Saúde

A Xunta destina 4,8 millóns á renovación de equipos do CHUO

26/12/2024 13:32

O conselleiro de Sanidade di que suporán "un antes e un despois" no diagnóstico das enfermidades dixestivas da área sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras


A Axencia galega de Doazón de Sangue fai un chamamento para que a xente acuda doar

21/12/2024 20:37

Nestas datas de Nadal fan falta reservas, principalmente, dos grupos B positivo, 0 negativo e A negativo

Por toda Galicia hai cada día 10 unidades móbiles nas que poder doar e sete locais permanentes de doazón das principais cidades galegas

Para atender os pacientes nos hospitais precísanse unhas 500 doazóns diarias


Alertan do aumento da miopía entre os cativos por abuso de móbiles e tabletas en idades temperás

19/12/2024 20:45

Os expertos sinalan que vivimos unha "pandemia de miopía" e en nenos cada vez de menor idade

Oftalmólogos e optometristas desaconsellan as pantallas antes dos sete anos e os xoguetes con luces ou sons estridentes

Á hora de mercar xoguetes neste Nadal, recomendan os interactivos e os que fomentan unha aprendizaxe divertida



Imaxe de arquivo / EP

Sanidade investirá 48 millóns en anteollos e lentes de contacto para quen máis o necesite

18/12/2024 19:37

Este sistema de axudas directas está deseñado para eliminar trabas burocráticas e facilitar o acceso

Outra iniciativa é a de facilitar o acceso a preservativos gratuítos aos máis novos para frear o avance das infeccións de transmisión sexual (ITS) detectado tras a pandemia da covid-19.


A Xunta amplía ata o 18 de xaneiro a campaña de vacinación fronte á gripe e a covid

18/12/2024 13:21

Arredor de 750.000 persoas xa se vacinaron fronte á gripe

A vacina é o mellor xeito de evitar cadros graves e de cortar a transmisión


Edificio de Muface en Madrid (Ricardo Rubio/EuropaPress/Arquivo)

O Goberno aproba unha segunda licitación para Muface cunha suba do 33 %

17/12/2024 12:57

A primeira convocatoria quedara deserta, ao non satisfacer as aspiracións das aseguradoras que ofrecen o servizo


Mónica García, ministra de Sanidade, tras o pleno do Consello Interterritorial. Europa Press / Carlos Luján

Aprobado o plan de Atención Primaria que inclúe as autobaixas para antes de 2026

16/12/2024 18:16

Crearase a figura do "administrativo en saúde" para descargar os médicos de tarefas burocráticas e permitir que poidan dedicar o seu tempo aos pacientes

O CISNS aproba o protocolo para a creación do rexistro de persoas obxectoras de conciencia respecto ao aborto

Mónica García afirma que no Goberno hai "especial interese" en que saia o convenio de MUFACE

Sanidade mantén o seu consello de uso gradual de máscara segundo avance a epidemia da gripe


Imaxe de arquivo

Sanidade mantén o seu consello de uso gradual de máscara segundo avance a epidemia da gripe

16/12/2024 15:56

As recomendacións están orientadas a facilitar a coordinación segundo catro niveis de risco


A DXT inicia este luns unha campaña especial de control de consumo de alcol e drogas ao volante en Galicia

16/12/2024 09:27

Desde xaneiro a outubro deste ano, a Garda Civil levou a cabo en Galicia máis de 28.000 controis de verificación de alcol e drogas

Publicidade
Publicidade