Mar

O buque Ártabro no porto de Vigo antes de partir cara a Terra Nova (EFE/Salvador Sas)

A expedición ao Pitanxo esperará en Terra Nova os dous peritos autorizados polo xuíz

24/05/2023 16:22

Transportes apela á independencia do órgano que analizará os restos


A sardiña chega aos mercados a un mes do san Xoán

24/05/2023 14:10

O nordés fai que diminúan as sardiñas, pero malia haber pouca, o prezo deste peixe azul non supera os sete euros o quilo


Partida de Vigo do barco que tratará de inspeccionar os restos do Villa de Pitanxo (EFE/Salvador Sas)

O xuíz do caso do Pitanxo pide explicacións ao Goberno por non cumprir as súas ordes

22/05/2023 16:15

O maxistrado Ismael Moreno reclama que o informen de "se efectivamente o buque partiu, se a bordo se atopa algún dos peritos xudiciais designados" e por que non se deu "debido cumprimento" ás súas ordes para que a expedición de baixada ao barco estivese coordinada pola Audiencia Nacional


Comeza a veda do polbo en Galicia, que se estenderá ata o 3 xullo

19/05/2023 14:13

Queda expresamente prohibida a extracción da especie, incluída a pesca marítima de recreo

Categorías:  Economía   Mar   Galicia
Etiquetas:  POLBO

Rosa Quintana pídelle á UE "claridade" no conflito do arrastre

17/05/2023 14:38

“O que lle pedimos é que non estea cada día dicindo unha cousa nova e que asuma dunha vez as competencias", di a conselleira do Mar


O barco que inspeccionará o Villa de Pitanxo prevé saír de Vigo hoxe á tarde

17/05/2023 11:50

Este martes o Ministerio enviaba finalmente o contrato á empresa adxudicataria e, unha vez asinado, informouse a Audiencia Nacional


Novo golpe ao marisqueo en Ferrolterra por mor da toxina lipofílica

16/05/2023 15:05

Estanse realizando novas analíticas e, polo momento, descoñécense cando volverán á zona do Couto


A veda do polbo a partir do venres incrementa o seu prezo en lonxa e nos mercados

16/05/2023 14:22

As nasas quedarán en porto desde o venres ata o tres de xullo, data en que se levantará a veda


A empresa encargada de baixar ao Pitanxo ameaza con abandonar se non se formaliza o contrato axiña

15/05/2023 11:17

Xosé Cubeiro, xerente de ACSM Shipping: "Tiñamos todo preparado para saír e aquí desapareceu todo o mundo"

Unha vez localizado o pecio, a inspección podería estar lista nunha semana, avanzan desde a compañía encargada da inspección


Torcuato Teixeira: "A eólica mariña é incompatible coa actividade pesqueira"

11/05/2023 09:44

O portavoz da Plataforma en Defensa da Pesca e dos Ecosistemas Mariños responde á ministra de Transición Ecolóxica Teresa Ribera e pídelle que retire o Plan de Ordenación do Espazo Marítimo para a instalación da eólica mariña

Nunha entrevista na Radio Galega, Teixeira afirma que a eólica mariña pode coexistir coa pesca, pero non son compatibles: "Onde hai un polígono de eólica mariña non se pode pescar"

Publicidade
Publicidade