Dous goles de Álvaro Giménez na prórroga resolven a prol do Racing

Sabin adiantou o equipo galego pero Marco Tulio sorprendeu igualando no 70

Héber, Carlos Vicente e Álvaro entraron e decidiron o partido

G24.gal 01/11/2023 22:30

Despois de moitos anos, o Racing conseguiu pasar unha eliminatoria da Copa do Rei. Derrotou por 1-3 o Marbella pero tivo que agardar á prórroga para conseguir a clasificación. 

Os locais foron un conxunto bulideiro que puxo en certos problemas o Rácing. Pero os de Parralo, sempre serios no seu traballo, adiantáronse xusto antes do descanso cun gol de Sabin Merino. 

Estivo moi preto o equipo verde de marcar o segundo en varias xogadas, pero foi o da Segunda Federación o que logrou o empate nun dos poucos achegamentos do segundo tempo grazas a un tanto de Marco Tulio. 

O partido tivo que ir á prórroga e aí os trocos decidiron. No Racing entraron frescos Carlos Vicente, Héber e Álvaro Giménez, e a súa asociación decidiu. Héber e Carlos Vicente asistindo e Giménez marcando no 103 e no 116.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos