Publicador de contidos

Publicador de contidos

Novas

Rueda entrega as súas credenciais no Parlamento de Galicia

13/03/2024 14:57

Este é un trámite obrigado para todos os parlamentarios, antes de que se constitúa a cámara autonómica no pleno que se celebrará o próximo luns


Junts reclama soberanía fiscal e ERC, un financiamento singular para Cataluña

13/03/2024 14:49

A ministra de Facenda, María Jesús Montero, pecha a porta a transferir todos os impostos a Cataluña e remite a negociación do financiamento autonómico a un debate con todas as comunidades


Fai catro anos do estado de alarma que o paralizou todo para protexernos da covid

13/03/2024 14:48

Anunciouse inicialmente para 15 días, pero foise prorrogando ata os cen

Pedro Sánchez reivindica o "logro colectivo" que venceu a covid


O inverno en Galicia foi húmido e extremadamente cálido

13/03/2024 14:45

Segundo a AEMET a temperatura media quedou 1,8 graos por riba do habitual nesta época do ano


Soben os prezos dos aparcadoiros de pago de Santiago

13/03/2024 14:38

En tres dos aparcadoiros é a segunda subida en menos de tres meses

O Concello xustifica a medida como unha actualización do IPC


Rouban 60 metros de valado metálico nunha ONG de Cabana de Bergantiños

13/03/2024 14:36

Repoñer o roubado podería custar máis de dous mil euros e desde a asociación agardan que o seguro cubra os danos


A partir deste sábado pode solicitarse praza nas escolas infantís autonómicas

13/03/2024 14:35

"Queremos que a Xunta destaque polo coidado das persoas", asegura o presidente da Xunta, Alfonso Rueda


A moda sostible precisa de tecidos a base de novas fibras ecolóxicas

13/03/2024 14:24

O lyocell é unha das apostas escollidas por moitas empresas textís


Case toda Galicia rexistra este mércoes máximas por riba dos 20ºC

13/03/2024 14:24

As temperaturas máis altas serán en Ourense, con ata 23 graos 

Na costa tamén rozarán os 20ºC, desde Ribadeo ata A Guarda

 


Eirín dixo que non quedara durmido ao volante, segundo a muller que o auxiliou no sinistro

13/03/2024 14:23

O acusado de atropelar a Jéssica Méndez dixo que "estaba ben" ao saír do coche

Dúas veciñas afirman que José Eirín vixiaba a casa da vítima de noite e de día


Un incendio nunha vivenda de Pantón provoca importantes danos materiais

13/03/2024 13:42

Os donos saíron ilesos e as lapas foron sufocadas polos bombeiros de Monforte

 

Etiquetas:  INCENDIO

Isabel Díaz Ayuso na comparecencia ante os medios en Leganés (EP/Carlos Luján)

Ayuso di que "non hai trama" e que Facenda lle debe diñeiro á súa parella

13/03/2024 13:37

A presidenta madrileña asegura que hai "unha manipulación orquestrada" e sinala a Moncloa como responsable coa intención de tapar o "escándalo" da aprobación da lei de amnistía


Rescatan un mozo tras caer ao mar cando facía escalada na zona dos faros de Mera

13/03/2024 13:24

A vítima estivo consciente e na superficie en todo momento ata ser recollida da auga

Malia o susto que levou, só presentaba feridas superficiais

Etiquetas:  RESCATE

Foto @RCCelta

Rafa Benítez: "Os nosos camiños sepáranse antes do esperado"

13/03/2024 13:22

O técnico madrileño lamentou este mércores a súa destitución como adestrador do Celta a través dunha carta publicada nas súas redes sociais

Categorías:  Vigo   Celta   Deportes
Etiquetas:  RC CELTA

Cada vez hai máis españois que prefiren pedir un crédito para ir de vacacións en lugar de quedar na casa

13/03/2024 13:20

De media solicitan uns 6.000 euros

O prazo medio de devolución destes créditos adoita ser superior aos 60 meses


O PP denunciará a Sánchez na Oficina de Conflitos de Intereses polo rescate de Air Europa

