Mar

A Xunta adxudica por 158.000 euros a dragaxe para a recuperación de calado no peirao de Camelle
06/08/2024 12:57
O conselleiro do Mar destacou que o material que se extraerá é compatible cos áridos da praia de Camelle, polo que se depositará nese areal
Os traballos, que comezarán cando remate o verán, teñen un prazo de execución de tres meses

Trasladan 15.000 exemplares de mexillón de río no leito do Miño en Lugo
29/07/2024 14:39
O traslado faise para poder traballar nun dos caneiros que quedou estragado tras as enchentes
Os mexillóns son de dúas especies protexidas, de aí que o seu traslado se faga manualmente

Nove falecidos, dous deles de Vigo e Baiona, no naufraxio do Argos Georgia preto das Malvinas
24/07/2024 09:30
Hai ademais catro tripulantes desaparecidos, un de Noia e outro de Ribeira
Os 14 mariñeiros rescatados con vida, catro deles galegos, chegarán ás 18:00, hora galega, ao porto de Stanley
Loito oficial en Vigo e Baiona polos tripulantes falecidos e angustia en Ribeira e Noia polos desaparecidos
O presidente da Xunta e o ministro de pesca envían as súas condolencias ás familias dos mariñeiros falecidos no naufraxio

Aumentan a oito os mortos no afundimento do Argos Georgia nas Malvinas, dous deles galegos
23/07/2024 11:32
Un dos galegos falecidos é o patrón de pesca, da parroquia viguesa de Valadares. O outro é o cociñeiro, de Baiona
Aínda hai cinco desaparecidos, dous deles españois, un galego
Entre os catorce sobreviventes estarían o capitán, o primeiro oficial e o xefe de máquinas, todos de Ribeira
Os familiares das vítimas do Villa de Pitanxo envían unha mensaxe de condolencia e solidariedade por esta nova traxedia
Emerxencia nun pesqueiro con tripulación galega que sufriu unha vía de auga

23/07/2024 09:31
Boa parte dos 27 tripulantes son galegos

As mariscadoras de Lourizán volven ao traballo seis meses despois
22/07/2024 16:09
As enchentes do pasado inverno mataran a maioría do produto
Todas elas conseguiron apañar no seu primeiro día o tope de cinco quilos
.jpg)
22/07/2024 08:08

O sector da pesca busca solucións á caída do consumo de peixe
19/07/2024 14:06
Na actualidade o peixe representa pouco máis do 3 % da cesta da compra dos españois
Os expertos sinalan o cambio de hábitos da poboación e o seu prezo elevado como as causas principais

O sector da pesca estuda accións legais contra a expansión da eólica mariña
18/07/2024 18:05
Pedirán amparo ao Tribunal Constitucional tras unha sentenza desfavorable publicada esta semana polo Tribunal Supremo

Asime di que o apoio do Supremo á eólica mariña dará pulo á industria galega
17/07/2024 11:34
En Galicia contan con "preto de 3.000 persoas traballando directamente" nesa industria e estima que poidan chegar aos 12.000 nos próximos 10 anos, ademais de xerar un efecto tractor en 200 empresas
Galicia concentra o 43 % de todo o espazo previsto para eólica mariña no conxunto de España