Publicador de contidos

Contido coa etiqueta parlamento europeo .

Publicador de contidos

Contido coa etiqueta parlamento europeo .

Parlamento Europeo

Roberta Metsola, reelixida presidenta do Parlamento Europeo co apoio de 562 eurodeputados

Roberta Metsola, reelixida presidenta do Parlamento Europeo ata xaneiro de 2027

16/07/2024 09:38

A candidata alternativa, a exministra de Igualdade española e eurodeputada de Podemos Irene Montero, recibiu 61 votos

Von der Leyen aspira a revalidar o seu cargo á fronte da Comisión

Categorías:  Mundo   Política

Millán Mon avoga por unha reforma lexislativa que prohiba os escanos rotatorios en Europa

18/06/2024 09:49

O europarlamentario electo do PP critica ao BNG por non explicar que tiña que repartir o tempo con ERC

Confía en que nesta lexislatura haxa un comisario de pesca específico como comprometeron os populares en campaña


Acaba sen acordo o cumio informal para renovar os altos cargos da UE

18/06/2024 00:26

"A conversa de hoxe foi un paso útil para preparar o próximo Consello Europeo, pero as decisións tomaranse no próximo Consello Europeo de finais de mes", dixo Charles Michel



O Parlamento Europeo escórase á dereita, pero resiste a maioría proeuropea

10/06/2024 08:50

O Partido Popular Europeo logrou 189 escanos e manterase como a primeira forza comunitaria, mentres que a Alianza dos Socialistas e Demócratas europeos (S&D) será o segundo grupo, con 135 eurodeputados

Von der Leyen tende a man a socialdemócratas e liberais para construír unha maioría proeuropea 

Ultraconservadores, nacionalistas e eurófobos son os grandes gañadores dos comicios


373 millóns de cidadáns elixen a composición do Parlamento Europeo

08/06/2024 22:00

En xogo están 720 deputados e España elixe 61, dous máis que hai cinco anos

Poden votar en España máis de 38 millóns de persoas, dos que arredor de 2.700.000 o farán desde Galicia


Só o CIS dá o PSOE por vencedor nos comicios europeos

03/06/2024 08:40

ABC, El País e a Cadena Ser prognostican o avance dos populares 

Segundo El Periódico, PP e PSOE quedarían en "empate técnico"

As enquisas dan por desaparecido a Ciudadanos do Europarlamento


(Reuters/Yves Herman)

As sete familias do Parlamento Europeo: así se organizan os grupos da Eurocámara

24/05/2024 10:00

Os eurodeputados non se agrupan por nacionalidades, senón por afiliacións políticas

O grupo máis numeroso é o do Partido Popular Europeo, con 176 membros do total de 705 deputados que ten o PE, seguido pola Alianza Progresista de Socialistas e Demócratas, con 139


Arranca a campaña das eleccións europeas

23/05/2024 14:17

Celébranse nos 27 estados membros entre o 6 e o 9 de xuño 

Os socialistas abren lista coa vicepresidenta Ribera e o PP repite con Dolors Monserrat como candidata

O BNG repite alianza con Bildu e ERC e agarda conservar o asento de Ana Miranda na Eurocámara


Debate cos candidatos para presidir a Comisión Europea

23/05/2024 10:30

O evento tivo lugar este xoves 23 de maio no hemiciclo do Parlamento Europeo en Bruxelas


Conta atrás para as eleccións do 9 de xuño, ás que están chamados 370 millóns de europeos

13/05/2024 14:43

Tres xornalistas utilizar as redes sociais para animar o voto entre os mozos


O BNG preséntase como a "única garantía" de contar cun "escano galego" en Europa

07/05/2024 14:51

A candidata da formación nacionalista, Ana Miranda, di que “se nós non estamos, hai moitos temas que non se defenderían no Parlamento europeo”


Momento en que Miroslav Radačovský solta a pomba

Solta unha pomba a prol da paz en Europa na Eurocámara

24/04/2024 19:29

O eurodeputado eslovaco despedíase así do Parlamento


A Eurocámara dá luz verde ás novas regras europeas de control de déficit e débeda

23/04/2024 13:48

A nova disciplina fiscal europea mantén os límites á débeda e o déficit público previstos, no 60 % e o 3 % do PIB, pero déixalles máis marxe aos países para elixir o ritmo do axuste e investir en transición verde, dixitalización ou defensa

Desde os Verdes e a Esquerda consideraron que estas regras son "unha camisa de forza" que condenan a unha "austeridade perpetua"


