Publicador de contidos

Contido coa etiqueta o reino unido .

Publicador de contidos

Contido coa etiqueta o reino unido .

O Reino Unido

Shane MacGowan nunha foto de arquivo (Twitter)

Morre Shane MacGowan, líder de The Pogues, compositor, cantante e poeta irlandés

30/11/2023 13:34

Creador dun estilo único, fixo convivir as súas raíces familiares co movemento punk londiniense, co que creceu

O artista, de 65 anos, recibira hai poucos días a alta do hospital despois dunha longa convalecencia

No verán de 2002 actuou na Coruña co seu outro grupo, The Popes


O ministro de Economía británico, Jeremy Hunt, presenta a Declaración de Outono no Parlamento (Francepress)

O Goberno británico baixará os impostos a poucos meses das eleccións

22/11/2023 16:49

O plan fiscal británico inclúe a subida do salario mínimo ou a baixada da contribución dos traballadores á Seguridade Social


Sunak destitúe a ministra do Interior e recupera a Cameron para Exteriores

13/11/2023 10:15

O xefe do Goberno cesou a Braverman, quen acusou a policía de "dobre vara de medir" e de favorecer os manifestantes propalestinos

O nomeamento de Cameron, que dimitiu en xuño de 2016 como primeiro ministro tras perder o referendo do brexit, causou enorme sorpresa en medios de comunicación e analistas do Reino Unido

Categorías:  Mundo   Política

A xustiza inglesa rexeita a demanda de Corinna Larsen contra o rei Xoán Carlos

06/10/2023 13:19

O tribunal de Inglaterra e de Gales conclúe que non cabe atender a denuncia por falta de xurisdicción e que se tería que interpoñer contra o demandado no seu país de domicilio

O rei considera que, con esta decisión "faise xustiza"


Carlos III durante a súa intervención no Senado francés

Carlos III comprométese a reforzar a relación francobritánica

21/09/2023 12:32

Asegurouno este xoves nunha intervención no Senado galo 

O discurso é o único que pronunciará en público durante os tres días de visita en Francia


Macron recibe a Carlos III na súa primeira viaxe oficial a Francia

20/09/2023 19:25

É a súa 36.ª visita ao país, pero a primeira desde que é rei de Inglaterra

Ten previsto dar un discurso no Senado e coñecer a restauración de Notre Dame


Francia e o Reino Unido queren dinamizar a súa relación coa visita de Carlos III

19/09/2023 18:11

Buscan reforzar os vínculos históricos entre ambos países tras uns anos de tensións polo brexit ou a inmigración

Prevista para marzo, foi aprazada polas protestas que daquela había en Francia contra a reforma das pensións


Detidos dous presuntos espías no Parlamento británico: A China nega calquera implicación

11/09/2023 12:11

O primeiro ministro británico trasladoulle ao Goberno de Pequín a súa "profunda preocupación" pola posible inxerencia chinesa en Westminster


Un ano sen Isabel II: o 60 % dos británicos aproban o reinado continuísta de Carlos

08/09/2023 14:53

O primeiro cabodano da raíña máis lonxeva celébrase sen actos oficiais

Carlos III lembra o legado da súa nai e agradece o apoio dos cidadáns


O Bribón no campo de regatas (EFE/Sailings Shots/María Muiña)

O Bribón volve gañar o Mundial de 6 Metros, sen o rei Xoán Carlos a bordo polo estado do mar

08/09/2023 11:55

A competición desenvolveuse en augas da Illa de Wight, no Reino Unido

O ex-xefe de Estado seguiu as regatas desde unha lancha


Centos de voos acumulan atrasos en aeroportos británicos por un fallo técnico

29/08/2023 10:27

O problema nos sistemas de planificación do tráfico aéreo que este luns levou o caos ás terminais británicas xa foi resolto, pero aínda non lograron recuperar a normalidade


Imaxe de arquivo

Cazas británicos interceptan dous bombardeiros rusos en Escocia

14/08/2023 17:01

O Ministerio de Defensa ruso dixo que os seus bombardeiros levaron a cabo voos de patrullaxe sobre augas neutrais dos mares Báltico, Barents e outros 


