Publicador de contidos

Publicador de contidos

Novas

Sanidade reactiva o plan antitabaco para ampliar as zonas libres de fume

12/03/2024 14:31

O ministerio tamén propón unha suba de prezos nun borrador que levará este xoves á Comisión de Saúde Pública

Categorías:  España   Sociedade   Saúde

Agricultores reparten en Madrid amorodos de Huelva para reivindicar a súa calidade

12/03/2024 14:27

Tras a alerta por hepatite A detectada nesta froita procedente de Marrocos queren facer ver ao consumidor que a produción nesta provincia andaluza é "sa, segura e sostible"

Categorías:  España   Economía   Agro
Etiquetas:  AGRICULTURA   FROITA

Doenzas no ril, enfermidades silenciosas que non avisan

12/03/2024 14:23

En Santiago realizáronse probas gratuítas coincidindo coa celebración esta semana do Día Mundial do Ril


Chega o anticiclón con temperaturas de máis de 20 graos ata o venres

12/03/2024 14:22

O mércores o termómetro acadará os 23 de máxima, pero as mínimas baixan ata os 4 graos


Rob Gray deixa o Breogán por un problema familiar

12/03/2024 14:21

Tito Díaz: "Dámoslle todo o noso apoio, animalo e entender que non está preparado para competir"

Categorías:  Lugo   Deportes   Baloncesto
Etiquetas:  CB BREOGÁN

Temperaturas moi altas e inusuais nestas últimas xornadas do inverno

12/03/2024 14:15

O xoves chegará unha fronte pouco activa

O venres teremos anticiclón dun só día


O ano pasado houbo en España 769 agresións a médicos, 8 denunciáronse en Galicia

12/03/2024 14:10

Representantes do colectivo acordaron fixar a data do 12 de marzo para lembrar cada ano a violencia que sofren os facultativos 


Rafa Benítez contaba coa peor porcentaxe de vitorias dos últimos 80 anos

12/03/2024 14:10

Tras oito meses de traballo, o seu último partido foi ante o Real Madrid

O técnico madrileño chegou o pasado verán a Balaídos como unha forte aposta da nova presidenta para a tempada do Centenario

Categorías:  Vigo   Deportes   Celta
Etiquetas:  RC CELTA

Descontento entre a veciñanza de Vigo polas cortas de árbores anunciadas polo Concello

12/03/2024 14:05

Rapaces encheron de carteis reivindicativos a rúa Falperra


Novo roubo das máquinas expendedoras na taberna do cámping boirense de Barraña

12/03/2024 13:55

"Parece que viñan roubar o Banco de España; con luvas, cubertos con pasamontañas", di o propietario do establecemento tras ver as imaxes das cámaras de videovixilancia

Etiquetas:  ROUBOS

Sen fibra óptica a cinco quilómetros do centro de Lugo

12/03/2024 13:48

Veciños da parroquia de Carballido precisan este servizo nos seus quefaceres diarios


Denuncia o roubo de 6.000 euros a través da banca electrónica

12/03/2024 13:26

Unha veciña de Ourense denuncia que lle roubaron preto de 6.000 euros en operacións realizadas en Nixeria, Atenas e Madrid

Asegura que ela non facilitou ningunha clave de acceso e culpa o banco de non garantir a seguridade dos depósitos


Un xulgado vigués fixa unha pensión de 40 euros para unha mascota tras un divorcio

12/03/2024 13:24

O xuíz determina que a mascota do matrimonio quedará ao coidado da muller e que ambos os dous aboarán "a metade dos gastos extraordinarios e de veterinario"

Atendendo ao maior poder adquisitivo do home, a sentenza establece que el "contribuirá ao gasto do animal coa suma de 40 euros ao mes"


Pasaxeiros no aeroporto de Santiago (Arquivo-EP)

O aeroporto de Santiago rexistra o mellor dato de pasaxeiros da súa historia en febreiro

