Saúde

Comesaña: "Os casos de ingreso directo en UCI son de mozos non vacinados"
29/11/2021 14:29
A comunidade autónoma encadea tres días seguidos de aumento das hospitalizacións: hai 140 pacientes ingresados
Sanidade advirte do ingreso directo en UCI de persoas novas non vacinadas

Detectados trece casos covid da variante ómicron en Portugal
29/11/2021 10:10
Trátase de trece xogadores do equipo de fútbol dos Belenenses
Hai polémica en Portugal pola disputa do partido co Benfica malia coñecerse o gromo
.png)
Os viaxeiros de países de alto risco teñen que gardar corentena ao chegar a España
29/11/2021 09:31
O Boletín Oficial do Estado publica este luns a orde do Ministerio de Sanidade pola que se impón esta medida restritiva
O Goberno di que non hai casos confirmados da nova variante en España

A incidencia segue en aumento en España, con 178 casos por cada 100.000 habitantes
29/11/2021 08:08
Moitas comunidades autónomas están usando o pasaporte COVID para tratar de controlar a pandemia
Euskadi e Navarra son as comunidades con máis risco
.png)
A variante ómicron expándese: Israel e Marrocos pechan as súas fronteiras
29/11/2021 07:57
O Goberno de Boris Johnson convocou para hoxe unha reunión urxente de ministros de Sanidade do G7
Os Estados Unidos impoñen desde hoxe novas restricións aos que estivesen nos últimos 14 días en oito países africanos

O Reino Unido convoca de urxencia o G7 o luns para tratar a variante ómicron
28/11/2021 20:55
Suráfrica esixe a anulación "urxente" das restricións de viaxe que critica a OMS
A nova variante do virus avanza por Europa

Máis de 150 españois tratan de saír dos países afectados polo peche de fronteiras
28/11/2021 20:30
Dous vascos varados en Mozambique ilustran a odisea

Nova York declara a emerxencia ante a nova variante da covid
28/11/2021 18:53
O goberno federal suspendeu os voos desde o sur de África
Piden aos cidadáns que leven máscara e que se vacinen canto antes

Milleiros de persoas piden en Valdeorras unha sanidade "digna e pública"
28/11/2021 18:23
Reclaman máis medios para o hospital comarcal e a recuperación de servizos
O Sergas demanda a convocatoria de máis prazas MIR para cubrir vacantes

Israel, o primeiro país que pecha as fronteiras ante a variante ómicron
28/11/2021 17:37
Prohibe a entrada de estranxeiros para evitar contaxios
As restricións internas afectan á festividade da Hanuka, unha das máis relevantes do calendario xudeu que arranca este domingo