Novas
Novas
O xurado popular declara culpable do asasinato de Jéssica Méndez a José Eirín
19/03/2024 13:40
O veredicto considera que o único acusado pola morte da moza en Barro bateu intencionadamente o seu coche contra o dela
O xurado determinou que Eirín debe ser condenado por un delito de asasinato con aleivosía e agravante de xénero
A Fiscalía e a acusación particular piden 24 anos de prisión, mentres que a defensa reclamou que o veredicto sexa devolto "por falta de motivación"
Sae sen feridas de gravidade nun impactante accidente na A-52 en Cenlle
19/03/2024 13:37
O turismo avariouse e parou na autovía, un tráiler que non o viu colidiu contra el
Arrastrouno máis de 60 metros e o coche quedou esmagado entre o camión e a varanda de protección do viaduto sobre o río Miño
Antón Permuy, do xuvenil, adestrará o Compos ata final de tempada
19/03/2024 13:31
Xunto a Dani Gesto, será o substituto de Míchel
Soben do equipo xuvenil de División de Honra
Dani Alves di que non fuxirá se o deixan en liberdade e as acusacións piden que siga no cárcere
19/03/2024 13:07
Segundo fontes xudiciais, a resolución do tribunal debería producirse esta mesma semana
Alcoa exporá unha modificación do acordo de viabilidade e tentea unha posible venda
19/03/2024 13:00
A empresa tratará “proximamente” de adoptar unha serie de medidas co obxectivo de frear “inmediatamente o fluxo de caixa negativo”
A Xunta requirirá aos concellos unha reunión sectorial para declarar zonas tensionadas
19/03/2024 12:52
A Coruña xa solicitou a declaración e Pontevedra e Santiago manifestaron a súa intención de facelo
O Goberno galego considera que a declaración de zonas tensionadas "é un paso atrás"
A ONU acusa a Israel de cometer un crime de guerra en Gaza ao usar a fame como táctica
19/03/2024 12:21
O alto comisionado de Nacións Unidas para os Dereitos Humanos, Volker Türk, insiste en que Israel, como potencia ocupante, ten a obriga de garantir o aprovisionamento de alimentos e atención médica
Negreira négase a declarar ante o xuíz que investiga os pagos que lle fixo o Barça
19/03/2024 12:08
O exvicepresidente do Comité Técnico de Árbitros (CTA) non entrou en máis detalles de por que gardaba silencio
Interceptan un veciño da Terra Chá por conducir sen carné e triplicando a taxa de alcol permitida
19/03/2024 11:12
Outro home fuxiu en Lugo tras ser interceptado conducindo tamén sen carné e tras consumir alcol e drogas
O Goberno autoriza a repartición de 430 millóns ás comunidades para rehabilitar vivenda
19/03/2024 11:12
Isabel Rodríguez pídelles ás comunidades gobernadas polo Partido Popular que apliquen o índice de prezos do alugueiro e non se resistan a declarar zonas tensionadas
Xa se poden pedir os datos fiscais da declaración da renda de 2023
19/03/2024 11:01
Para acceder aos servizos de renda, incluíndo a descarga dos datos fiscais, os contribuíntes téñense que identificar con certificado electrónico, Cl@ve PIN ou número de referencia
A campaña da renda e patrimonio de 2023 arrinca o próximo 3 de abril para a presentación de declaracións por Internet
Desvían dous voos ao aeroporto de Santiago pola néboa en Alvedro
19/03/2024 10:33
Tras varias manobras de aproximación, os avións, procedentes de Barcelona e Madrid, tiveron que facer a aterraxe no Rosalía de Castro
O presidente do Parlamento sitúa o debate de investidura na primeira quincena de abril
19/03/2024 10:32
Miguel Santalices avanza que o calendario se concretará o luns 25 de marzo, cando se celebre a primeira reunión da Mesa
Pide ás parlamentarias e parlamentarios que debatan sen se desprestixiar e sen estridencias
A comisión de Peticións da Eurocámara pide igualdade para castelán e catalán na escola
19/03/2024 10:07
"Os centros educativos de Cataluña deben ofrecer aos alumnos oportunidades adecuadas para que adquiran un bo dominio tanto do catalán como do castelán", di o informe
Un mozo cuadriplica a taxa de alcol nun control en Lugo e o pai recólleo tamén bébedo
19/03/2024 09:59
Pai e fillo foron denunciados por dous delitos contra a seguridade viaria
O DOG publica o cesamento de Ethel Vázquez e Rueda asume as súas competencias
19/03/2024 08:54
No decreto de cesamento, o presidente en funcións agradece a Vázquez os servizos prestados durante a súa etapa no Goberno galego
