Novas
%ef%bf%bd%ef%bf%bdrbores
Novo motín nun cárcere do Ecuador do que escapa o narcotraficante 'Fito'
28/03/2024 09:08
O Goberno di que a situación xa está controlada pero durante unhas horas os presos tomaron o control da prisión, con disturbios, e mesmo houbo un incendio
Protestaban polo trato recibido dende que as Forzas Armadas entraron nas prisións para controlar ás bandas criminais
Putin tacha de "total disparate" as declaracións acerca de que Rusia quere atacar Europa
28/03/2024 08:29
Segundo o presidente ruso, tratan de "intimidar" á poboación
Asegura que é unha "bobada" pensar que van combater coa OTAN, dado que o gasto militar de Occidente é moi superior ao ruso
Advirte de que os cazas F-16 que se enviarán a Ucraína serán considerados obxectivos independentemento do lugar desde onde operen
Toda a costa galega continúa en aviso laranxa por mar combinado
28/03/2024 08:00
Os avisos meteorolóxicos seguen activos un día máis
27/03/2024 22:00
O mosteiro de Oseira contabilizou 24.000 visitas en 2023 e as cifras medran ano tras ano
27/03/2024 21:50
A hospedería do convento está completa ata setembro
Antes da pandemia, o mosteiro era visitado por 19.000 persoas ao ano
A obra do mítico fotoperiodista Bernardo Pérez recala en Ferrol
27/03/2024 21:46
Traballa no diario El País dende a súa fundación e tirou instantáneas por todo o mundo
Falamos con el percorrendo a mostra, que permanece aberta no Centro Torrente Ballester ata o 7 de abril
A innovación é o selo da XXXI edición da Mostra do Encaixe de Camariñas
27/03/2024 21:14
Á inauguración asistiu a vicepresidenta do Goberno, Yolanda Díaz
Podemos non se presentará ás eleccións de Cataluña e culpan aos 'comúns'
27/03/2024 21:05
Desde a dirección morada defenden que actúan con responsabilidade para evitar dividir o voto na esquerda
Rompe a confluencia entre ambas formacións que se xestou desde as eleccións xerais de 2015 e que se mantivo de forma estable ata agora
O Falcon que levaba a Sánchez a Doñana tivo que voltar á base por un problema técnico
27/03/2024 20:52
Un fallo técnico obrigou a dar a volta ata a Base Aérea de Torrexón de Ardoz onde esperaba outro avión para reemprender a viaxe
A chuvia e o vento obrigan a suspender tres procesións en Ferrol
27/03/2024 20:17
Analizan a caixa negra e interrogan a tripulación do cargueiro que derrubou a ponte en Baltimore
27/03/2024 20:09
As seis vítimas mortais do sinistro son inmigrantes mexicanos e centroamericanos
O impacto económico do bloqueo do porto afectará a economía dos EUA
O temporal Nelson deixou en Galicia máis de 160 incidencias e refachos de ata 154 km a hora
27/03/2024 20:01
Este xoves todo o litoral galego vai permanecer en aviso laranxa con fortes refachos de vento e ondas de entre cinco e sete metros
Nelsón deixa un duro temporal marítimo en Galicia
27/03/2024 20:00
Unha emprendedora mantén activo o muíño artesán de Cospeito
27/03/2024 19:48
O enxeño funciona exclusivamente coas augas do río Anllo
A rapaza decidiu dar o paso ante a xubilación das anteriores muiñeiras
Atopan dúas fallas activas na Palma que impulsaron a erupción do Tajogaite
27/03/2024 19:28
Teñen o potencial de provocar terremotos moderados e crese que tamén son responsables da erupción do volcán de San Juan, en 1948
Morre un traballador nunha explosión dunha empresa de pirotecnia en Cangas de Narcea
27/03/2024 19:11
O home estaba facendo un preparado de pólvora nunha caseta da empresa cando se produciu unha explosión
O desxeo polar ralentiza a rotación terrestre e afecta ao Tempo Universal Coordinado
27/03/2024 18:50
Isto agrega un elemento á discusión sobre como sincronizar os reloxos atómicos coa rotación do planeta
Para axustar ambos os reloxos foi necesario, en varias ocasións desde 1972, engadir un segundo intercalar: facer que un minuto en concreto dure 61 segundos
O risco de inundación durante a preamar obriga a cortar a autovía de Marín
27/03/2024 18:41
A autovía xa se inundou varias veces durante os temporais dende a rotonda de Ence ata Os Praceres
Sector turístico e Xunta confían en chegar a unha ocupación do 80% esta Semana Santa
27/03/2024 18:34
Alfonso Rueda visitou a Casa Museo Valle-Inclán, que acaba de abrir ao público tras a rehabilitación