13/03/2024 13:08

Argumentan que o presidente do Goberno debeu ausentarse dos Consellos de Ministros que comprometeron 795 millóns de euros de diñeiro público cunha empresa "vencellada" coa súa muller

O PP considera que as alusións do presidente do Goberno á investigación fiscal á parella da presidenta da Comunidade de Madrid supuxeron un punto de inflexión

Fontes do PSOE sosteñen que non se sabe nada sobre o contido das reunións de Begoña Gómez con persoas implicadas na suposta trama corrupta


O ministro de Xustiza, Félix Bolaños; o comisario europeo de Xustiza, Didier Reynders, e o vicesecretario Institucional do PP, Esteban González Pons, durante a reunión no Parlamento Europeo (Unión Europea/Europa Press)

PP e PSOE continuarán este mes en Madrid as negociacións para desbloquear o CXPX

13/03/2024 12:49

Os dous partidos remataron sen acordo a terceira rolda de contactos, coa intermediación do comisario europeo de Xustiza, Didier Reynders, quen tamén asistirá á próxima reunión que se celebrará xa en España


O PP adianta 2,7 puntos o PSOE en plena explosión do caso Koldo, segundo o CIS

13/03/2024 12:42

No barómetro de marzo, os populares soben 0,8 puntos e o apoio aos socialistas cae 1,7 puntos

O apoio electoral de Vox medra 2 puntos e o de Sumar baixa 1

Alberto Núñez Feijóo consegue situarse como o mellor valorado polos cidadáns, aínda que sen chegar ao aprobado, a líder de Sumar, Yolanda Díaz, que era a primeira baixa ao segundo lugar e o presidente Pedro Sánchez cae á terceira posición 

Os principais problemas para os cidadáns son a crise económica, o paro, o "mal comportamento dos políticos", "o Goberno e os partidos" e a "calidade" do emprego

 


Claudio Giráldez dirixe o seu primeiro adestramento co Celta

13/03/2024 12:32

Giráldez coincidiu en Afouteza co extécnico celeste, Rafa Benítez, ao ir este a despedirse dos xogadores

Categorías:  Vigo   Deportes   Celta

Yeremay non lle garda rancor a Óscar Cano malia que non contaba con el

13/03/2024 12:25

Yeremay: "Se vexo a Óscar saudareino porque coincidín con el aquí e teño unha boa relación"

Etiquetas:  RC DEPORTIVO

Gardas civís no lugar do accidente (EFE/Cati Cladera)

Recibe a alta o turista lucense ferido no accidente de autobús de Mallorca

13/03/2024 12:20

Tan só quedan dous feridos ingresados, logo de ser dado de alta outro procedente de Aragón


Bruxelas pide a España un plan fiscal "crible" fronte a "limitados" esforzos recentes

13/03/2024 11:52

A Comisión Europea cre que "é necesario un esforzo adicional de consolidación fiscal para lograr unha posición orzamentaria sólida"


Falece un traballador de 50 anos tras caer desde a cuberta dunha nave en Vigo

13/03/2024 10:47

A Policía Nacional de Vigo informa de que se abriu unha investigación sobre a morte deste traballador

A caída produciuse dende varios metros de altura


Un matrimonio de Arteixo queda ferido ao estoupar unha tubaxe da caldeira da súa casa

13/03/2024 09:58

A muller e o home, únicos ocupantes da vivenda, teñen queimaduras nas pernas e permanecen ingresados no Complexo Hospitalario da Coruña


Morre un home de 50 anos ao caer da moto en que viaxaba en Pontevedra

13/03/2024 09:45

Ata o lugar desprazáronse Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico e os Bombeiros de Pontevedra


Falece un home de 51 anos tras bater o seu coche contra un poste eléctrico en Verín

13/03/2024 08:37

Polo de agora descoñécense as causas do accidente


O presidente do PP, Alberto Núñez Feijóo (d, de costas), diríxese ao presidente do Goberno, Pedro Sánchez (e), durante a sesión de control ao Goberno celebrada este mércores no Congreso (EFE /Chema Moya)

