Novas
Contido con Xeográficas .
Ourense

Afogado no Miño: "O amigo de Alassane deu a volta para sacalo, pero non puido"
06/07/2022 17:00
Mergulladores dos GEO da Policía Nacional prevén baixar á zona onde afogou para intentar recuperar o corpo

Ana Pontón pide o apoio para o candidato do BNG á alcaldía de Ourense
06/07/2022 16:57
Luís Seara concorrerá pola formación nacionalista ás municipais de 2023

O líder do PSdeG reclama que os eólicos teñan en conta as explotacións gandeiras
06/07/2022 16:43
Valentín González Formoso visitou este mércores as instalacións de Coren

A Festa do Polbo do Carballiño, declarada de Interese Turístico Internacional
06/07/2022 12:28
A festa gastronómica estreará este recoñecemento o próximo mes de agosto, cando celebren a súa 60 edición

Os GEO súmanse á busca do mozo afogado en Ourense no encoro de Velle
06/07/2022 10:31
O rapaz, duns 20 anos, afundiu cando nadaba cun amigo
O seu corpo estaba localizado á última hora da tarde deste martes, pero debido á profundidade da zona non se podía acceder a el

Este mércores retomarase a busca dun mozo afogado preto da presa de Velle, en Ourense
05/07/2022 20:05
Os bombeiros pediron que se baleirase parte do encoro de Velle para rescatar o corpo

Agricultores e gandeiros piden un plan de choque contra a suba dos prezos
05/07/2022 16:34
Din que non poden cubrir os custos de produción, e están vendendo a perdas

As forzas de seguridade e os servizos de emerxencia comparten xornada cos cativos
05/07/2022 14:34
Axentes da Garda Civil, da Policía Nacional, os bombeiros e os servizos de urxencia contáronlles aos cativos de San Cibrao das Viñas cal é o seu xeito de traballar e transmitíronlles unha mensaxe: que poden contar con eles en calquera circunstancia

O encoro de Cachamuíña tínguese de verde por un afloramento de cianobacterias
05/07/2022 10:21
A Confederación Hifrográfica está a realizar análises e o concello do Pereiro de Aguiar aclara que a captación de auga da traída non se fai neste encoro