Publicador de contidos

Publicador de contidos

Novas

Gardas civís no lugar do accidente (EFE/Cati Cladera)

24 feridos, 7 graves, ao envorcar un autobús en Mallorca no que ían varios turistas de Lugo

11/03/2024 13:10

No vehículo viaxaban medio cento de turistas do Imserso

900 712 112 é o teléfono habilitado para informar as familias dos afectados


A aplicación móbil do Catastro permite consultar o valor das terras

11/03/2024 12:27

Catastro app personaliza a información sobre os inmobles urbanos e rústicos de titularidade

Para acceder á aplicación móbil é necesario identificarse con Cl@ve PIN, Cl@ve permanente ou certificado electrónico, ou ben con DNI e referencia catastral


Imaxe de arquivo da zona do suceso (REUTERS/Denis Balibouse)

Atopan mortos cinco dos seis alpinistas desaparecidos en Suíza

11/03/2024 11:27

As condicións meteorolóxicas impediron o acceso á zona dos rescatadores que tiveron que demorar a busca dos desaparecidos ata este domingo á noite

Categorías:  Mundo   Sociedade   Sucesos
Etiquetas:  SUIZA   ALPES

O incendio do edificio de Valencia empezou nun electrodoméstico dunha cociña

11/03/2024 11:10

As investigacións da Policía Nacional apuntan a un mal funcionamento dun aparello de cociña e non ao mecanismo dun toldo como inicialmente se sospeitaba


Zona en que se produciron os últimos desprendementos (Imaxe cedida polo xornal 'El Progreso')

Pechan outro treito do paseo do litoral de Foz a causa dos desprendementos

11/03/2024 10:15

Hai semanas pechouse unha parte do paseo na parroquia de Cangas de Foz e agora a situación repítese en Fazouro

A escasos metros da zona pasa a liña do FEVE e os técnicos do Adif e do Concello temen que o terreo se estea desfacendo


Filipe VI proclama que as vítimas de terrorismo representan "a grandeza da democracia e a súa fortaleza"

11/03/2024 09:52

No 20 aniversario dos atentados do 11M en Madrid, o rei reivindicou “a enteireza e a dignidade” dos afectados pola violencia no acto de conmemoración do Día Europeo en Recordo das Vítimas do Terrorismo

193 vítimas mortais e máis de 2000 feridos que aínda arrastran graves pegadas


Koldo García abandona a Audiencia Nacional o pasado 20 de febreiro

Koldo García di que "non hai manta ningunha da que tirar" e que "ninguén fixo nada irregular"

11/03/2024 08:51

Nunha entrevista concedida a OK Diario, o antigo asesor de Ábalos considera que o PSOE está a ser "moi inxusto" co exministro, de quen di que é "un fiel servidor público"

Koldo García di que se pon en mans da xustiza para que determine se se equivocou e que, nese caso, "terei que asumir os meus erros"


Cando van baixar os xuros?, por Venancio Salcines

11/03/2024 08:33

O Banco Central Europeo xa asume que este ano veremos unha baixada dos

A Fundación Pública de Medicina Xenómica busca terapias contra as enfermidades raras

11/03/2024 08:26

Unha das pacientes para as que investigan un tratamento é a nena de tres anos Carmen Silva, que padece unha epilepsia grave de orixe xenética



'Oppenheimer' triunfa nunha edición dos Óscars sen españois premiados

11/03/2024 06:39

O filme sobre o creador da bomba atómica levou sete galardóns, incluído o de mellor película 

Levan o seu primeiro Óscar Christopher Nolan, mellor director; Cillian Murphy, mellor actor, e Robert Downey Jr., mellor actor secundario

Emma Stone levou o de mellor actriz polo seu papel en Pobres criaturas, que sumou un total de catro premios

Tanto La sociedad de la nieve, de Juan Antonio Bayona, como Robot Dreams, de Pablo Berger, quedaron sen galardón


Sarriana 1-0 Betanzos

10/03/2024 23:59

Fernando Cuadrado decide no último minuto o partido entre dous equipos acabados de ascender


Bergantiños 1-0 Estradense

10/03/2024 23:44

Non foi un bo partido do Bergantiños, pero chegoulle co gol de Pablo Longo para poñer cinco puntos de vantaxe á fronte da Terceira


Alcorcón 1-1 Español

10/03/2024 23:20

Categorías:  Deportes

Betis 2-3 Vilarreal

10/03/2024 23:17

O Vilarreal sorprende no Villamarín ante un Betis que perde o ritmo europeo

Categorías:  Deportes

Novo monumento homenaxe ás vítimas do 11M na estación de Atocha (EFE)

Madrid inaugura unha nova homenaxe ás vítimas do 11M coincidindo co XX aniversario

10/03/2024 22:10

Conta cunha parte exterior e unha interior, onde se recollen os nomes das vítimas

Os puntos de iluminación exteriores representan todas as persoas que perderon a vida no atentado

O Executivo destinará 15 millóns de euros para indemnizacións por falecemento e danos físicos e psíquicos de vítimas do terrorismo en 2024



@ArosaSCOficial

Arousa 1-0 Silva

10/03/2024 21:29

O Arousa aséntase na terceira posición e impide ao Silva entrar na zona de promoción


Foto de @UDOurense2014

U. D. Ourense 1-1 Barbadás

10/03/2024 21:23

Os ourensáns mantéñense na loita pola promoción, mentres o Barbadás mantén unha lixeira vantaxe sobre o descenso


O candidato de Aliança Democrática Luís Montenegro

A centrodereita gaña en Portugal pola mínima e Montenegro buscará formar Goberno

10/03/2024 21:22

O candidato de Aliança Democrática Luís Montenegro di que está preparado para gobernar e fai un chamamento ao diálogo, aínda que mantén a súa negativa a pactar coa ultradereita 

O socialista Nuno Santos recoñece a derrota e asegura que liderará a oposición

O triunfador da noite é o partido de dereita radical Chega, que cuadriplica os resultados de 2022

Categorías:  Mundo   Política
Etiquetas:  ELECCIÓNS   PORTUGAL

Éibar 0-1 Burgos

10/03/2024 21:22

Categorías:  Deportes

Vilarreal B 0-1 Elxe

10/03/2024 21:21

Categorías:  Deportes

Levante 1-0 Sporting

10/03/2024 21:19

Categorías:  Deportes

Real Madrid 4-0 Celta

10/03/2024 21:18

O Celta aguantou ata o minuto 80, pero nos últimos dez minutos recibiu tres goles, dous deles en propia porta

Categorías:  Deportes

As Palmas 0-2 Athletic

10/03/2024 21:16

Vitoria convincente dun Athletic que se sitúa a dous puntos da Champions

Categorías:  Deportes

Un coche impacta contra o muro e a galería de dúas casas de Abegondo

10/03/2024 20:59

O accidente causou moitos danos, pero non deixou feridos


Aragonès liga a duración da lexislatura aos acordos sobre financiamento e plurinacionalidade

10/03/2024 20:47

O presidente da Generalitat di que o Goberno de Sánchez podería durar catro anos se cumpre cos pactos de investidura

Oriol Junqueras culpa a Junts da demora de dous meses no acordo da amnistía


Jorge Prado comeza en grande a defensa do título

10/03/2024 20:43

O piloto galego estivo a un nivel moi alto gañando a primeira rolda e quedando por detrás de Gajser na segunda

Rubén Fernández non puido participar por unha lesión nunha deda nos adestramentos

Categorías:  Deportes   Motor
Etiquetas:  JORGE PRADO

Unhas 40.000 persoas acoden ao 33 Salón do Automóbil de Vigo

10/03/2024 20:24

As vendas estimadas rozan os 15 millóns de euros

Esta fin de semana tamén se celebrou unha feira de automoción en Lugo


Detidos en Cataluña 18 narcotraficantes vencellados ao crime organizado italiano

10/03/2024 20:10

Os Mossos d'Esquadra desmantelaron seis plantacións de marihuana, cunhas 4.000 plantas e un laboratorio de produción de haxix

O operativo policial efectuou 21 rexistros en diversos domicilios e naves industriais


Foto de @RVcantera

O Compostela sae derrotado da súa visita a Valladolid (2-0)

10/03/2024 20:06

O filial valisoletano superou os de Michel Alonso, que suman tres picadas seguidas 

Mantéñense cerca do play off, pero as sensacións non son boas


Catro detidos por roubar nunha empresa loxística de Guadalaxara

10/03/2024 19:57

A mercadoría roubada está valorada en 100.000 euros 

Dous traballadores da empresa facilitarían información sobre os accesos, a apertura de portas e desconexión de alarmas


Foto de @RSGimnastica

O Ourense C. F. perdoa e deixa a primeira posición en Torrelavega (2-1)

10/03/2024 19:47

Os cántabros sorprenden ao Ourense con dous goles en tres minutos e levan tres puntos que os sacan do descenso

Os ourensáns ceden o liderado tras o triunfo do Pontevedra


Davo rompe a xeira negativa do Coruxo cun dobrete

10/03/2024 19:33

Vitoria do equipo vigués por 2-0 ante o Raio Cantabria, que o saca do descenso e do posto de play out

Etiquetas:  CORUXO FC

O Lugo perdoa e non pasa do empate fronte a Unionistas (1-1)

10/03/2024 19:33

Partido cheo de ocasións no Anxo Carro onde o Lugo perdoa no tramo final

O Lugo queda na 10ª posición, lonxe do play off


Sinaturas contra a fin do diñeiro en efectivo

10/03/2024 19:18

A Asociación de Xubilados de Lugo súmase á iniciativa "para manter a privacidade"
 

Categorías:  Galicia   Lugo   Sociedade
Etiquetas:  DIÑEIRO

Foto de @PontevedraCFSAD

O Pontevedra volve ao liderado tras superar o Real Avilés (2-0)

10/03/2024 19:00

A pesar dun primeiro tempo frouxo dos pontevedreses, dous goles no inicio da segunda metade serviron para sumar os tres puntos e recuperar o liderado

No tramo final puideron aumentar a vantaxe, pero faltou puntería


Helicóptero na procura dos desaparecidos polo temporal (France Press)

Catro mortos e catro desaparecidos en Francia polo temporal

10/03/2024 18:17

Catro helicópteros, drons e 300 bombeiros están mobilizados nas operacións de procura e rescate

Continúan buscando os 4 desaparecidos do sur do país, dous deles menores de idade


O lugar onde a vítima foi atacada

Comeza na Audiencia de Pontevedra o xuízo polo crime de Jéssica Méndez en Barro

10/03/2024 18:10

A Fiscalía solicita para o acusado 24 anos por un delito de asasinato agravado por motivos de xénero 

Segundo o Ministerio Público, fíxoo motivado polo "odio" que sentía cara a ela por non ser correspondido 


Foto: EFE

Excesiva goleada para Celta no Bernabeu (4-0)

10/03/2024 17:17

Os de Benítez recibiron tres goles nos últimos dez minutos, dous deles en propia porta

Categorías:  Deportes   Celta
Publicidade
Publicidade