O Reino Unido sobe o imposto sobre o alcol, pero amplía o desconto á cervexa de barril

01/08/2023 13:12

O Goberno británico implanta un novo sistema de impostos ás bebidas alcohólicas que as grava segundo a súa gradación


Biden e Sunak abordan en Londres a evolución da contraofensiva en Ucraína

10/07/2023 16:09

O presidente dos Estados Unidos reuniuse despois co rei Carlos III para abordar a crise climática


Biden entrevistarase este luns en Londres co rei e co primeiro ministro británico

O presidente dos EUA comeza en Londres unha visita de catro días a Europa

09/07/2023 19:45

Joe Biden asistirá en Lituania ao cumio da OTAN, coa guerra en Ucraína de fondo


A ministra de Defensa, Margarita Robles, dixo que a decisión non é da OTAN

España e o Reino Unido non apoian o envío a Ucraína de bombas de acio dos EUA

08/07/2023 20:36

O presidente norteamericano, Joe Biden, comeza este domingo unha visita a Europa


Escocia eleva ao trono a Carlos III na "outra" cerimonia de coroación

05/07/2023 13:54

O rei inglés recibe as honras de monarca na catedral de Saint Giles, en Edimburgo


Boris Johnson "enganou deliberadamente" o Parlamento sobre o 'partygate'

15/06/2023 10:24

O comité parlamentario que analizou a súa responsabilidade sobre as festas durante a pandemia na residencia oficial do primeiro ministro conclúe: "O seu propio coñecemento era tal que deliberadamente enganou á Cámara" 

O ex-xefe do Goberno británico cualifica o informe como "lixo" e "mentira"


Deteñen un home en Nottingham polo presunto asasinato de tres persoas

13/06/2023 11:17

Tres persoas máis quedaron feridas tras ser atropeladas por unha furgoneta

A policía do condado advirte á cidadanía que deben evitar as rúas que foron pechadas por mor da investigación


O ex primeiro ministro británico, Boris Johnson no Parlamento

Boris Johnson dimite como deputado no Parlamento británico

10/06/2023 10:17

O exprimeiro ministro afirma que a comisión que investiga se lles mentiu aos deputados sobre as festas prohibidas durante a pandemia pretendía expulsalo


As infraestruturas civís de Ucraína foron obxecto reiterado dos ataques rusos

O Reino Unido enviará mísiles de longo alcance a Ucraína

11/05/2023 18:23

Esta doazón contribuirá a defensa de Ucraína ante a "brutalidade rusa", principalmente cando sufra ataques deliberados contra a súa infraestrutura civil


Miles de persoas participan nun gran xantar na rúa para celebrar a coroación de Carlos III

07/05/2023 20:29

Os príncipes de Gales saíron a saudar os cidadáns concentrados nos arredores de Windsor

Buckingham asegura que Carlos e Camila están conmovidos pola celebración


Unha cerimonia con príncipes postergados, contrastes evidentes e moita pompa

06/05/2023 21:17

Os príncipes Henrique e Andrés viviron unha relegación que escenifica o seu papel na familia real 

O boato da cerimonia e o seu custo xeran polémica entre unha parte dos británicos


Británicos e turistas enchen as rúas de Londres para seguir a cerimonia

06/05/2023 20:59

O evento leva á capital británica visitantes de todo o mundo


Os retos do rei Carlos III tras a súa coroación

06/05/2023 14:58

O monarca enfróntase a xestionar as disputas familiares, intentar reverter a desafección da xente nova coa monarquía e modernizar a institución

Entre os desafíos están tamén a de manter a unión do Reino Unido, mellorar as relacións coa UE e a pervivencia da Commonwealth



Todo a punto no Reino Unido para a cerimonia de coroación de Carlos III

05/05/2023 14:46

Os actos comezan esta tarde cunha recepción ás casas reais chegadas de todo o mundo

Categorías:  Mundo   Política

Meghan Markle non irá á coroación do seu sogro Carlos de Inglaterra

12/04/2023 20:26

"A duquesa de Sussex quedará en California co príncipe Archie e a princesa Lilibet", comunicou o Palacio de Buckingham


