Novas
Helic��ptero

Samuel Merino: "Estar no limiar ábreche moitas portas, é un lugar de privilexio"
10/12/2023 11:30
"Claustro, Corda, Comensal" é o novo poemario de Samuel Merino editado por Xerais
Son tres voces reunidas neste libro que, falan dun lugar (dentro) separado doutro(fora) por nada máis que unha porta
O autor sitúa as escenas do libro no Hospital Psiquiátrico de Conxo

Morre unha muller atropelada na estrada entre Xinzo e Vilar de Barrio
10/12/2023 11:27
Ocorreu no lugar de Morgade pasadas as nove da mañá

Ethel Vázquez: "Pedímoslle ao Goberno un xiro de 180 graos na política de infraestruturas"
10/12/2023 10:12
A conselleira de Infraestruturas pídelle ao Ministerio de Transportes o levantamento da peaxe da AP-53
Aponlle ao BNG que renunciara a pedir a transferencia da AP-9 e agarda que Gómez Besteiro non sexa "comparsa do Goberno"

10/12/2023 10:00

Segundo día de loito en Marín polos dous menores falecidos en accidente
10/12/2023 09:47
A Policía Local de Marín apunta a un exceso de velocidade como causa do sinistro

Israel segue coa súa ofensiva en Gaza e ataca máis de 250 obxectivos en 24 horas
10/12/2023 09:39
A ONU denuncia novos ataques contra instalacións humanitarias

O rei Carlos Gustavo de Suecia entrega este domingo os Premios Nobel
10/12/2023 08:37
O Nobel da Paz, que este ano corresponde á activista iraniana Narges Mohammadi, entregarase nunha cerimonia en Oslo


09/12/2023 23:49
Un gol salvador de Larin e moita polémica sacan o Mallorca do pozo

Continúa a humidade e as temperaturas altas
09/12/2023 22:00

O Celta Fortuna gaña e ponse líder (2-0)
09/12/2023 21:56
Os dous tantos de Alfon foron suficientes para que os galegos conseguisen a vitoria

O filme español "Robot Dreams", de Pablo Berger, a mellor animación europea
09/12/2023 21:47
Coixet foi recoñecida pola súa contribución ao cinema mundial e a francesa Anatomy of a Fall arrasou en catro categorías

A casa dos 400 papás Noel está en Oleiros
09/12/2023 21:39
Fátima Ucieda abre a súa colección durante o Nadal para recadar fondos para Cáritas

A derruba dun muro nun camposanto de Barreiros deixa á vista ataúdes e ósos
09/12/2023 21:15
A veciñanza reclama o traslado do cemiterio, que está cheo de fendas

O Ensino vence ao Baxi Ferrol nun derbi con moito sufrimento (67-69)
09/12/2023 21:03
O equipo ferrolán tivo a opción de gañar o partido no último lanzamento

Derrota do Celta Zorka en Navia (77-82)
09/12/2023 21:01
As galegas chegaron a estar por diante no terceiro cuarto pero non foi suficente

Filipe VI viaxa á Arxentina e reúnese con Javier Milei
09/12/2023 20:48
O monarca vai representar a España este domingo na cerimonia de toma de posesión do dirixente ultraliberal

09/12/2023 20:48
O equipo local resiste máis de media hora cun xogador menos

09/12/2023 20:42
Os de Imanol non deron opción ao rival, pero perden a Brais Méndez por lesión

Aprehendidas tres toneladas e media de cocaína en dúas operacións nas Canarias
09/12/2023 20:35
A Policía incautouse dunha tonelada desta droga nun chalé de Tenerife
Abordaron en mar aberto unha embarcación con dúas toneladas e media

Sánchez reivindica en Berlín os principios socialistas ante un futuro "incerto"
09/12/2023 20:31
O presidente do Goberno reuniuse co chanceler, Olaf Scholz, e participou no Congreso do Partido Socialdemócrata de Alemaña
Coas eleccións europeas de fondo, advertiu do "dilema existencial" de Europa "entre progreso ou extrema dereita"

