Novas
Novas


Un virus na auga provocou o gromo de gastroenterite en Betanzos
03/06/2023 20:39
A auga non é apta para o consumo e continúan as restricións
Mantense o abastecemento de auga a través de cisternas
Desinfectarase toda a rede e someterase a auga a un proceso de hipercloración

Unha nena de 7 anos está grave tras caerlle enriba a porta dun garaxe en Madrid
03/06/2023 20:37
A pequena estaba en parada cardiorrespiratoria pero o SAMUR conseguiu reanimala
A Policía Nacional investiga as circunstancias do accidente

O Vilalbés ascende a Segunda Federación
03/06/2023 20:36
Derrotou no partido de volta o La Calzada (0-3)

Herlings supera a Prado e Fernández na cualificación en Letonia
03/06/2023 20:32

O choque de trens na India puido deberse a un erro na sinalización
03/06/2023 20:19
O sinistro, con preto de 300 mortos, é o máis grave no país en dúas décadas

03/06/2023 19:36
Os avisos por chuvias e trebóns continúan este domingo con aviso amarelo en Ourense, no interior de Pontevedra e na montaña e sur de Lugo.

Ferido o condutor dun bus urbano en Santiago tras saír da vía e chocar contra unha ponte
03/06/2023 18:57
O vehículo impactou contra unha ponte da AP-9, na estrada entre Santiago e Os Tilos
Os bombeiros excarceraron ao chofer que foi trasladado ao Hospital Clínico

Suicídase o garda civil sospeitoso de matar a tiros a súa exparella en Mougás
03/06/2023 17:37
Localizado nun monte próximo ao lugar dos feitos, non quixo entregarse e disparouse
A vítima, de 44 anos, faleceu ás portas do cámping onde traballaba

Tarde de treboadas en todo o interior de Galicia
03/06/2023 16:35