primeiro ministro luso di que a decisión debe tomarse por consenso dentro da Unión Europea e de Nacións Unidas
Luís Montenegro confirma que manterá todos os proxectos ferroviarios pendentes na súa primeira visita oficial a España
Comeza a campaña do ensilado da herba con dúas semanas de atraso polas chuvias de marzo
15/04/2024 19:47
Na Terra Chá aínda non puideron empezar porque hai moita auga acumulada
A Ribeira Sacra sofre o descenso do consumo de viños tintos en todo o mundo
15/04/2024 19:00
A Ribeira Sacra é a zona galega máis afectada porque o tinto é o 80 % da produción
Os sommeliers lembran que os cambios no consumo de viño son cíclicos
Israel estuda a súa resposta ao ataque de Irán
15/04/2024 18:54
Netanyahu reune o seu gabinete de guerra
A comunidade internacional intenta evitar unha escalada das hostilidades
Rachas de vento forte no litoral
15/04/2024 18:00
O TAD abre expediente a Pedro Rocha e ao resto da Comisión Xestora da RFEF
15/04/2024 17:10
O expediente é por unha posible infracción moi grave
A apertura do expediente por infracción moi grave permite ao CSD suspender preventivamente a Rocha
Nai e filla morren no Valadouro ao producirse un incendio na súa vivenda
15/04/2024 17:08
As vítimas teñen 50 e 77 anos
Trump asiste á selección do xurado do seu xuízo penal en Nova York
15/04/2024 16:59
Trump sentará no banco por uns pagos irregulares de 130.000 dólares á actriz porno Stormy Daniels para comprar o seu silencio durante a campaña electoral de 2016
Desartellan un grupo criminal con base no Rosal e Valencia que roubaba en Portugal
15/04/2024 16:10
O valor dos bens subtraídos puido alcanzar os dous millóns de euros
Na primeira fase da operación houbo dous detidos en Vilanova de Cerveira
O 10 de abril detiveron dúas mulleres en Valencia que están investigadas como cooperadoras
O nordés refresca as temperaturas
15/04/2024 16:09
O Ministerio de Transportes destinará 15 millóns á conservación de tres estradas en Lugo
15/04/2024 16:00
As melloras faranse nas estradas nacional VI e na autovía A-6
As adegas Terras Gauda e Gargalo alíanse para impulsar a súa expansión
15/04/2024 15:55
Suman forzas co obxectivo común da internacionalización dos viños
Josefa segue vivindo con medo un ano despois de que un camión lle entrara na casa
15/04/2024 15:02
A sua vivenda está xusto na curva de Cumbraos, en Mesía, un punto negro da N-634
Non se explica como, despois do accidente, aumentaron o límite de velocidade no treito previo á curva
A asociación Xuntos Saborea Galicia organiza un evento gastronómico en Vilagarcía
15/04/2024 14:55
Catro empresas de distintos ámbitos da alimentación e a bebida unen forzas
O Goberno cre que a escalada en Oriente Próximo só pode frearse co recoñecemento do Estado palestino
15/04/2024 14:51
Pedro Sánchez retoma esta semana a xira europea para impulsar un recoñecemento coordinado entre varios países
O PP considera que o presidente usa a política exterior para facer "propaganda propia"
Os xardíns do pazo de Oca amósanse estes días en plena floración
15/04/2024 14:50
O pazo de Oca estrea xa o horario de visitas do verán
Puente alenta unha contraoferta española sobre Talgo para evitar a OPA húngara
15/04/2024 14:50
"É unha empresa que temos que protexer, e imos tratar de xogar o noso papel", di o ministro de Transportes e Mobilidade Sostible