Novas
Ebau

O PSOE aspira captar votos de Sumar e Podemos nas próximas xerais
01/06/2023 14:59
A voceira do Goberno, a socialista Isabel Rodríguez, pide concentrar o voto de esquerdas no PSOE

A maior feira de argalleiros do mundo está no Gaiás
01/06/2023 14:50
A Maker Faire de Galicia é un encontro internacional de inventores que presenta esta ano máis de 70 proxectos

A candidata socialista de Navarra, María Chivite, pecha a porta a un acordo con EH-Bildu
01/06/2023 14:48
Comezan as conversas para reeditar o tripartito con Geroa Bai e Adiante Navarra

A patronal e os sindicatos do metal de Lugo acadan un principio de acordo
01/06/2023 14:42
Os traballadores decidirán este venres en asemblea se aceptan a proposta de acordo

As treboadas dos últimos días anegan terras de cultivo na comarca da Limia
01/06/2023 14:26
Non é posible quitar as malas herbas ou aplicar herbicidas e funxicidas, nin sequera en moitos casos poden acceder coa maquinaria ás leiras

Alertan de que se está a vender como galego aceite de fóra
01/06/2023 14:13
A Asociación de Produtores de Aceite e Aceituna de Galicia denuncian que xogan coa etiquetaxe para enganar o consumidor

Os tripulantes do narcoveleiro da Guarda sinalan a Carlos Silla como cerebro da operación
01/06/2023 14:08
O patrón do Benirrás relata no xuízo como foi a travesía polo Atlántico para recoller a droga no Brasil e traela a Galicia
Os nove detidos pola operación Lince están acusados de tentar introducir 4 toneladas de cocaína pola ría de Arousa en 2020

Unai Núñez: "A reacción da afección é unha pasada"
01/06/2023 14:05
Destacou a importancia de Aspas para o equipo

A praga do verme gris ameaza o millo
01/06/2023 14:01
Só en Mazaricos houbo que resementar cen hectáreas, pero pode estar en toda Galicia
A seca favoreceu a proliferación do verme, que mata a planta en cuestión de días

BNG e PSOE pactan facer a Goretti Sanmartín alcaldesa de Santiago
01/06/2023 13:59
Os socialistas aínda non decidiron se entrarán no Goberno do concello facendo coalición cos nacionalistas
A candidata do BNG é partidaria de ter un acordo pechado cun grupo “amplo e estable”
Desde as filas socialistas lamentan as présas e non descartan que a decisión de entrar no goberno municipal se tome despois da investidura