Novas
Ver��n

Atraca en Vigo a réplica da embarcación que deu a primeira volta ao mundo
19/08/2022 14:56
A entrada é gratuíta e estará no porto vigués ata o vindeiro domingo
O navío Victoria deu durante 3 anos a volta ao mundo o século XVI

Venden unha illa na ría de Pontevedra por 300.000 euros
19/08/2022 14:49
O illote ten 3.000 metros cadrados, pero non se pode construír nel

O CHUAC fai 50 anos coa vista posta nas novas obras de reforma
19/08/2022 14:40
Está previsto un investimento de 340 millóns de euros para ampliar o espazo e a accesibilidade
Foi o 21 de agosto de 1972 cando se inaugurou na Coruña a que denominaron "gran cidade sanitaria"

Frean o avance do incendio de Castelló tras calcinar 19.000 hectáreas
19/08/2022 14:36
Salvaron o Santuario da Cova Santa de Altura, malia que toda a súa contorna está arrasada
Só nunha das localidades desaloxadas puideron regresar as súas casas
Ximo Puig di que non sabe o que pasou no tren afectado polo lume de Beljis

Longas colas nos accesos á catedral de Santiago
19/08/2022 14:30
Segundo os visitantes, as ringleiras son longas pero avanzan rápido
Milleiros de turistas e peregrinos ateigan a zona vella da cidade

Caen a oferta e a demanda do peixe e do marisco
19/08/2022 14:28
Hai pouco peixe grande e vai moi caro
Os vendedores recoñecen que atravesan unha delicada situación

A seca seguirá agravándose en Galicia: non se albisca máis chuvia este mes
19/08/2022 14:25
Con Vigo xa son un cento os concellos que xa adoptaron restricións de auga
As duchas das praias teñen menor presión, prohíbese encher piscinas e limítase o rego de parques e xardíns
No que levamos de ano choveu tres veces menos do normal na cidade olívica

Ximo Puig di que non sabe o que pasou no tren afectado polo lume de Bejís
19/08/2022 14:21
O PP cualifica o incidente de "impresentable" e pide a comparecencia da ministra de Transportes
O Goberno di que achegará toda a información, "con total transparencia", para a aclarar o suceso
Dúas das feridas saíron do hospital

Dous detidos en Lugo por instalar unha cámara nun cuarto que alugaban a turistas
19/08/2022 14:07
Alertados polo pestanexo dunha luz no cuarto, os inquilinos atoparon unha cámara oculta tras un cadro eléctrico

O PSdeG, contra o veto da UE á pesca de fondo
19/08/2022 13:53
Formoso resta rigor científico ao regulamento comunitario