Ana Miranda nunha imaxe de arquivo

O BNG aproba o 27 de abril as candidaturas para as europeas do 9 de xuño

20/04/2024 19:05

Concorrerá baixo a coalición instrumental Agora Repúblicas, xunto con ERC e EH-Bildu, formacións ás que se suma Ara Més
 


O avogado xeral da UE di que o Parlamento Europeo debeu deixar entrar a Puigdemont en 2019

11/04/2024 11:12

Acusa a quen era presidente da eurocámara, Antonio Tajani, de non respectar os resultados electorais daquelas europeas

Puigdemont di que se "violaron" os dereitos dos electores 


Galicia leva ao Parlamento Europeo a súa proposta para regular a IA na Administración

10/04/2024 14:38

"É unha autorregulación para dicirlles aos cidadáns e aos xestores públicos como queremos empregar a intelixencia artificial", di o director da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia


O presidente de Esquerra, Oriol Junqueras (2d), durante a firma do acordo de coalición Ahora Repúblicas para as eleccións europeas, este xoves na sede de ERC en Barcelona (Alberto Paredes / Europa Press)

BNG, Esquerra, Bildu e Ara Més propóñense ser a voz das "nacións sen estado" en Europa

28/03/2024 13:22

A coalición Ahora Repúblicas apostará porque Europa siga sendo "un espazo de dereitos e liberdades" en que "a ilusión e a esperanza" se impoñan perante "o odio e o medo"

"O BNG é a garantía de que os temas que afectan a Galicia existan en Bruxelas", reivindicou o responsable de Relacións Internacionais do BNG


O BNG volverá concorrer ás europeas en coalición con Bildu, ERC e Ara Més

27/03/2024 11:23

A formación nacionalista ocupará o terceiro posto nas listas da coalición Agora Repúblicas

As asembleas comarcais referendarán a candidatura en abril, para a cal Ana Miranda segue concitando consensos para manterse á fronte

O PPdeG ve a BNG "máis preto do terrorismo e independentimo" por este acordo


A comisión de Peticións da Eurocámara pide igualdade para castelán e catalán na escola

19/03/2024 10:07

"Os centros educativos de Cataluña deben ofrecer aos alumnos oportunidades adecuadas para que adquiran un bo dominio tanto do catalán como do castelán", di o informe


Un cento de mozos da UE fan o Camiño para incentivar votantes primeirizos nas próximas eleccións europeas

18/03/2024 14:17

O obxectivo é superar a barreira do 42 por cento de participación entre os máis novos, nos comicios de 2019

O grupo reuniuse este luns en Compostela con eurodeputados de diversas formacións, aos que lles trasladaron as súas preocupacións


Albares envíalle unha nova carta a Metsola para pedir o uso do catalán, o éuscaro e o galego na Eurocámara

04/03/2024 15:00

Esta é unha das primeiras esixencias de Junts para apoiar a investidura de Pedro Sánchez


Quedan cen días para as eleccións europeas

01/03/2024 17:14

As eleccións ao Parlamento Europeo do próximo 9 de xuño serán as novenas en que voten os galegos

A política agrícola e pesqueira común, a transición ecolóxica ou a seguridade son algúns dos retos que afrontarán os 27 nos próximos 5 anos


A presidenta da CE, Ursula von der Leyen, o pasado mércores no Parlamento Europeo en Estrasburgo

A CE proporá compras militares conxuntas como se fixo coas vacinas ou o gas natural

28/02/2024 10:39

"Non hai que esaxerar os riscos de guerra, pero hai que prepararse para eles”, asegurou Von der Leyen

A Comisión estudará facilitar acordos de compra anticipada ás empresas con garantías de pedidos 

Von der Leyen anunciou a creación dunha oficina de innovación en defensa en Kiev para aproveitar a experiencia de Ucraína


Ana Miranda pide no Parlamento Europeo aumentar a presión internacional sobre Israel para alcanzar un cesamento do fogo en Gaza

27/02/2024 21:21

A eurodeputada do BNG, que visitou Rafah hai uns días, denuncia o bloqueo de alimentos e medicinas


A UE acorda prohibirlles aos barcos verter augas residuais, lixo e plásticos

16/02/2024 10:56

Os países membros da Unión pactan coa Eurocámara endurecer a directiva sobre a contaminación do transporte marítimo, que nestes momentos só veta a liberación de hidrocarburos

As previsións máis optimistas sitúan a finais de 2026 a entrada en vigor cando os Estados da UE inclúan a directiva nas súas normativas nacionais e establezan sancións "efectivas e disuasorias" 


