Publicador de contidos

Publicador de contidos

Novas

Rápido 0-0 Somozas

03/03/2024 12:23

Empate que non lle vale a ningún dos dous equipos para achegarse aos postos de play off


Segue activo o plan Inungal por risco de inundacións tras a choiva destes días

03/03/2024 11:45

Os encoros galegos están case ao 84 % da súa capacidade

Hai unha ducia de ríos e sete rías en seguimento


O arqueiro Miguel Alvariño renuncia a participar nos Xogos Olímpicos

03/03/2024 11:43

O tirador pontés, que chegou a ser o número 1 do mundo, non se atopaba en condicións anímicas para afrontar a clasificación

Categorías:  Deportes
Etiquetas:  MIGUEL ALVARIÑO

Silvia García, comisaria da mostra

Silvia García: "O compromiso era tal, que Antía Cal estivo formándose como mestra ata a xubilación"

03/03/2024 11:30

Os métodos pedagóxicos de Antía Cal eran innovadores e tiñan en conta o talento e as capacidades dos nenos

Antía Cal, unha mestra innovadora, pode verse no edificio das Redeiras da Universidade de Vigo

Categorías:  Galicia   Vigo   Humanidades
Etiquetas:  ZIGZAG

Un desprendemento na estrada OU-540 obriga a cortar dous carrís

03/03/2024 11:23

Varias pedras, de grandes dimensións, caeron sobre a calzada no termo municipal de Lobios


Silva 1-0 Sarriana

03/03/2024 11:20

A Sarriana perdoa na Grela e o Silva aprovéitao para gañar cun gol no 86 de Diego Lamas e segue nos postos altos


Ánxeles Vázquez: "Non entendemos a decisión do Constitucional sobre a Lei de Costas"

03/03/2024 11:14

A vicepresidenta segunda en funcións alerta da posible perda de investimentos pola suspensión parcial da norma

Tira do índice de referencia de prezos do alugueiro para reiterar as súas críticas á lei de vivenda do Goberno central 

Insta o Concello de Vigo a traballar conxuntamente para aprobar o PXOM


Arzúa 0-3 U. D. Ourense

03/03/2024 10:52

A U. D. Ourense rompe unha serie de cinco partidos sen gañar no campo do pechacancelas

Marcaron Guisande, Yelco Alfaya e Varo, os dous últimos de penalti

Etiquetas:  ARZÚA

Domingo de neve na montaña de Lugo e Ourense, coa cota nos 800 metros

03/03/2024 09:54

Lugares como Pedrafita do Cebreiro ou Manzaneda estiveron especialmente concorridos


O hospital onde atenderon a parella tras o ataque

A policía india identifica os sete implicados na violación dunha turista española

03/03/2024 09:05

A muller foi vítima dunha agresión sexual en grupo e o seu marido, atacado e ameazado cun coitelo

Polo momento detiveron catro persoas en relación co caso e o resto está en busca e captura 


Miguel Ángel Gallardo celebra a vitoria. EFE/Jero Morales

Gallardo substituirá a Fernández Vara á fronte do PSOE de Estremadura

03/03/2024 08:15

Será proclamado definitivamente secretario xeral no Congreso Rexional Extraordinario previsto para o 22 e 23 de marzo


Carga dos alimentos nos avións militares

Os EUA intensifican o envío de axuda en Gaza á espera dun cesamento do fogo

03/03/2024 08:14

Avións militares lanzan 38.000 paquetes de comida sobre a Franxa


Donald Trump gaña en Misuri, Míchigan e Idaho e achégase máis á candidatura

03/03/2024 08:08

O expresidente acumula 244 delegados e a súa rival, Nikki Haley, suma 24


Foto: @Laliga

Burgos 3-0 Cartaxena

02/03/2024 23:38

Nin a neve nin o Cartaxena frean o Burgos

Categorías:  Deportes

Foto: EFE

Valencia 2-2 Real Madrid

02/03/2024 23:33

Vinicius, con dous goles, volve protagonizar un polémico partido en Mestalla

Categorías:  Deportes


Os encoros da conca do Miño-Sil están ao 86 por cento da súa ocupación

02/03/2024 21:30

Dezasete dos 31 encoros da conca Miño Sil están a máis do noventa por cento da súa capacidade


A vila de Arzúa honra durante a fin de semana o seu queixo

02/03/2024 21:01

É unha cita gastronómica de referencia con concurso de tapas e petiscos e moita música


Axencia EFE

O Breogán segue en descenso tras sufrir en Badalona a cuarta derrota seguida (78-70)

