Mar
Un mariñeiro do Porto do Son pesca unha raia bicuda de máis de 50 quilos
19/05/2026 14:21
O peixe comprouno unha peixeira da Pobra, que o vende no seu posto na praza entre os clientes habituais
Os pedazos mellores andan polos quince euros o quilo
A marea vermella pecha todas as bateas e parte dos bancos marisqueiros de Galicia
19/05/2026 11:57
O polígono da ría de Ares-Betanzos foi o último en pechar este martes
O Intecmar di que é "difícil" prever cando se autorizará a apertura porque a evolución depende da meteoroloxía
A toxina afecta tamén ó marisco e como consecuencia a un total de 25 confrarías e 2.200 mariscadores
No 2025 a produción de mexillón en Galicia rexistrou un mínimo histórico de 177.638 toneladas
Congresistas dos EUA piden investigar España por competencia desleal na pesca
14/05/2026 14:23
Reclaman que o Goberno de Trump revise as supostas prácticas irregulares dunha serie de países
En Galicia o sector recibe a mensaxe con calma porque asegura que cumpre cos maiores estándares do mundo
O Goberno admite o risco da 'frota pantasma' rusa, con 50 barcos detectados por semana
14/05/2026 12:51
"Aínda que España se considera un obxectivo secundario da actividade híbrida rusa", sostén o documento elaborado polo Departamento de Seguridade Nacional dependente de Presidencia do Goberno, a "crecente acción" no Mediterráneo destes petroleiros rusos, "que eluden sancións e operan preto das costas españolas", "engade riscos"
Segundo Seguridade Nacional, a actividade en España da 'frota pantasma' "focalízase en augas próximas ao arquipélago das illas Canarias e no tránsito polo mar de Alborán e polo estreito de Xibraltar"
A presenza de toxina obriga a pechar practicamente todos os polígonos bateeiros de Galicia
13/05/2026 15:17
3.200 bateas, dun total de 3.400, permanecen pechadas. Só están abertos os polígonos das rías de Ares e Betanzos.
Preocupación no sector ante a posibilidade de que o mercado quede desabastecido de mexillón
Colleita de algas para alimentación, un recurso en auxe na Illa de Arousa
13/05/2026 13:39
Os mergulladores da confraría arousá descargaron 350 toneladas de algas en 2025
O reto é fomentar o consumo local deste superalimentos
O Goberno apoia exencións na Seguridade Social ás mariscadoras en paro forzoso
12/05/2026 18:42
A minista de Seguridade Social mostrou a posición favorable do Executivo en resposta a unha pregunta da senadora do BNG sobre a situación das 3.000 mariscadoras que sofren o "colapso" da actividade pola mortaldade de bivalvos
Elma Saiz puntualizou que ese período exonerado débese entender como "efectivamente cotizado"
O incremento da presenza de peixe sapo lusitano na área de Redondela ameaza a poboación de choco
12/05/2026 14:13
Esta especie, propia de augas atlánticas africanas, está xa asentada na costa galega
Comisada unha embarcación e 525 quilos de semente de mexillón na ría de Pontevedra
07/05/2026 19:53
A actuación desenvolveuse na contorna da Illa de Onza e foi froito dun traballo conxunto entre a Unidade Operativa de Pontevedra e a Unidade Operativa dos Servizos Centrais
A frota da Illa retoma o marisqueo con pouca cantidade pero bos prezos
05/05/2026 14:48
As embarcacións están a traballar nos bancos menos produtivos
O quilo de ameixa rubia pagouse a 24 euros, e a 15 o de xapónica