Iratxe García Pérez, presidenta do grupo parlamentario Alianza Progresista de Socialistas e Demócratas en Europa, o pasado mes de xaneiro nun acto político na Coruña

O PSOE informa a Bruxelas do "cambio de postura" de Feijóo sobre os indultos

15/02/2024 13:14

A presidenta do grupo parlamentario socialista facilita á vicepresidenta comunitaria de Valores e Transparencia e ao comisario de Xustiza unha compilación dos artigos dos dezaseis xornalistas que, asegura, xantaron co líder do PP o pasado 9 de febreiro 

Segundo os eurodeputados do PSOE, os populares "ábrense a considerar un indulto a Puigdemont nun plan de 'reconciliación' en liña co proxecto de amnistía proposto polo Partido Socialista"

 

 


A Eurocámara e os países da UE pechan un acordo para o control do déficit

10/02/2024 18:11

A presidenta da Eurocámara segurou que o acordo amosa "determinación para equilibrar as contas, dar credibilidade aos mercados e investir no futuro"


O Parlamento Europeo denuncia inxerencias rusas durante o 'procés' en Cataluña

08/02/2024 13:00

A Eurocámara pídelle a España investigar os contactos de Carles Puigdemont con exespías rusos en 2017


“Protestas do agro europeo”, por Maite Cancelo

02/02/2024 08:53

As protestas dos agricultores franceses estendéronse ao resto dos países da UE: os

Eleccións europeas: o PP gañaría por nove puntos e Montero lograría escano para Podemos

02/01/2024 09:13

Unha sondaxe elaborada para o xornal El Mundo concede 25 eurodeputados ao PP, 19 ao PSOE, 7 a Vox, e 6 a Sumar


O Parlamento Europeo insta as tecnolóxicas a non fabricar produtos dixitais con deseños adictivos

14/12/2023 14:26

As denominadas adiccións sen substancia, por exemplo a adicción ao móbil, medraron un 52 %


Sánchez e Puigdemont, cara a cara no Parlamento Europeo

13/12/2023 12:43

"Os indultos funcionaron, vaia pola vía da negocación e da Constitución", asegurou o presidente do Goberno 

"Deixar pasar oportunidades trae consecuencias que nunca son agradables", dixo o expresidente catalán 


A Unión Europea pacta a primeira lei de intelixencia artificial no mundo

09/12/2023 08:50

Está previsto que o regulamento entre en vigor no ano 2026 pero aplicarase por fases

Permite ou prohibe o uso da tecnoloxía en función do risco que supoña para as persoas



A iraniana Mahsa Amini e o movemento Muller, Vida e Liberdade, premio Sájarov do Parlamento Europeo

19/10/2023 12:51

Tras un longo aplauso dos eurodeputados, Metsola pediu que o premio sirva "como homenaxe ás mulleres, homes e mozos valentes e desafiantes en Irán"

Representantes do movemento recollerán o galardón nunha cerimonia durante o pleno de decembro en Estrasburgo


Albares insta a Israel a "diferenciar Hamas do pobo palestino"

18/10/2023 09:46

"Os hospitais e os civís non poden ser un obxectivo, o sufrimento da poboación civil de Gaza ten que terminar", di o ministro español de Exteriores ante o Parlamento Europeo

Von der Leyen: hai que recoñecer dor de Israel para ser cribles ao pedir reacción legal


A UE quere evitar abusos das compañias áreas no cobro da equipaxe de man

08/10/2023 14:50

As restricións dalgunhas compañías áereas á equipaxe de man pode disparar o prezo do billete

O Parlamento Europeo quere harmonizar o tamaño e peso das maletas de cabina para evitar abusos das aeroliñas

A medida non podía ter mellor acollida entre os viaxeiros ás portas dunha ponte festiva


O Parlamento Europeo exixe o dereito a levar gratis a equipaxe de man

21/09/2023 14:58

Unha sentenza do Tribunal de Xustiza da Unión Europea xa amparaba a gratuidade

Unha resolución exixe que se poña en práctica para garantir os dereitos dos viaxeiros


Europa debate este martes sobre o uso das linguas cooficiais

18/09/2023 18:32

A proposta ten que ser aprobada por unanimidade dos 27

Suecia, Finlandia e Eslovaquia xa amosaron reticencias ao uso das linguas cooficiais

Publicidade
Publicidade
— 40 Resultados por páxina
Mostrando o intervalo 1 - 40 de 91 resultados.