Novas
Novas
Piden a mellora dunha estrada de Vilar de Astrés, Ourense, con curvas perigosas
22/03/2024 13:25
Trátase dunha vía, dependente da Deputación de Ourense, limitada a 50 km/h, que non conta con beiravías
O laboratorio da Asociación Galega de Pensos garante da súa produción
22/03/2024 13:21
As análises tamén proporcionan información nutricional, que repercute na calidade do penso
Decretan a liberdade provisional do camioneiro que atropelou mortalmente seis persoas en Sevilla
22/03/2024 13:20
Imponse ao camioneiro a obrigación de comparecer os días 1 e 15 de cada mes no xulgado, a retirada do pasaporte e a prohibición de saír do territorio nacional
A cámara alta alemá aproba a legalización parcial do cánnabis
22/03/2024 13:18
A lei permite a posesión de ata 25 gramos en espazos públicos e ata 50 gramos no domicilio privado, e o cultivo de ata tres plantas para o consumo persoal
O ministro de Sanidade confía en que a legalización sexa "o comezo da fin do mercado negro"
Erik Quintela cre que será un derbi "a vida ou morte"
22/03/2024 12:58
O histórico triunfo ante o Barça supuxo unha inxección de moral para o Breogán
Besteiro entrega máis de mil avais para liderar o PSdeG e xa pensa no seu novo equipo
22/03/2024 12:37
Ao ser o único candidato a facerse coas rendas do partido non haberá celebración de votación nas primarias
O Congreso Extraordinario celebrarase o sábado 27 de abril
Moncho Fernández: "As batallas importantes estarán no rebote, no un contra un e no control de perda"
22/03/2024 12:36
Tamén confirmou que o estadounidense Devon Dotson podería debutar no derbi
Poesía en territorio de conflito
22/03/2024 12:21
O festival de poesía Alguén que respira! dedica a súa sétima edición aos conflitos bélicos
Escoitaranse voces poéticas de Palestina, do Kurdistán, do Rif ou do Sáhara
O encontro desenvólvese no Teatro Principal de Santiago e na igrexa da Universidade
22/03/2024 12:07
A fiscal da Audiencia Nacional acúsao dun delito de terrorismo (10 anos) e doutro de fabricación, tenza, colocación e emprego de aparellos explosivos (12 anos)
Reclámalle ademais o pago dunha indemnización de 1.500 euros para o traballador da embaixada de Ucraína que quedou ferido ao manexar a carta que enviou alí o acusado
Morren tres migrantes e buscan sete máis que ían nunha embarcación naufragada ao sur de Motril
22/03/2024 11:53
Outros dous ocupantes da embarcación, na que poderían viaxar doce persoas, foron levados a un centro hospitalario de Almería
Quedan en liberdade o exasesor xurídico de Rubiales e o detido polas obras na Cartuja
22/03/2024 11:47
Ambos os dous detidos polos presuntos contratos irregulares na RFEF negáronse a declarar
Rubiales desmentiu que estea a tramitar a nacionalidade dominicana e xustificou a súa presenza no país caribeño por cuestións laborais
Alberto Pazos repite como portavoz do PPdeG no Hórreo
22/03/2024 11:16
Paula Prado continúa como viceportavoz primeira
Air Europa sofre un segundo ciberataque en que roubaron datos de clientes e pasaxeiros
22/03/2024 11:07
A compañía descubriu unha segunda incursión nos seus sistemas coa que poderían roubar datos persoais como nome e apelidos, DNI ou pasaporte
Air Europa tamén puxo de relevo que "en calquera caso" e para a "tranquilidade" dos pasaxeiros afectados, ata a data non hai constancia de que se fixese un uso fraudulento desa información
A xuíza abre investigación ao mozo de Ayuso por fraude a Facenda e facturas falsas
22/03/2024 11:02
A titular do xulgado apunta a que os feitos denunciados pola Fiscalía "fan presumir a posible existencia de indicios" deses delitos
Sánchez considera que xa non hai "escusas" para que Ayuso non dimita e Feijóo non llo esixa
O PP ve a Ayuso vítima de "unha persecución" do Goberno para tapar a corrupción
PSOE e ERC suspenden a mesa de diálogo para Cataluña polo adianto electoral
22/03/2024 10:47
Os dous partidos subliñan a súa aposta por "o diálogo e a negociación continuos como forma para atopar unha solución política" para Cataluña
Rusia lanza o “maior ataque recente contra a industria enerxética” de Ucraína
22/03/2024 10:45
Segundo o ministro de Enerxía ucraíno, "o obxectivo ruso é colapsar o sistema enerxético do país”
Hai cortes de electricidade en varias zonas do país
A UE comprométese a seguir apoiando a Kíiv "tan intensamente como sexa necesario"
O alcalde de Palas non dubida que Altri cumprirá coas máximas garantías medioambientais
22/03/2024 10:30
O alcalde, Pablo Taboada, di que "este é o momento de coñecer en detalle ese proxecto industrial" de fibras téxtiles con eucaliptos
Admite que hai "voces discrepantes e voces favorables" entre os veciños e apela a que Europa é "moi esixente" con este tipo de fábricas
A Policía brasileira detén a Robinho para o seu ingreso en prisión por unha violación grupal
22/03/2024 09:59
O exfutbolista empezará a cumprir a pena de nove anos de prisión que lle foi imposta por unha violación grupal en Italia
A lei brasileira non permite a extradición dos seus nacionais, pero admite a homologación das sentenzas estranxeiras
Galicia rexistrará máis de 1,5 millóns de desprazamentos esta Semana Santa
22/03/2024 09:52
As principais vías en que a DXT prevé máis volume de tráfico en Galicia son: AP-9, A-6, A-8, A-52, A-55 e N-550
Os tres aeroportos galegos operarán 1.202 voos durante a Semana Santa
A familia de Edwin Arrieta reclama a Daniel Sancho 410.000 euros de indemnización
22/03/2024 09:47
O xuízo contra o español está previsto que se celebre en Tailandia a partir do 9 de abril
A UE comprométese a seguir apoiando a Kíiv "tan intensamente como sexa necesario"
22/03/2024 08:32
Recalcaron que Rusia non debe gañar a guerra despois de dous anos de invasión e dez da anexión ilegal de Crimea e Sebastopol
Os mandatarios celebraron a aprobación do fondo específico de apoio militar a Ucraína de 5.000 millóns de euros para este ano
'Unha inimiga do pobo', de Talía Teatro, gran triunfadora nos Premios María Casares 2024
22/03/2024 08:16
A peza gañou sete dos nove galardóns a que aspiraba
A obra de Talía Teatro levou, entre outros, o premio ao mellor espectáculo, á mellor actriz para Marta Lado e á mellor dirección para Tito Asorey, compartido con Quico Cadaval por O auto do Castromil
María Barcala foi recoñecida coa distinción de honra Marisa Soto
O investimento estranxeiro en 2023 en España e Galicia, por María Loureiro
22/03/2024 08:11
A costa Atlántica azoutada polo nordés
22/03/2024 08:00
O sector turístico, pendente do tempo e das reservas de última hora para a Semana Santa
22/03/2024 08:00
Se o tempo acompaña, podería superar o 80 %
Mañá poden volver repetirse os 29 ºC no sur
21/03/2024 22:00
A mercadotecnia olfactiva como valor engadido para os negocios
21/03/2024 21:50
Hai empresas que se dedican a atopar o que máis se axusta a cada tipo de negocio
Día da Poesía: "Galicia é unha potencia"
21/03/2024 21:50
Celebramos a xornada escoitando a Pilar Pallarés e a Ismael Ramos
Dos cinco últimos premios nacionais de poesía, tres foron para poetas galegas
Talento e oportunidades laborais na Feira de Emprego Young Talent celebrada en Oleiros
21/03/2024 21:48
Para as máis de 200 persoas inscritas, esta feira de emprego pode ser a porta de entrada ao mercado laboral
Os líderes da UE piden por primeira vez un cesamento do fogo en Gaza
21/03/2024 21:32
Os líderes da UE piden a Israel "non levar a cabo unha operación terrestre en Rafah"
"Levou tempo unirse pero esta é unha mensaxe forte", asegura o presidente do Consello Europeo
O Reino Unido e Australia únense ao chamamento da UE e urxen un "cesamento do fogo inmediato" en Gaza
Os Estados Unidos ven posible un acordo
A ourensá Raquel Carrera rompe o ligamento do xeonllo dereito e perderá os Xogos
21/03/2024 21:13
A xogadora de Valencia fixo un mal apoio logo dun lanzamento a canastra
A internacional viña de lograr a clasificación olímpica e tiña a cita de París marcada en vermello
Deteñen o pai do bebé que caeu desde un quinto piso en Vitoria e se encontra en estado crítico
21/03/2024 21:05
O neno foi trasladado con vida ao Hospital de Txagorritxu, aínda que se atopa en estado crítico
O Baxi Ferrol busca sorprender a Zaragoza, último campión da Copa da Raíña
21/03/2024 21:00
O partido pecha os cuartos de final, e o cadro de Lino López acode "sen complexos" á cita
Dous camións chocan na N-120 en Nogueira de Ramuín
21/03/2024 20:49
Polo de agora descoñécese se hai persoas feridas
Inaugurada a mostra 'Tesouros reais. Obras mestras do Terra Sancta Museum' no Gaiás
21/03/2024 20:35
A mostra reúne pezas de valor incalculable custodiadas durante máis de oito séculos, que raramente foron vistas polo gran público
Os obxectos foron doados polas monarquías católicas máis poderosas de Europa aos Santos Lugares
O Día da Árbore busca poñer en valor os bosques na loita contra o cambio climático
21/03/2024 20:14
Os expertos distinguen entre bosques e plantacións forestais, cunha menor biodiversidade
Detido o atrincheirado que ameazaba con estoupar un edificio en Las Gabias, en Granada
21/03/2024 19:57
A Garda Civil arrestouno tras oito horas amotinado
Na vivenda tiña catro bombonas de butano
Puigdemont anuncia dende Elna a súa candidatura ás eleccións catalás do 12M
21/03/2024 19:08
O expresidente catalán ofreceuse a liderar unha candidatura conxunta de Junts e Esquerra Republicana
ERC declina a proposta de lista unitaria lanzada por Carles Puigdemont
A Xunta cifra en 60 millóns ao mes o déficit na tesourería pola prórroga dos orzamentos do Estado
21/03/2024 18:18
A Xunta pídelle ao Goberno que aprobe canto antes o decreto lei para actualizar as entregas a conta e o aumento do 2% dos salarios dos empregados públicos
Continúan os avisos no litoral norte pola forza do nordés
21/03/2024 18:00