Publicador de contidos

Publicador de contidos

Sucesos

Salvan un home no Grove que se precipitou ao mar cunha furgoneta roubada

27/03/2024 14:10

O home foi trasladado ao hospital de Montecelo con síntomas de hipotermia

A Garda Civil abriu unha investigación para aclarar este sinistro

Etiquetas:  ROUBOS

Alarma polo mal estado dun inmoble na Coruña, do que xa caeron pezas da fachada

27/03/2024 13:48

A zona leva dúas semanas acoutada pola policía

Os residentes temen que co mal tempo destes días poidan producirse máis desprendementos

Etiquetas:  VIVENDA

25 detidos, 4 deles funcionarios, por unha fraude millonaria con prestacións do paro

27/03/2024 13:27

A trama estaba integrada por funcionarios, empregados de banca e xestores administrativos

Os funcionarios son tres da Comunidade de Madrid e outro, do SEPE


Nacho Vidal nunha imaxe de arquivo (Europa Press/A. Pérez Meca)

Ordenan procesar a Nacho Vidal pola morte dun fotógrafo nun ritual con veleno de sapo

27/03/2024 12:41

A Audiencia de Valencia decide revogar o sobreseemento do caso e sinala o actor de cine porno como o "director do rito" e atribúelle un "coñecemento especial sobre esta clase de cerimonias"


Detida unha muller por agredir presuntamente a súa parella e ameazalo de morte cun arpón

27/03/2024 10:24

O home, de 49 anos de idade, foi trasladado en ambulancia ao hospital para ser tratado das súas feridas, mentres que a muller foi detida como presunta autora dun delito de violencia no ámbito familiar


Detidas tres persoas por un accidente laboral en que morreu un traballador o pasado febreiro en Carballo

27/03/2024 08:53

O home carecía da protección adecuada e do permiso legal para traballar en España

A vítima precipitárase ao baleiro desde unha carretilla elevadora

Os detidos, responsables de dúas empresas, quedaron en liberdade despois de declararen


Lugar en que apareceu o coche queimado coa vítima dentro

Confirman a pena de 14 anos e medio de prisión por matar e queimar un veciño de Toques

26/03/2024 21:14

A defensa do home recorrera a sentenza alegando vulneración da presunción de inocencia

Categorías:  Toques   Galicia   Sucesos
Etiquetas:  ASASINATO

Rouban 50 tapas de sumidoiro en Mos cun valor que roza os tres mil euros

26/03/2024 21:05

Os ladróns actuaron durante tres noites en catro zonas distintas

Ademais das tapas de pluviais e saneamento, subtraeron reixas das quenllas dunha empresa

Etiquetas:  ROUBOS

Dan por controlado o incendio que arrasou unha nave en Lugo e deixou dous feridos

26/03/2024 16:48

A Xunta desactivou o Plan Territorial de Emerxencias de Galicia (Platerga), que se activou no nivel 1 para poder mobilizar medios máis alá da área de referencia do concello de Lugo


Ponte colapsada en Baltimore Foto e Directo Reuters

Dan por mortas as seis persoas desaparecidas no colapso da ponte de Baltimore

26/03/2024 16:18

Suspéndese a busca das 6 persoas desaparecidas tras o colapso da ponte, todos traballadores de mantemento da infraestrutura

 Unha inspección o pasado xuño no porto chileno de San Antonio atopou problemas na propulsión e a maquinaria auxiliar do cargueiro

Categorías:  Mundo   Sociedade   Sucesos
Etiquetas:  OS EUA
Publicidade
Publicidade