Seis mortos tras saltar un camión un control da Garda Civil en Sevilla
19/03/2024 08:43
Os falecidos son dous gardas civís que participaban nun control habitual contra o narco e catro civís procedentes de Cádiz que estaban parados no punto
O operativo formaba parte do Plan de Seguridade do Campo de Xibraltar
O transportista deu negativo en alcol e drogas e está investigado por seis delitos de homicidio por imprudencia e tres de lesións graves
Tráfico apunta á somnolencia ou a outra distracción como a causa principal
Complícase a visibiliade na Mariña pola entrada das brétemas
19/03/2024 08:30
Un lume devora o almacén de pensos da cooperativa agraria Clun en Mazaricos
19/03/2024 08:14
A rápida intervención dos bombeiros, aseguran, foi crucial
Novos desafíos para España nun ano sen orzamentos, por María Cadaval
19/03/2024 08:01
Premian os coñecementos financeiros dos estudantes de Monforte
19/03/2024 07:59
Alumnado do instituto Río Cabe de Monforte gaña o concurso de coñecementos financeiros do Banco de España
Como parte do premio, recibiron un obradoiro sobre prevención da fraude impartido polo propio Banco de España
18/03/2024 22:30
Europa acorda sancionar a Hamas e a colonos israelís extremistas
18/03/2024 21:59
Hungría levantou o seu veto a sancionar os colonos
Dez xornadas para o final dunha 1.ª RFEF que camiña cara a un final de infarto
18/03/2024 21:58
Empate dos catro equipos galegos nesta xornada
O Deportivo mantense como líder pero os catro primeiros están en só dous puntos
A música volve encher as rúas de Ferrol da man das rondallas na Noite das Pepitas
18/03/2024 21:56
A tradición da Noite das Pepitas remóntase a máis dun século de historia
Último día de inverno con moita estabilidade
18/03/2024 21:51
Os letrados do Senado din que a amnistía é inconstitucional
18/03/2024 21:26
Porén, a Mesa da Cámara Alta, con maioría do PP, decidirá tramitala
Falece aos 68 anos a actriz galega Rosalía Dans
18/03/2024 21:17
Apartada da interpretación desde comezos dos anos noventa, dedicouse á pintura
Boas perspectivas de ocupación hoteleira en Ourense para Semana Santa
18/03/2024 20:55
Hai hoteis onde xa empezan a escasear os cuartos libres
18/03/2024 20:28
A asociación encargou o informe preliminar a un grupo de expertos informáticos dada a "paralización" do procedemento xudicial
Os mellores tres murais do mundo están en Galicia da man de Sfhir, Lula Goce e Yoe 33
18/03/2024 20:08
Hai tempo que a arte saíu dos museos para chegar a calquera recuncho sendo realmente universal, e niso ten moito que ver a arte urbana
As confrarías de Lugo e de Viveiro ultiman os preparativos para unha Semana Santa multitudinaria
18/03/2024 19:58
As dúas festas están declaradas de interese turístico
18/03/2024 19:25
No punto do terrorismo, avala implicitamente os cambios introducidos para fixar que delitos quedan excluídos
Aconsella, chegado o momento, reformar a Constitución para precisar se se pode recorrer ou non á amnistía
O concello ourensán de Laza rexistra un tremor de terra de magnitude 2,4
18/03/2024 19:06
Tivo lugar ás 22:43 horas da pasada noite e a pesar da súa escasa profundidade, non foi sentido polos veciños
Condenado a oito anos de cárcere o home que violou unha amiga da parella do seu irmán en Ourense
18/03/2024 18:50
Deberá indemnizar a vítima con máis de 11.000 euros
Condenan a cinco anos de cárcere un home por abusar da filla menor da súa parella
18/03/2024 18:41
Durante nove anos non poderá achegarse á vítima nin desenvolver ningunha profesión que implique contacto con menores
A selección concéntrase, con Cubarsí como gran sensación
18/03/2024 18:23
Marc Cucurella é novidade de última hora pola lesión de Gayá
O Breogán fai historia no Palau e sae dos postos de descenso
18/03/2024 18:03
O Breogán fixo historia ao gañar por primeira vez no Palau Blaugrana
Moita tranquilidade en toda a costa
18/03/2024 18:00
Condenado a catro anos por abusar sexualmente dunha compañeira de clase na Coruña
18/03/2024 17:47
Deberá cumprir ademais liberdade vixiada de cinco anos e non poderá exercer ningunha profesión en contacto directo con menores durante outros catro anos
Tamén deberá indemnizar a vítima con 10.000 euros