Iberdrola instalará 95 aereoxeradores en Inglaterra, no segundo maior parque mariño do mundo

30/03/2023 10:41

Asina un contrato co Reino Unido de 1,5 millóns de euros

Os muíños de Siemens Gamesa subministrarán enerxía a 1,3 millóns de fogares británicos


Gary Lineker é o presentador mellor pagado da BBC

Lineker deixa de presentar na BBC ata que pacten o seu uso das redes sociais

11/03/2023 09:26

O exfutbolista criticara en Twitter o proxecto de lei contra a inmigración ilegal presentado pola ministra Braverman


O príncipe Eduardo do Reino Unido recibe o título de duque de Edimburgo

10/03/2023 11:29

Eduardo gozarao de maneira vitalicia, e á súa morte volverá á Coroa

Categorías:  Mundo   Vida

O Goberno británico expulsará os sen papeis e prohibiralles regresar ao Reino Unido

07/03/2023 08:59

As persoas que entren ilegalmente no país non terán dereito a solicitar asilo político

O proxecto de lei será presentado este martes no Parlamento 


A UE e o Reino Unido alcanzan un acordo sobre Irlanda do Norte

27/02/2023 16:15

Elimínanse os controis fronteirizos entre Irlanda do Norte e Gran Bretaña para os bens destinados só á provincia británica

O Parlamento autónomo de Belfast poderá aplicar "un freo de emerxencia fronte a calquera cambio nas normas que introduza a Unión Europea

O primeiro ministro británico, Rishi Sunak, avanza que someterá o pacto a votación no Parlamento


A presidenta da CE, Ursula Von der Layen, e o primeiro ministro do Reino Unido Rishi Sunak nun encontro en novembro de 2022

O Reino Unido e Bruxelas, a punto de pechar un novo acordo para Irlanda do Norte

26/02/2023 21:54

A presidenta da Comisión Europea viaxa a Londres este luns para reunirse co primeiro ministro británico, que se prepara para o desafío dos euroescépticos conservadores

Von der Leyen e Sunak acordaron traballar en persoa para "lograr solucións compartidas e prácticas" no protocolo irlandés


O ministro británico asiste en Múnic á Conferencia de Seguridade

Wallace: "Pasará bastante tempo ata entregar avións de combate a Ucraína"

18/02/2023 09:41

O ministro de Defensa do Reino Unido recoñece que non vai ser unha realidade nos vindeiros seis meses


Johnson di que Putin o ameazou cun ataque con mísiles que "só levaría un minuto"

30/01/2023 12:24

Moscova nega esas ameazas e di que ou ben Boris Johnson mente intencionadamente ou non entendeu o que lle dicía Vladimir Putin


Nadhim Zahawi é un refuxiado iraquí que chegou ao Reino Unido fuxindo de Saddam Hussein

Sunak destitúe o presidente do Partido Conservador e ministro Nadhim Zahawi

29/01/2023 20:17

Segundo o líder británico, o dirixente destituído violou o código ético do Goberno

Categorías:  Mundo   Política

David Carrick confesou que retivo e vexou 12 mulleres entre 2003 e 2020

Un axente de Scotland Yard confesa que cometeu 49 agresións sexuais

17/01/2023 09:37

A policía británica sospeita que puido cometer 70 agresións e violacións durante 18 anos


A biografía do príncipe Henrique bate récord de vendas no seu primeiro día

10/01/2023 19:50

No libro destapa numerosas intimidades da familia real británica, como as pelexas co seu irmán

Categorías:  Mundo   Sociedade   Vida
Etiquetas:  O REINO UNIDO

As memorias do duque de Sussex ameazan con toldar a coroación de Carlos III

07/01/2023 19:46

A prensa británica segue difundindo titulares do libro que se publica o martes

Din que fala da frialdade do pai, de consumo de drogas ou da súa perda da virxindade

Tamén dá conta das pelexas entre irmáns ou da súa actuación en Afganistán

Publicidade
Publicidade
— 40 Resultados por páxina
Mostrando o intervalo 1 - 40 de 204 resultados.