Sánchez pide a Feijóo que esixa a dimisión de Ayuso aínda que "lle custe o seu posto"

13/03/2024 08:02

Sánchez e Feijóo protagonizaron un duro cara a cara na sesión de control do pleno do Congreso na que o líder do PP atacou co caso Koldo ao xefe do Executivo e este respondeu coa actuación da parella de Ayuso

Feijóo lamentou o "silencio cómplice" de Sánchez e avisoulle de que "o seu futuro está ameazado pola corrupción"

O PP denunciará a Sánchez na Oficina de Conflitos de Intereses polo rescate de Air Europa



Inditex gaña 5.381 millóns de euros en 2023, un 30 % máis, e pecha outro ano de récords

13/03/2024 07:53

A facturación de 2023 tamén rexistrou un novo récord, ao elevarse un 10,4 % sobre o máximo histórico do ano anterior e alcanzar os 35.947 millóns de euros

Segundo informou a compañía, elevará o dividendo un 28%, ata 1,54 euros por acción

Etiquetas:  INDITEX

Biden e Trump son xa matematicamente candidatos ás presidenciais de novembro

13/03/2024 07:05

Nas primarias deste martes sumaron os delegados que precisaban para asegurar as candidaturas

Joe Biden agradece o apoio dos votantes demócratas "nun momento en que a amenaza que representa Trump é máis grande que nunca"

Donald Trump chama os votantes republicanos a derrotaren "o peor presidente na historia dos EUA, o corrupto Biden"


O Barcelona volve a uns cuartos da Champions despois de catro temporadas

12/03/2024 22:34

Derrotou o Nápoles por 3-1 (4-2 no global da eliminatoria)

Categorías:  Deportes   Fútbol
Etiquetas:  LIGA DE CAMPIÓNS


O Guipúscoa acaba coa xeira vitoriosa do Leyma Coruña na Leb

12/03/2024 21:56

O cadro coruñés recuperouse dun mal inicio de partido, pero un parcial de 1-17 no terceiro cuarto acabou por decidir o partido

Categorías:  Deportes   Baloncesto
Etiquetas:  LEYMA CORUÑA

A hostalería trata de reforzar os cadros de persoal cara á Semana Santa, pero recoñece dificultades

12/03/2024 21:44

O sector defende a necesidade de incentivar vocacións e promover condicións laborais para atraer persoal cualificado


Atopan con cans de rescate un ancián desaparecido en Cariño

12/03/2024 21:34

Atopárono en estado consciente e foi sometido a un recoñecemento médico

Categorías:  Cariño   Sucesos
Etiquetas:  DESAPARICIÓNS

Boa visibilidade en todo o litoral

12/03/2024 21:00

Categorías:  O Tempo

O Celta afrontará o final do maratón sen o adestrador "dun proxecto a longo prazo"

12/03/2024 20:55

Benítez empregou as dúas metáforas ao longo dos oito meses que estivo en Vigo agardando que os resultados chegasen

A afección perdera a confianza no adestrador e dentro do cadro de xogadores tamén había voces críticas co estilo de xogo

Categorías:  Deportes   Celta

Acordo unánime no Congreso para tramitar a lei ELA

12/03/2024 20:41

A proposición do PP recoñece a situación de dependencia dos pacientes desde o momento do diagnóstico e un grao de discapacidade do 33 %


O deporte, unha ferramenta poderosa para construír un mundo máis xusto e igualitario

12/03/2024 20:37

Foi a mensaxe que lanzaron as campioas Alba Redondo e Ivana Andrés, representantes da selección feminina na Eurocámara

Categorías:  Deportes   Fútbol

A vítima do crime de Barro sufriu oito ou nove anos de acoso do suposto agresor, segundo a familia

12/03/2024 19:59

A Fiscalía pide 24 anos de cárcere para José Eirín por asasinato

Categorías:  Galicia   Barro   Sucesos
Publicidade
Publicidade