Mar

Xunta e confrarías confían en que prospere o recurso contra a lei de pesca de fondo
12/11/2022 20:45
O Goberno español presenta o luns o recurso ante a xustiza europea e a conselleira do Mar agarda que vaia "ben fundamentado"
A Xunta colaborou co Ministerio de Pesca cun documento base e Luis Planas aposta pola "unidade de acción"

Manuel Suárez (ACERGA): "O Prestige cambiou a sensibilización da xente do mar"
12/11/2022 11:04
O xerente da Asociación de Armadores de Cerco asegura que ninguén está máis preocupado por coidar o seu medio de vida

España presenta o luns o recurso contra as vedas á pesca de fondo
11/11/2022 14:56
O Goberno vai alegar que a decisión "non respondía á mellor información científica dispoñible" e que non se valorou ben cal é a incidencia do palangre e outras artes

Contratar mariñeiros a través de intelixencia artificial xa é posible
10/11/2022 17:20
Nesta bolsa de traballo dixital está previsto que se poidan incorporar currículos ou acreditacións e que a propia aplicación poida ofrecer oportunidades de formación

Xunta e sector piden celeridade na presentación do recurso ao veto da pesca
08/11/2022 20:33
O Goberno garante que estará antes de que finalice o prazo, pero non concreta a data
O prazo para presentar o recurso no Tribunal de Xustiza da UE remata o 19 de novembro

Chegan as centolas aos mercados galegos
08/11/2022 15:14
Os prezos oscilan entre os 18 e os 28 euros

A Xunta urxe a Planas a presentar o recurso contra o veto á pesca de fondo
04/11/2022 14:41
Quintana reuniuse en Bruxelas cos responsables doutras zonas de Europa prexudicadas pola prohibición

A frota do Cantábrico non esgotou a cota de bonito nesta costeira
04/11/2022 12:05
Foi a costeira máis longa dos últimos anos, pero malia iso o balance de volume de negocio é satisfactorio

Crean unha plataforma para pedir novos e urxentes amarres no peirao en Corcubión
02/11/2022 17:25
Nas últimas semanas varias embarcacións foron á deriva
Busca acelerar a tramitación do proxecto do novo peirao ante as últimas incidencias

Comeza a campaña da ameixa en Ribeira e da voandeira en Rianxo
02/11/2022 14:30
Máis de 200 embarcacións da ría de Arousa buscan dende hoxe os prezados mariscos