02/03/2024 20:58

Os de Mrsic seguen unha semana máis en postos de descenso

McLemore anotou 19 puntos

Categorías:  Deportes   Baloncesto
Etiquetas:  CB BREOGÁN

Xetafe 3-3 As Palmas

02/03/2024 20:55

Repartimento de puntos nun partido onde entre ambos equipos sumaron 30 tiros

Categorías:  Deportes

Vitoria do Celta Fortuna para volver á loita polo liderado (0-2)

02/03/2024 20:51

Erik, en propia porta, e Pablo Durán fixeron os goles


Oviedo 3-2 Levante

02/03/2024 20:46

Dani Calvo fai valer a 'lei do ex' e deixa os tres puntos no Tartiere

Categorías:  Deportes

Derrúbase a fachada dun edificio no centro histórico de Betanzos

02/03/2024 20:35

A última chuvia persistente adiantou un final esperado, que chegou nun momento de rúas baleiras

O propietario ignorou a orde de execución emitida en 2022

 


Unha ducia de ríos e sete rías, en vixilancia por risco de inundacións

02/03/2024 20:07

A maioría dos leitos en seguimento están nas provincias de Lugo e da Coruña

Pídese precaución para evitar riscos


Baiona reivindica o seu lugar na historia coa chuvia como protagonista da xornada

02/03/2024 19:47

Declarada de interese turístico internacional, trasládase ata o século XV


Localizados 1.200 quilos de haxix nun camión que transportaba froita a Italia

02/03/2024 19:42

O vehículo foi localizado cando o condutor fixo unha manobra para evadir un control da Garda Civil en Zaragoza

 A droga estaba oculta no habitáculo destinado ao sistema de refrixeración

O haxix estaba distribuído en 224 paquetes


Español 0-0 Huesca

02/03/2024 19:00

Os locais foron mellores, pero foron incapaces de ver porta

Categorías:  Deportes

Rácing de Ferrol 2-2 Rácing de Santander

02/03/2024 18:57

Os once metros arrebátanlle dous puntos ao equipo de Cristóbal

Categorías:  Deportes

Raio Vallecano 1-1 Cádiz

02/03/2024 18:53

Os gaditanos rescatan un punto no 112', nun partido que estivo parado debido ao tempo

Categorías:  Deportes

Primeiro lanzamento aéreo de axuda humanitaria en Gaza dos Estados Unidos

02/03/2024 18:24

Os paquetes de comida non incluían nin auga nin subministracións médicas

Joe Biden abriu a posibilidade de abrir un corredor marítimo para facilitar a entrada de axuda humanitaria


O CRAT cae con claridade na súa visita ao Salvador (20-5)

02/03/2024 18:05

As galegas non conseguen certificar o pase directo ás semifinais

Categorías:  Deportes   Polideportivo
Etiquetas:  RUGBY

O Ourense C. F. mantén o liderado e mete o Rácing Vilalbés nun serio problema (2-0)

02/03/2024 18:04

A pegada do líder deixa os visitantes afundidos na táboa

Di Renzo marcou de novo e a piques estivo de anotar dous goles

Categorías:  Deportes

Indignación na India pola violación en grupo dunha turista española

02/03/2024 17:55

A parella atópase nun hospital recibindo atención médica e probas forenses

O home foi atacado e ameazado mentres violaban a súa muller

Comisión Nacional da Muller (NCW): "O incidente non só avergoñou a Jharkhand, senón a todo o país"


Eldense 2-0 Vilarreal B

02/03/2024 17:17

Os locais deixan atrás o descenso e soñan co playoff

Categorías:  Deportes

Sevilla 3-2 Real Sociedade

02/03/2024 17:13

O conxunto andaluz afástase do descenso e profunda na crise dos vascos

Categorías:  Deportes

Un cambio de paradigma para o autismo

02/03/2024 17:09

As asociacións reclámanlle á sociedade coñecemento, respecto e comprensión coas persoas con autismo

A metade das persoas diagnosticadas con autismo non teñen unha discapacidade cognitiva asociada


Falece unha persoa e cinco quedan feridas nunha colisión entre vehículos en Curtis

02/03/2024 16:40

Os bombeiros tiveron que liberar dous feridos e axudar a sacar do coche o finado

Un dos máis graves, trasladado ao hospital en helicóptero



Cortes nos trens Ferrol-Asturias por desprendementos de terra na vía férrea

02/03/2024 16:16

O suceso tivo lugar no tramo comprendido entre Ortigueira e Viveiro

Etiquetas:  TREN   TEMPORAL   ADIF

Cruel final para o Rácing, que impide a vitoria (2-2)

02/03/2024 16:13

Álvaro Giménez anotou un dobrete para remontar

Iker Losada fixo un penalti no 93' que transformou Peke

Publicidade
Publicidade