Novas
Igrexia Cat��lica

Carlos Carvalhal "Sacamos un once moi ofensivo. Corrimos riscos pero saíu ben"
05/02/2023 10:33
O técnico do RC Celta atendeu ao Galicia en Goles na zona mixta do Benito Villamarín

Blanca Paloma representará a España en Eurovisión 2023 tras gañar o Benidorm Fest
05/02/2023 10:26
A súa canción "Eaea" acadou 169 puntos: 94 do xurado, 35 do xurado demoscópico e 40 do televoto
Asegura que "irá a por todas" convencida de que a súa proposta flamenca conquistará Europa

#CiberEsther Non digas *Bulo #DígochoEu
05/02/2023 10:00

Crime do Ceao en Lugo: O sumario máis antigo de España chega a xuízo case 30 anos despois
05/02/2023 09:58
As sesións polo dobre asasinato do Cash Record que comezan este luns celebraranse conforme á lexislación de 1994 polo que non haberá xurado popular
O único acusado, Manuel Juan V. C., hostaleiro residente en Burgos, senta no banco case tres décadas despois polo asasinato de dous empregados dunha nave do polígono do Ceao
O fiscal non presenta cargos porque non ve indicios suficientes

A China protesta pola reacción esaxerada dos EUA ao abater o globo espía
05/02/2023 09:01
Insiste en que a aeronave era de carácter civil e di que considerará "o seu dereito de dar as respostas necesarias"
O Departamento de Defensa dos EUA asegura que "buscaba monitorear sitios militares sensibles"

Buscan un home de 41 anos desaparecido dende o luns na Coruña
05/02/2023 08:47
De complexión grosa, mide 1,62 metros de estatura, ten o pelo negro, ollos castaños e unha cicatriz na cara

Ferido grave un mozo acoitelado por un grupo de adolescentes na Coruña
05/02/2023 08:41
Recibiu unha coitelada á altura do estómago na praza de Pontevedra

Juan Manuel Vieites: "O sentidiño debería reinar coa decisión xurídica sobre Ence"
05/02/2023 07:54
O presidente da patronal galega di agardar que "o impacto socioeconómico que ten Ence en Galicia non se vexa prexudicado por unha decisión administrativa
Vieites afeálle ao Goberno a suba do SMI sen contar cos empresarios por intereses electoralistas
Admite preocupación polos ataques dende o Goberno a certos empresarios

05/02/2023 00:01
