Novas
Contido coa etiqueta .
Prisión
O autor do crime do Areal, condenado a 11 anos e medio de cárcere
30/10/2024 17:25
Tras recoñecer os feitos e recibir o veredicto de culpabilidade do xurado, David Macía é condenado por delitos de homicidio e estafa contra o profesor xubilado Benito Torreiro
Once anos de cárcere para o exgrapo que lle disparou a un mozo en Vigo
17/10/2024 17:24
É condenado a dez anos de prisión polo delito de tentativa de asasinato e a outro máis pola tenencia ilícita de armas
A Audiencia ve acreditada a intención de matar e rexeita que o acusado actuase levado polo medo
O exgrapo que lle disparou a un mozo en Vigo: "Se quixese matalo, faríao"
Detido en Marrocos un dos cinco presos perigosos fuxidos en Portugal
07/10/2024 13:11
Trátase de Fábio Loureiro, un dos cinco reclusos que fuxira da prisión lusa de Vale dos Judeus hai agora un mes
Foi arrestado o domigo pola noite en Tánxer
Un cento de presos de toda España rematan a súa peregrinación a Santiago
05/10/2024 13:58
Percorreron distintas rutas xacobeas na compaña de funcionarios e voluntariado
Este sábado asistiron á misa do peregrino na Catedral e a un xantar de celebración
O acusado pola explosión de Paramos pide perdón e acepta catro anos de prisión
25/09/2024 18:38
O propietario da pirotecnia pediu perdón ás vítimas
O procesado tamén recibiu unha orde de afastamento da zona cero durante seis anos e quedou inhabilitado da actividade pirotécnica durante 18 anos
Ingresa na cadea o detido por acoitelar un home en Vilagarcía
16/09/2024 20:51
O xuíz decretou a prisión preventiva comunicada e sen fianza
09/09/2024 19:53
A busca dos fuxitivos continúa sen éxito
Investíganse erros de seguridade na prisión
Portugal activa unha orde de detención internacional tras a fuga de cinco presos perigosos
08/09/2024 18:42
Protagonizaron o sábado unha fuga de película nun cárcere situado a 70 quilómetros ao norte de Lisboa
Contaron coa axuda do exterior, desde onde lles proporcionaron unha escada para subir por dous muros e agardaron por eles con dous coches para escapar
O exlíder de ETA Txeroki, trasladado desde Francia á prisión donostiarra de Martutene
22/08/2024 18:48
Acordouse que cumpra en España os anos de prisión que lle quedaban en Francia, e a partir de agora poderá ser xulgado en España polos delitos pendentes
En 2011 foi condenado a 377 anos de prisión pola Audiencia Nacional
O Goberno británico activa medidas de emerxencia pola saturación en prisións inglesas
19/08/2024 08:40
Os cárceres do Reino Unido, especialmente no norte de Inglaterra, viron nas últimas semanas moi superada a súa capacidade tras as detencións polos disturbios provocados por grupos de extrema dereita antiinmigración
O home que enviou cartas explosivas a Sánchez e ás embaixadas, condenado a 18 anos de cárcere
23/07/2024 16:01
Foi detido en 2022 polo envío de seis cartas bomba ao presidente, á ministra de Defensa, á empresa Instalaza, ás embaixadas dos Estados Unidos e Ucraína e a un centro de satélites
A Audiencia Nacional determinou que o seu obxectivo era causar una "conmoción na sociedade española que exercese presión" para que "deixen de prestar apoio a Ucraína"
Funcionarios de prisións reclaman que lles recoñezan a condición de axentes de autoridade
30/06/2024 12:07
O ano pasado, traballadores de centros penitenciarios galegos sufriron 32 agresións
Representantes dos empregados públicos denuncian a sensación de impunidade dos internos
Condenado na Coruña a 11 anos de cárcere por violar a filla da súa parella
30/05/2024 16:53
As agresións comezaron cando a vítima tiña 15 anos
O procesado ameazaba a rapaza con deixar a súa nai e botalas da casa se non accedía a manter relacións sexuais con el
Un preso do cárcere asturiano de Villabona foxe durante un traslado para ir ao dentista
28/05/2024 13:40
O fuxido tiña pendentes catro anos de condena e non estaba considerado perigoso
Acepta un ano de prisión por matar a súa cadela a golpes en Baiona
08/05/2024 16:08
Tras acabar coa vida do animal lanzándoo contra o chan e dándolle unha patada, acusou a un empregado dun hotel de facelo
A execución da pena queda suspendida por tres anos, polo que non entrará no cárcere mentres non volva delinquir
Un interno do cárcere da Lama golpea e ameaza varios funcionarios durante un motín
06/05/2024 14:33
Un reo amotinouse na biblioteca e ameazou os funcionarios cunha barra metálica que lle chegou a lanzar
Todo comezou cunha liorta entre tres internos. Un deles negouse a obedecer as ordes dos traballadores públicos.
