Mar

As confrarías da ría de Pontevedra temen que a chuvia arruíne a campaña do outono
06/10/2024 13:51
As agrupacións de marisqueo a pé están traballando con topes tan baixos que din que non lles dan para os gastos
O marisqueo desde embarcación decide o día 15 cando empeza a traballar e en que condicións

Arranca a Festa do Marisco do Grove con máis de cen mil visitantes durante once días
03/10/2024 21:14
Acuden visitantes de fóra de Galicia e de España a este evento gastronómico declarado de Interese Turístico Nacional dende o ano 2013

Un barco vara en Esteiro ao enredarse a hélice nun cabo
02/10/2024 15:06
A embarcación estaba a case media milla da praia de Medrón

Fai 15 anos do secuestro do Alakrana: 47 días en mans de piratas no Índico
02/10/2024 14:21
Foi o secuestro máis longo dun buque español
A bordo ían 36 tripulantes, dezaseis deles españois, e deles oito galegos

Abre Conxemar, coa esperanza dun acordo para ampliar o Ifevi e baixar o IVE do peixe
01/10/2024 15:45
O presidente Rueda animou os organizadores a seguir crecendo e pediulle ao ministro Planas que facilite máis fondos europeos para os proxectos galegos
Planas, sobre o futuro da pesca: "Só hai sostibilidade se hai rendibilidade para a frota"
.png)
A campaña de libre marisqueo iníciase na ría de Arousa sen case ameixa
01/10/2024 14:40
Os mariscadores regresaron cos capachos practicamente baleiros da tradicional zona de extracción dos Lombos do Ulla

"Enche a túa mesa de mar": anuncian en Vigo a nova campaña para promocionar o consumo de peixe
30/09/2024 19:08
A produción acuícola de animais acuáticos superou por primeira vez a pesca de captura

O estaleiro Nodosa entrega o barco conxelador "máis moderno" feito en España
30/09/2024 18:41
A armadora Pescapuerta destinará o Prion á captura de luras nas Malvinas
Alfonso Rueda e un representante do grupo Fortuna asistiron ao acto de botadura

27/09/2024 19:33
A NAFO aumentou a cota de captura deste peixe e autorizou a súa pesca noutra nova
Mantéñense as posibilidades de pesca de anos anteriores para a raia e bertorella, mentres que as capturas de fletán negro terán unha lixeira diminución do 2,4 %

A campaña de libre marisqueo na ría da Arousa abrirá o 1 de outubro
25/09/2024 19:41
A Consellería do Mar acordou a data co sector, co compromiso de avaliar a situación aos 15 días
O organismo destaca o aumento de ameixa babosa no Boído e decide abrir Os Lombos pese a que "non presenta uns resultados óptimos"