Mar

Protestas sonoras nos portos galegos contra o veto do arrastre no Día de Europa
09/05/2023 11:58
Os pescadores galegos fixeron soar as bucinas dos seus buques contra as restricións de Bruxelas
Ademais deste acto como toque de atención a Bruxelas, houbo concentracións en diversos lugares de España, como Ribeira
Piden a dimisión do comisario por non atender as demandas dos profesionais

O sector pesqueiro protesta contra a "nefasta xestión" do comisario europeo
09/05/2023 09:21
O sector pesqueiro galego e europeo fai soar as bucinas dos barcos no mediodía deste martes en protesta pola política pesqueira da Comisión Europea
O presidente da Federación Nacional de Confrarías, Basilio Otero, denuncia que "Europa nos está obrigando a desparecer e a importar máis peixe doutros países que non respectan as nosas normativas sociais e ambientais"

ANFACO-Cecopesca pide seguridade xurídica para os investimentos na costa
05/05/2023 20:23
Foi na entrega das medallas anuais da asociación
O presidente da Xunta apoiou as súas demandas apelando ao "valor engadido" que achegan

O marisco véndese a prezos propios do Nadal nas lonxas galegas
05/05/2023 14:15
A ameixa babosa acada estes días un prezo máximo de 34 euros o quilo en lonxa
O bancos de libre marisqueo continuan pechados pola caída da produción

Peche cautelar do marisqueo na ría de Muros-Noia por altos niveis de toxina
03/05/2023 13:50
A toxina detectouse na primeira xornada da campaña
O paro afecta 140 embarcacións e un cento de mariscadoras

Condenan os armadores e o patrón do Safrán polo afundimento en que faleceron dous mariñeiros
03/05/2023 10:28
Os tres condenados recoñeceron os feitos e aceptaron unha condena de nove meses de prisión por un delito de homicidio por imprudencia
O Safrán naufragou en 2014 fronte á costa francesa e vasca, onde segundo o escrito de acusación navegaba con sobrecarga e coas trapelas abertas

Concentración de barcos bateeiros na Pobra para reclamar unha solución ao conflito da mexilla
01/05/2023 14:53
Chegaron procedentes de todos os portos de Arousa para sumar na Pobra na súa demanda: que se retire a normativa que deixa en mans das confrarías a xestión da mexilla

Un pesqueiro dos sesenta navega pola ría de Arousa convertido en barco escola
30/04/2023 19:56
A bordo do Chasula apréndese a valorar a pesca tradicional e a riqueza das augas galegas

A Xunta aposta pola innovación na produción de mexilla
28/04/2023 14:52
Quintana pide a implicación do sector nesta tarefa de innvación, ao tempo que Mar traballa nunha nova normativa de extracción

Continúan as tarefas de busca do pescador caído ao mar en augas do Cantábrico
26/04/2023 10:30
O mariñeiro caeu ao mar arrastrado polas redes do pesqueiro en que traballaba, que participa na costeira da anchoa