O Breogán asalta Bilbao pero segue en postos de descenso (68-76)
09/12/2023 20:13
Os lucenses chegaron a perder de 13 puntos no primeiro cuarto
Anderson foi o máximo anotador do conxunto galego con 15 puntos

Europa quere que o Cumio do Clima fixe datas para a fin dos combustibles fósiles
09/12/2023 20:05
A ministra Teresa Ribera cualifica de vago o documento consensuado ata o momento

Aldealista, unha aplicación móbil que está a encher de vida as aldeas
09/12/2023 20:03
Un veciño da aldea de Castiñeiro puxo en marcha esta iniciativa e desde a pandemia xa se censaron sete novos habitantes

Acoitelan unha muller sen motivo aparente en Barcelona
09/12/2023 19:23
A vítima, que está grave, saía dun restaurante onde ceara cunhas amigas
Os Mossos buscan o agresor, que lle cravou un obxecto punzante no peito e fuxiu

09/12/2023 18:27
Un balón ao poste de Isco a piques estivo de darlle a vitoria o conxunto local

09/12/2023 18:22
O conxunto local remonta e segue na loita polo ascenso directo

O Deportivo Liceo volve á senda da vitoria ante o Alcoi (2-1)
09/12/2023 17:34
Os de Juan Copa venceron con sufrimento no Pazo dos Deportes

Reparto de puntos no derbi da 2ºRFEF
09/12/2023 17:18
Ourense e Pontevedra empataron nun partido sen moito brillo
Os locais seguen líderes e os pontevedreses segundos, a expensas do que faga o Zamora
.png)
Todos os trens de Santiago a Madrid están completos para este domingo
09/12/2023 17:17
O corredor do Eixo Atlántico aumentou nun 23 % os usuarios que tiña antes da pandemia

09/12/2023 16:27
Os canarios acadan tres puntos de ouro con protagonismo do VAR

O tirón das luces de Vigo no turismo galego
09/12/2023 16:18
Vigo é un dos lugares que está case ao completo. O efecto das luces volve deixar cifras importantes de ocupación, máis do 90 %. Pero dese tirón benefícianse boa parte dos concellos da contorna
Aseguran que hai uns anos por estas mesmas datas o sector non chegaba ao 30 % e agora decembro conságrase como un dos mellores meses do ano despois dos do verán

Temperaturas de 20ºC na costa norte
09/12/2023 15:58

'Hábitats. Natureza estendida': tocar unha leoa, estar no fondo do mar ou abrir o teito do museo
09/12/2023 15:30
É unha experiencia sensorial inmersiva accesible a partir dos 9 anos de idade
Permanecerá aberta no Museo Centro Gaiás ata o 19 de maio de 2024

Galicia rexistrou dez terremotos no que vai de decembro, dous deles con magnitude superior a 3
09/12/2023 15:30
Os xeólogos din que non é motivo de alarma, pero advirten que a comunidade está entre as que teñen un risco sísmico moderado
Ata o de agora, ningún tremor superou os 5,1 graos do de Triacastela, no ano 1.997

Os homes que fixeron posible a Constitución española hai 45 anos
09/12/2023 15:30
Reconstruímos o proceso cos relatores da Carta Magna

Tellado cuestiona que Sánchez queira pactar co PP ao estar "amordazado" polos socios
09/12/2023 15:00
O voceiro do Grupo Popular no Congreso confirma que Núñez Feijóo acudirá a unha reunión se Pedro Sánchez o convoca

Bolaños insta o PP a que saia dunha oposición "destrutiva"
09/12/2023 14:55
O ministro de Presidencia empraza o Partido Popular a dialogar co Goberno nunha comisión de traballo

Programados máis de 300 voos nos aeroportos galegos esta fin de semana
09/12/2023 14:52
Máis da metade dos voos con saída e chegada a Galicia nesta fin de semana operan desde o aeroporto de Santiago
O aeroporto de Santiago-Rosalía de Castro superou en novembro a súa marca anual de pasaxeiros, con máis de 3,2 millóns

Dépor, Lugo e Arenteiro, na procura de seguir escalando postos na táboa
09/12/2023 14:51
Os tres equipo galegos chegan nunha boa dinámica