Novas
Novas
O Supremo recoñécelles a fixos descontinuos computar como antigüidade o tempo de inactividade
27/03/2024 09:54
A sentenza do Alto Tribunal recoñece o dereito tanto a efectos económicos como de promoción profesional
A decisión do Supremo ratifica unha sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Madrid referida a un traballador da Administración de Facenda
O IPC sobe ao 3,2 % en marzo polo encarecemento da luz e os carburantes
27/03/2024 08:55
Co avance do IPC interanual no terceiro mes do ano, a inflación volve rexistrar ascensos despois do retroceso de seis décimas que experimentou en febreiro e que levou a inflación ao 2,8 %
Baixa dúas décimas a inflación subxacente, que non inclúe enerxía nin alimentos frescos e queda nun 3,3 %
27/03/2024 08:53
O home carecía da protección adecuada e do permiso legal para traballar en España
A vítima precipitárase ao baleiro desde unha carretilla elevadora
Os detidos, responsables de dúas empresas, quedaron en liberdade despois de declararen
O Parlamento de Tailandia aproba a lei de matrimonio igualitario
27/03/2024 08:43
O cambio lexislativo podería entrar en vigor a finais deste ano
Tailandia é o terceiro país asiático en recoñecer o matrimonio igualitario, tras Taiwán e O Nepal, e o primeiro no sueste asiático
Larsen retruca e asegura que as súas respostas "non foron ben entendidas"
27/03/2024 07:58
O dianteiro do Celta sacou un comunicado en Instagram no que fala de "malentendido"
Asegura que nunca faltará "ao respecto ao Celta e aos seus afeccionados"
27/03/2024 07:50
Ningún dos aspirantes para converterse a presidente da cámara logrou os 116 apoios necesarios para ser elixido por maioría absoluta
As eleccións lexislativas do 10 de marzo en Portugal deixaron un resultado moi axustado, coa vitoria de AD, con 80 deputados, fronte aos 78 do Partido Socialista e os 50 da formación de ultradereita Chega
A nova xeración pide paso no España-Brasil (3-3)
26/03/2024 22:33
Lamine Yamal (16 anos) foi o máis destacado en ataque da selección española
Endrick (17 anos) saíu no segundo tempo e marcou o gol do empate
Novas estreas e maior participación nas procesións da Semana Santa de Betanzos
26/03/2024 22:13
Trátase de pezas recuperadas e restauradas baixo a dirección do modisto Jorge Vázquez, que preside desde 2022 a confraría da Semana Santa
A borrasca Nelson deixará un día de temporal en toda Galicia
26/03/2024 22:00
Confirman a pena de 14 anos e medio de prisión por matar e queimar un veciño de Toques
26/03/2024 21:14
A defensa do home recorrera a sentenza alegando vulneración da presunción de inocencia
Rouban 50 tapas de sumidoiro en Mos cun valor que roza os tres mil euros
26/03/2024 21:05
Os ladróns actuaron durante tres noites en catro zonas distintas
Ademais das tapas de pluviais e saneamento, subtraeron reixas das quenllas dunha empresa
Orange e MásMóvil pechan a súa fusión e comezan a operar como unha soa compañía en España
26/03/2024 21:01
As dúas xuntan arredor de 37 millóns de clientes
O PP confirma a Alberto Fernández como candidato para as eleccións catalás do 12M
26/03/2024 20:22
Dolors Monserrat será a xefa de campaña
Galicia, en aviso amarelo por vento e laranxa en todo o litoral
26/03/2024 20:20
Zonas de montaña e do interior rexistran temperaturas por debaixo dos -5 graos
Dimiten dous membros do Goberno británico antes das vindeiras eleccións xerais
26/03/2024 20:09
Estas dúas renuncias súmanse a outra sesentena de deputados da formación gobernante que non concorrerán nos próximos comicios
Esta desbandada prodúcese nun momento en que o Partido Conservador cae nas enquisas
Segundo unha media das sondaxes dos últimos dez días, os laboristas gañarían cun 43,9 % do voto
Aviso laranxa: as ondas poden superar os 5 metros de altura
26/03/2024 20:00
Os balnearios galegos chegarán ao 100 % de ocupación nos días festivos
26/03/2024 19:52
O mal tempo favorece a asistencia a estes establecementos
Os usuarios buscan descanso e saúde
Tapia e Swedberg inician adestramento progresivo co grupo
26/03/2024 19:36
Claudio Giráldez non puido contar co lateral esquerdo serbio Mihailo Ristic nin co estadounidense Luca da Torre
A intelixencia rusa acusa a Ucraína de implicación directa no atentado do Crocus City Hall
26/03/2024 18:27
O xefe da espionaxe estende as acusacións aos servizos secretos de occidente
Zelenski chama "besta cínica e enferma" a Putin tras as acusacións
