Saúde

O CHUAC estuda se o antiviral de Pfizer pode evitar contaxios
24/01/2022 14:53
Foron os primeiros en España en probar este uso e o resultado preliminar é satisfactorio
O paciente fora contacto directo dun positivo e non desenvolveu a infección despois de tomar o tratamento

Galicia estrea o reforzo vacinal para o grupo de entre 18 e 29 anos
24/01/2022 14:27
O 64 % dos que conforman o grupo de 30 a 39 anos de idade recibiron a terceira dose
.png)
Vigo é a área de toda Galicia onde máis descenden os casos activos
24/01/2022 14:13
A cara e a cruz da pandemia na área de Vigo
Nun mesmo día curaron 1.370 persoas pero diagnósticáronse 1.058 positivos máis

Varios países europeos suavizan as restricións impostas pola expansión de ómicron
24/01/2022 08:11
Francia, Dinamarca ou Reino Unido eliminaron algunhas das limitacións sociais que reforzaron a finais de 2021

Disturbios e uns setenta detidos en Bruxelas tras unha manifestación contra as restricións
24/01/2022 08:04
Os enfrontamentos comezaron cando os asistentes se negaron a marchar
A policía usou canóns de auga e gases lacrimóxenos para dispersar os negacionistas

Varias comunidades habilitan a alta automática tras a avalancha de baixas por covid
23/01/2022 22:18
Galicia aprobou, o 13 de xaneiro, a tramitación da alta automática aos sete días

Feijóo avanza que o protocolo para o Entroido será máis laxo ca o do Nadal
23/01/2022 20:44
O presidente da Xunta insiste en non dar por rematada a pandemia e en seguir progresando na vacinación
Núñez Feijóo tamén pon o foco na situación económica e laboral xerada pola covid–19
O titular da Xunta defende a necesidade de manter o certificado COVID

Volven os tests de antíxenos de balde nas áreas sanitarias galegas
23/01/2022 20:19
Reactívanse os 32 puntos habilitados para realizar as probas de antíxenos
Na área sanitaria de Ourense comezaron este domingo e continuarán ata o vindeiro 28 pola tarde, de 15.30 a 20.30 horas
Poden acudir sen cita previa ao Espazo Xove, na cidade e nos hospitais comarcais de Verín e O Barco de Valdeorras

Sánchez insiste na unidade de Europa para resolver a crise de Ucraína
23/01/2022 19:23
O presidente do Goberno contactou coa presidenta da Comisión Europea e o secretario xeral da OTAN

Graves disturbios nunha manifestación en Bruxelas contra as restricións sanitarias
23/01/2022 18:46
A policía cifra en 50.000 os asistentes á protesta contras as medidas anticovid