Prisión sen fianza para o home que se atrincheirou tras disparar a outro en Carballo
04/05/2024 15:51
O acusado está investigado por lesións e tenencia ilícita de armas
Detido un veciño de Carballo que se atrincheirou na súa casa tras disparar a outro
O detido por dispararlle a un mozo en Carballo nega ser o autor do tiroteo
Fin da prisión preventiva para os 14 transportistas da cocaína do MV Karar
24/04/2024 21:52
Os 14 levan desde 2020 en prisión preventiva e, por lei, non poden seguir entre reixas
Retiróuselles o pasaporte e terán a obriga de presentarse cada 15 días nun xulgado español
Condenado a 23 anos e medio de prisión polo tiroteo da gasolineira de Tamallancos
18/04/2024 18:28
O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia absolveu a muller do autor do crime, acusada de cooperadora necesaria
Sete anos de prisión para a muller que lle cortou o pene ao seu xefe e exparella
10/04/2024 10:16
A muller tamén deberá pagar unha unha indemnización de 250.000 €
Condena de 22 anos de cárcere para José Eirín polo asasinato de Jessica Méndez
05/04/2024 16:47
O tribunal tivo en conta a circunstancia agravante de cometer o delito por razóns de xénero
Non poderá aproximarse a menos de 500 metros dos familiares e da que era parella sentimental da vítima nin comunicarse con eles durante 32 anos
Ingresan en prisión os tres acusados de agredir sexualmente unha menor en Écixa
04/04/2024 21:07
Non descartan que fose vítima de submisión química, pero foi consciente do pesadelo que estaba a vivir
Municipios galegos con prisións piden unha contraprestación por dar este servizo
04/04/2024 18:56
Os cinco alcaldes acordaron solicitar audiencia co secretario xeral de Institucións Penais
Din que soportan o custo de servizos como o mantemento das redes viarias de acceso aos centros, o abastecemento de auga ou a xestión de residuos
Falan do "impacto negativo" que teñen nos medios e redes sociais cando falan deles
Prisión provisional, comunicada e sen fianza para o parricida de Narón
02/04/2024 19:34
O rapaz de 26 anos agrediu a seu pai, que falecía pouco despois nun centro hospitalario
O TSXG confirmou a decisión da maxistrada tras tomarlle declaración ao sospeitoso
Novo motín nun cárcere de Ecuador do que escapa o narcotraficante Fito
28/03/2024 09:08
O Goberno di que a situación xa está controlada, pero durante unhas horas os presos tomaron o control da prisión, con disturbios, e mesmo houbo un incendio
Protestaban polo trato recibido dende que as Forzas Armadas entraron nas prisións para controlar as bandas criminais
Continúan as protestas dos funcionarios de prisións en Barcelona pola inseguridade laboral
16/03/2024 21:13
Os traballadores reclaman a dimisión do secretario de Medidas Penais
Denuncian que en 2023 houbo unha media de tres agresión diarias a funcionarios de prisións
15/03/2024 14:40
O ministro do Interior, de visita en Cataluña, asegurou que protexer os funcionarios é a súa máxima preocupación
Fuga masiva nun cárcere de Porto Príncipe tras o ataque de bandas armadas
03/03/2024 22:01
Polo menos unha quincena dos case 3.600 presos evadidos foron asasinados
Os reclusos que permaneceron falaron sobre as malas condicións de vida nese cárcere
Entra en prisión o exalcalde pedáneo de Bembrive condenado por malversación e prevaricación
15/02/2024 16:27
Ballesteros foi condenado ata en tres ocasións por prevaricación
Prisión sen fianza para un home que golpeou dez mulleres descoñecidas no metro de Barcelona
11/02/2024 19:47
Golpeou con tal forza unha delas que lle rebentou o tímpano
02/02/2024 21:12
Ten que cumprir a condena de catro anos e medio de cárcere que lle impuxo o Supremo polos delitos continuados de suborno e prevaricación mentres presidiu a entidade
Detido o Pastilla un mes despois de fuxir do cárcere de Alcalá Meco
25/01/2024 20:02
Foi arrestado en Alemaña, nunha estación de tren de Leizpig
Ten dous procedementos abertos por asasinato
Ecuador sufoca os motíns en sete cárceres e libera máis de 150 reféns
14/01/2024 08:13
Son gardas e persoal administrativo que permanecían retidos polos reos en varias prisións do país
Confirman seis anos de prisión para o condutor que provocou a morte de tres persoas en Salceda
13/11/2023 17:18
Está considerado autor de tres delitos de homicidio por imprudencia grave e un delito de condución baixo a influencia de drogas tóxicas
No accidente faleceron unha nai e os seus dous fillos menores de idade, de 13 e 6 anos
Prisión sen fianza para os atracadores dun banco en Vigo
06/11/2023 20:38
O xulgado adopta esta medida por risco de fuxida e por reiteración delituosa
Ordenan o ingreso en prisión de Rafael Amargo por risco de fuga
03/11/2023 13:42
Ao mediodía deste venres, Rafael Amargo estaba xa nos calabozos da Audiencia Provincial de Madrid, desde onde será conducido á prisión madrileña de Soto del Real
En prisión tres dos catro detidos por atracar unha gasolineira á man armada en Lugo
27/10/2023 13:15
Malia levaren a cara tapada, a policía prendeu os presuntos atracadores en menos dun día
Dous anos despois do crime de Cortegada, seguen aparecendo restos
16/09/2023 21:28
A presunta autora, que confesou os feitos, está en prisión
Non descartan que haxa outra persoa implicada
Indignados en Ferrol tras saber do permiso penitenciario concedido ao falso médico Coté
23/08/2023 14:50
As vítimas exploran todas as vías para opoñerse a futuros permisos