Terceira eliminatoria da Copa: Valinox Novás-Granollers e Frigoríficos-Ademar León
26/03/2024 17:58
Nesta eliminatoria aínda non entran en xogo o último campión e o subcampión
A Xunta presenta 16 alegacións ao decreto que regula as instalacións da eólica mariña
26/03/2024 17:34
A orde pola que se vai regular a convocatoria de concorrencia competitiva ten que incluír medidas compensatorias para os sectores afectados
A valoración dos criterios non económicos dos proxectos ten que supoñer un 50 % da ponderación total
Larsen: "O meu obxectivo é chegar a un club que non sexa sempre inferior"
26/03/2024 17:10
Nunhas declaracións recollidas por NRK, o dianteiro abre a porta á súa saída do Celta este verán
Despois de toda a repercusión publicou na súa conta de Instagram un comunicado no que fala de que "as preguntas e respostas que se fixeron non foran ben entendidas"
Propostas orixinais para gozar da Semana Santa en Galicia
26/03/2024 17:01
Actividades de aventuras ao aire libre, pero tamén outros plans a cuberto para lidar coa chuvia
Dan por controlado o incendio que arrasou unha nave en Lugo e deixou dous feridos
26/03/2024 16:48
A Xunta desactivou o Plan Territorial de Emerxencias de Galicia (Platerga), que se activou no nivel 1 para poder mobilizar medios máis alá da área de referencia do concello de Lugo
Xornada de inverno en Galicia neste martes de marzo
26/03/2024 16:21
Asociacións de familias numerosas piden apoio da Xunta para non desaparecer da nova lei
26/03/2024 16:18
A Xunta cre que a lei "bota por terra" anos de traballo e consenso
Dan por mortas as seis persoas desaparecidas no colapso da ponte de Baltimore
26/03/2024 16:18
Suspéndese a busca das 6 persoas desaparecidas tras o colapso da ponte, todos traballadores de mantemento da infraestrutura
Unha inspección o pasado xuño no porto chileno de San Antonio atopou problemas na propulsión e a maquinaria auxiliar do cargueiro
A veda do Polbo en Galicia estenderase durante os meses de maio e xuño
26/03/2024 16:09
Estará prohibida a captura desta especie por calquera arte en augas tanto interiores como exteriores
Pola anuncia a súa retirada:"Non é doado dar o paso, pero a decisisón está meditada"
26/03/2024 16:00
No seu palmarés en clubs atópanse 2 UEFA Futsal Cup, 6 Ligas, 5 Copa de España, 2 Copa do Rey, 6 Supercopas de España e 2 Copa Galicia
Destituída a presidenta de RTVE, Elena Sánchez
26/03/2024 15:56
O Consello de Administración de RTVE retiroulle este martes a confianza
Sácanlle o can a un veciño de Poio despois de que o animal atacara unha muller e matara un gato
26/03/2024 15:48
O animal, de raza perigosa, está agora na canceira, pero non descartan que con reeducación poida ser adoptado
Justin Robinson chega o Breogán a "facer o que faga falta"
26/03/2024 15:22
O xogador estadounidense xa debutou no derbi do pasado sábado ante o Obradoiro
Robinson: "Podo anotar, pasar, defender, achegar enerxía ou mesmo ser o mellor no banco"
15 comunidades con avisos por chuvia, vento, neve ou ondada
26/03/2024 14:45
A cota de neve está arredor dos 1.000 metros
Nas zonas de costa, ambiente gris, chuvia e moito vento, que mantén activos avisos mesmo nas Canarias
Campamentos de conciliación, unha opción para a Semana Santa
26/03/2024 14:31
Hainos en moitos concellos e é unha solución aos problemas de conciliación
Os nenos xogan, entretense e aprenden con actividades educativas
Lembramos o accidente das Pías en 1998, cando un buque derrubou a ponte da ría de Ferrol
26/03/2024 14:27
O buque soltárase do dique de Astano por mor dun temporal, e foi á valga ata colidir coa ponte
O Discoverer Enterprise considerábase daquela o maior buque de prospección petrolífera do mundo
Aviso laranxa no litoral de Pontevedra e A Coruña
26/03/2024 14:26
As ondas poderían superar este martes os 8 metros litoral de Pontevedra
Os toxicómanos dun narcopiso da Coruña ameazan de morte os veciños
26/03/2024 14:08
Veciños de varias parroquias de Ramirás denuncian o mal estado das estradas
26/03/2024 14:07
Quéixanse de que os accesos a varias aldeas están sementados de fochancas de gran tamaño
Entregaron escritos no concello solicitando que se arranxen canto antes
Volveu a neve ás catro provincias de Galicia coa chegada da primavera
26/03/2024 14:07
O interior das provincias da Coruña ou de Pontevedra espertaron con temperaturas baixo cero e con nevaradas
A neve viuse tamén en Santiago, aínda que non chegou a callar porque viña con moita auga