12/03/2024 13:11

As tres terminais galegas recibiron no segundo mes do ano 373.602 pasaxeiros, un 4,7 % máis ca no mesmo mes de 2023


Besteiro presenta a súa precandidatura ás primarias para a Secretaría Xeral do PSdeG

12/03/2024 13:01

Descoñece se chegará a ter competencia no proceso interno, para o que parte como claro favorito

Besteiro pídelle "pluridade" ao BNG na Mesa do Parlamento de Galicia para que o PSdeG teña un posto


Epifanio: "Se pensamos que somos invencibles, sería o noso primeiro erro"

12/03/2024 13:00

O conxunto coruñés busca ante o Gipuzkoa a décimo terceira vitoria consecutiva, a quinta marca da historia da LEB Oro


A condutora do atropelo múltiple de Lanzarote dá positivo en alcol e drogas

12/03/2024 12:57

No sinistro faleceu un bebé de cinco meses e seis persoas máis quedaron feridas


Rigoberto Mendoza: “Non podemos baixar a cabeza”

12/03/2024 12:19

Recoñeceu que a novena derrota consecutiva ante o Valencia Basket foi un paso atrás na súa carreira por alcanzar o ascenso


O CXPX estudará dous informes sobre a amnistía: un ve constitucional a lei e outro non

12/03/2024 11:56

Os informes fixéronse públicos un par de días antes de que o Congreso vote e aprobe a proposición de lei da amnistía



Sede de MásMóvil (EP/Eduardo Parra)

O Goberno aproba a fusión de Orange e MásMóvil, dona de R, con 30 millóns de clientes

12/03/2024 11:19

A unión das dúas empresas irá acompañado dun "plan industrial verdadeiramente ambicioso e cunha orientación de moi medio prazo", di o ministro José Luis Escrivá


A Policía Local do Porriño intercepta un condutor bébedo que circulaba con tres nenos no coche

12/03/2024 11:00

Ademais de inmobilizar o coche no domicilio do investigado, os axentes tamén deron conta á Fiscalía e aos servizos sociais do ocorrido

O condutor, de 34 anos, está investigado por un presunto delito contra a seguridade viaria


Carola García-Calvo: "A ameaza terrorista está en individuos que se autocapacitan a través de Internet"

12/03/2024 10:35

A investigadora principal do Instituto Elcano e experta en radicalización e terrorismo global sinala que na actualidade a ameaza está nos chamados lobos solitarios

Apunta que tanto Al Qaeda como o Estado Islámico están tratando de instrumentalizar a guerra en Gaza 


Isabel Díaz Ayuso, este luns na catedral da Almudena durante os actos do aniversario do 11M (EFE/Javier Lizón)

A Fiscalía denuncia a parella de Ayuso por presunta fraude fiscal de 350.951 euros

12/03/2024 10:21

A investigación deriva dunha inspección da Axencia Tributaria en que se detectaron "uns gastos ficticios" xustificados con facturas supostamente falsas

Ayuso denuncia unha campaña contra ela e sinala a Moncloa: "Agora tocaba o noivo, isto é parte do que levo sufrindo hai cinco anos"

O Goberno pídelle á presidenta madrileña "máis transparencia e menos froita"


@salvamentogob

Rescatan un caiuco con dúas persoas mortas e 15 en estado crítico ao sur de Gran Canaria

12/03/2024 10:20

Dous dos evacuados, dous mozos de 15 a 16 anos, entraron en parada cardiorrespiratoria, que os sanitarios lograron reverter


Intervención da presidenta da Comisión Europea, Ursula von der Leyen, na sesión plenaria deste martes en Estrasburgo (Francia)

Bruxelas recomenda abrir negociacións de adhesión a UE con Bosnia

12/03/2024 09:49

Hai un ano que a Comisión Europea lle concedeu o estatuto de candidato a ser Estado membro

Segundo Von der Leyen, Bosnia está "a demostrar que pode cumprir cos criterios" comunitarios e coas aspiracións dos seus cidadáns para ser parte da familia europea