O centrodereita e os socialistas pactan unha presidencia rotatoria do Parlamento luso
27/03/2024 16:38
A coalición de centrodereita gañadora das eleccións gobernará o país sen o apoio da ultradereita
Parreño non fai números: "Non nos centramos en facer as contas da leiteira"
27/03/2024 16:34
Lucas Pérez segue adestrándose á marxe do grupo
Mella volverá mañá aos adestramentos
As vilas galegas intentarán manter as procesións de Semana Santa a pesar do tempo
27/03/2024 16:24
Vigo anunciou nas últimas horas que suspende as procesións do Xoves e Venres Santo
As confrarías poñen anuncios buscando portadores para os pasos de Semana Santa
27/03/2024 16:16
Algunhas mesmo están acudindo a empresas de traballo temporal para atopar persoal
Nelson deixa un auténtico temporal de inverno nesta Semana Santa
27/03/2024 16:08
O Banco de España combate a fraude dos billetes falsos en Santiago con cursos formativos
27/03/2024 16:06
A formación sobre a prevención da fraude céntrase na hostalería e no comercio
A colleita do 2003 do Celta chega para quedar no primeiro equipo
27/03/2024 15:43
Hugo Sotelo, Hugo Álvarez, Miguel e Damián son catro que con 20 anos xa teñen minutos co primeiro equipo
Concepción Cascajosa, nova presidenta interina de RTVE
27/03/2024 15:38
En principio estará no cargo durante seis meses
Brais Martínez: "O vestiario pensa en chegar canto antes aos 50 puntos"
27/03/2024 15:27
Di que o empate en Albacete lle deixou un sabor "agridoce"
Feijóo apoia a Alejandro Fernández e pídelle "unir o constitucionalismo" en Cataluña
27/03/2024 15:03
Junts + Puigdemont per Catalunya será o nome da candidatura liderada polo expresidente
O PSOE insiste en que non vai permitir ningún referendo de autodeterminación
A Fiscalía pide 2 anos e medio de prisión para Rubiales por agresión sexual a Jenni Hermoso
27/03/2024 14:59
O Ministerio Fiscal trasladou á Audiencia Nacional o seu escrito de conclusións provisionais no que tamén pide condenas para outros tres responsables federativos
De Mozambique a Ourense para formarse como anestesista
27/03/2024 14:51
Unha médica residente estivo seis meses aprendendo diferentes técnicas no CHUO grazas a un programa de intercambio formativo da Axencia Española de Cooperación Internacional
Os enxeñeiros cuestionan a falta de protección dos piares da ponte de Baltimore
27/03/2024 14:47
Os expertos apuntan tamén a carencia de remolcadores para o apoio nas manobras portuarias
O lume no Ceao deixa danos millonarios e máis dúbidas sobre a capacidade da rede de augas
27/03/2024 14:40
O Concello defende que quedou demostrado durante a extinción que a presión foi suficiente
Os investigadores traballan para determinar a orixe do lume
O temporal pon en alerta practicamente a todas as comunidades españolas
27/03/2024 14:37
A neve convértese nun plan turístico e de lecer na serra de Madrid
A suba dos carburantes encarece as viaxes durante a Semana Santa
27/03/2024 14:34
Os prezos acumulan xa dous meses e medio de incremento no caso do gasóleo e tres na gasolina
Rouban nunha xoiería de Santiago rompendo o cristal de seguridade coa tapa dun sumidoiro
27/03/2024 14:28
Levaron 19 pezas de ouro e pedras preciosas e perderon un colar na fuxida
Os comerciante da zona monumental piden máis vixilancia policial polas noites
Balance negativo en Rianxo no último día da campaña da voandeira
27/03/2024 14:25
Remata con 90.000 quilos menos que o ano pasado e con capturas máis ben pequenas
Rexistran unhas perdas de facturación de case o 70 %
Beade volve instalar o monumento de Semana Santa na igrexa 20 anos despois
27/03/2024 14:19
É unha peza única que dende o século XVIII se instalaba na igrexa de Santa María de Beade para explicar en Semana Santa a Paixón de Cristo, con escenas pintadas en madeira e tea
Fai 30 anos da liberación da farmacéutica de Olot
27/03/2024 14:18
Foi o secuestro da delincuencia común máis longo da historia de España
A borrasca Nelson deixa vento, chuvia e aviso laranxa en todo o litoral galego
27/03/2024 14:12
Galicia rexistra refachos de ata 120 quilómetros por hora
Chove sobre todo en Pontevedra e en Ourense, e hai neve por riba dos 800 metros
O mal tempo provocou a cancelación de reservas en toda Galicia