Mar

Dous mortos e un desaparecido no naufraxio dun pesqueiro en Santander
03/04/2023 08:26
Os corpos dos dous falecidos e os mariñeiros rescatados están xa no porto pesqueiro de Santander
O Vilaboa Uno avisou de que tiña unha vía de auga e que se estaba afundindo

O sector bateeiro alcanzou a cifra máis alta de facturación dos últimos 20 anos
29/03/2023 16:06
A venda de mexillón alcanzou case 151 millóns de euros, cun prezo medio por quilo de 69 céntimos

As mariscadoras de Noia e Muros denuncian o grave prexuízo do furtivismo
28/03/2023 13:19
Pídenlles ás administracións apoio para vixiar toda a cadea do furtivismo, desde os que marisquean aos que compran

O veto europeo á pesca de fondo provoca a fuga de traballadores
27/03/2023 14:15
Son sobre todo traballadores titulados, como patróns e xefes de máquina
Marchan a outras embarcacións na busca de mellores condicións, pescar máis e cobrar máis

Mariscadoras de Vilaxoán denuncian que un grupo de furtivos esquilma as praias
27/03/2023 13:25
A Agrupación de Mariscadoras acorda reforzar as quendas de vixilancia e pide máis colaboración das autoridades e da cidadanía

Os bateeiros colapsan Santiago para recuperar as zonas de mexilla
23/03/2023 12:03
28 asociacións do sector convocaron esta acción reivindicativa que non conta co apoio das tres principais organizacións de produtores, Opmega, Amegrove e Socomgal
Non admitirán calquera outra vía de solución que non sexa recuperar todas as zonas de extracción da mexilla que viñan empregando desde o ano 2019

A Unión Europea ábrese a negociar o veto ao arrastre en todas as zonas protexidas
20/03/2023 18:26
Amplo rexeitamento europeo ao plan de pesca da UE
España cualifícao de desenfocado e desequilibrado

Comeza a campaña da sardiña tras acurtarse o periodo de veda
20/03/2023 13:01
O tope diario será de ata 3.200 quilos de xouba por barco, se este leva máis de 8 tripulantes

A Deputación da Coruña pagará a Seguridade Social dos cerqueiros no paro biolóxico
20/03/2023 12:05
Aboará ata 18.000 euros por barco durante os tres meses que dure o paro biolóxico do xurelo

España defende en Bruxelas a continuidade da pesca de arrastre
20/03/2023 09:12
Luis Planas pide que "non se demonice a pesca de arrastre" ante a proposta de Bruxelas de eliminar gradualmente esta actividade nas zonas mariñas protexidas de aquí a 2030
O sector critica os ataques constantes á pesca de arrastre e ás artes de fondo e aposta por corrixir as políticas pesqueiras comunitarias
A conselleira do Mar advirte que o plan de Bruxelas "non ten carácter normativo" e esixe "datos científicos"