Atopan un cadáver no Ulla que podería ser o veciño de Teo desaparecido hai tres meses

12/03/2024 09:48

O home, de 78 anos, desaparecera o 20 de decembro. Na zona onde atoparon o corpo localizaran naquel momento a súa roupa, as lentes e unha nota manuscrita


Dezaseis dos 52 viaxeiros do autocar envorcado en Mallorca procedían de Lugo e A Coruña

12/03/2024 09:39

13 viaxeiros son orixinarios de Lugo e outros 3, da Coruña

Seguen hospitalizados cinco dos feridos no sinistro

A vítima con lesións máis graves, unha muller de Zaragoza que sufriu varias fracturas tras envorcar o vehículo, evoluciona favorablemente no hospital Son Espases de Palma


Parte o barco da ONG española Open Arms con 200 toneladas de alimentos para Gaza

12/03/2024 08:57

Partiu este martes do porto chipriota de Larnaca co fin de abrir un corredor marítimo para aliviar a crise humanitaria no enclave palestino

WCK coopera co Goberno de Emiratos Árabes Unidos, Chipre e Open Arms para enviar "o primeiro cargamento marítimo de axuda humanitaria a Gaza", indicou a oenegué nun comunicado


O voceiro do PSOE no Senado, Juan Espadas, na conferencia de prensa posterior á reunión da Xunta de Portavoces

PSOE apoiará investigar o caso Koldo no Senado e espera que PP o faga no Congreso

12/03/2024 08:01

Segundo o voceiro socialista, o apoio do PSOE no Senado, xunto á negativa do PP no Congreso, amosaría a "diferente forma de enfrontarse aos casos de corrupción" por parte de ambos os dous partidos, e que o PP só investiga onde teñen maioría absoluta

O caso Koldo chega este martes ao Senado, ao Congreso e ao parlamento balear

A oposición artella unha ofensiva a través da constitución de dúas comisións de investigación, preguntas parlamentarias e unha moción 


Boa visibilidade en todo o litoral

12/03/2024 08:00

Categorías:  O Tempo

Que se coñece da execución dos Fondos Next Generation EU?, por María Cadaval

12/03/2024 07:58

Nun esforzo por comprender o destino e a velocidade a que flúen os 80.000 millóns de euros

Almería 2-2 Sevilla

11/03/2024 22:38

O Sevilla remontou nos últimos dez minutos e acariñou o triunfo

O Almería empatou cun gol no 95 de Marezi

Categorías:  Deportes

Amorebieta 0-1 Leganés

11/03/2024 22:35

O Leganés aguanta a presión do Elxe e mantense no máis alto da Segunda

Categorías:  Deportes


Galicia e Bosnia unidas pola fotografía nun proxecto de arte conxunto

11/03/2024 21:35

Tras meses de traballo poderán amosar o resultado nas rúas, galerías de arte e espazos expositivos da cidade de Saraievo

É o proxecto en que traballan alumnos da Escola Antonio Faílde de Ourense con estudantes bosníacos



Un bebé morto e seis feridos nun atropelo múltiple en Lanzarote

11/03/2024 21:19

Unha condutora británica de 23 anos, residente no municipio, perdeu o control do seu coche e atropelou varias persoas que camiñaban pola beirarrúa

A Policía Local abríu unha investigación para determinar se conducía baixo os efectos do alcol e das drogas


Os empates entre os catro primeiros da 1.ª RFEF deixan todo aberto

11/03/2024 21:14

O Deportivo mantén a primeira posición e a diferenza de goles co Nástic

O Barcelona Atlético aproveitou os tropezos para meterse na lea polo ascenso directo

Etiquetas:  1ª RFEF

O Eurogrupo reclama axustes orzamentarios para 2025

11/03/2024 21:06

Os 20 países do euro preparan a volta á disciplina das regras fiscais

España apura as negociacións para lograr o cuarto desembolso dos fondos europeos

Categorías:  Mundo   Economía
Publicidade
Publicidade