Publicador de contidos

Publicador de contidos

Laboral

Galicia creou 13.200 empregos no 2022 e España rexistra a menor taxa de paro en 15 anos

26/01/2023 08:54

O mercado laboral pechou 2022 con 20,46 millóns de ocupados, 278.900 máis que ao comezo do ano

O número de parados tamén subiu este trimestre en 43.800 persoas fronte ao anterior, ata superar de novo a barreira de tres millóns de parados

Etiquetas:  PARO

Alcoa propón adiar ata 2025 o arranque da planta de aluminio de San Cibrao

25/01/2023 13:55

Garante o emprego ata 2027 pero só nesa planta

Os traballadores teñen dúas semanas para decidir se aceptan a proposta

Esta tarde reunión coa Xunta e representantes do Goberno para analizar o novo plan de Alcoa


Os inspectores de traballo volven á folga en demanda de máis persoal

25/01/2023 09:43

Os sindicatos que representan aos inspectores de traballo reclaman que se cumpra o acordo asinado co Ministerio de Traballo en xullo de 2021 e que recolle a maioría das súas demandas

Nunha entrevista na Radio Galega, o responsable do colectivo na Confederación Intersindical Galega (CIG), Xosé Xoán Fernández, asegura que o desenvolvemento do acordo está paralizado desde o pasado mes de marzo á espera da luz verde do ministerio de Facenda e Función Pública

Etiquetas:  FOLGA

Alcoa presenta ao comité de empresa a súa proposta final

24/01/2023 20:52

Alcoa tería polo menos 32 cubas operando o 1 de abril de 2024 e o cento por cento das cubas o 1 de outubro de 2025

A empresa investirá 88 millóns de dólares e comprométese a non facer ERTE nin ERE ata que remate 2026

Etiquetas:  ALCOA

Multa de 57 millóns de euros a Glovo por empregar falsos autónomos

24/01/2023 20:30

Tiña máis de 7.000 traballadores sen dar de alta na Seguridade Social

A empresa de reparto acumula sancións por máis de 200 millóns de euros


A Inspección de Traballo imponlle a Glovo novas sancións por 57 millóns de euros por emprego de falsos autónomos

24/01/2023 09:36

Segundo confirmaron fontes do Ministerio de Traballo, trátase de actuacións levadas a cabo pola Inspección de Traballo e Seguridade Social en Glovo Madrid

Etiquetas:  SANCIÓNS

Os letrados da Administración de Xustiza comezan unha folga indefinida

24/01/2023 08:58

Acusan o Ministerio de Xustiza de non ofrecer ningunha resposta ás súas demandas e piden unha xuntanza para negociar

Etiquetas:  XUSTIZA   FOLGA

Os traballadores do Concello de Vigo denuncian a falta de persoal municipal

19/01/2023 15:06

O comité de empresa di que están en risco servizos esenciais para os cidadáns


O Sindicato Unificado de Policía pide incrementar un 10% o persoal nas comisarías galegas

19/01/2023 14:55

O SUP denuncia que hai 319 prazas de axentes sen cubrir, e pide que se actualice o catálogo de 2007 para adaptalo aos novos delitos

O sindicato advirte dun aumento da delincuencia


Francia paralízase na primeira xornada de folga contra a reforma das pensións

19/01/2023 14:50

O goberno de Macron propón elevar a idade de xubilación aos 64 anos

O seguimento da folga é masivo nos transportes, a educación e o sector enerxético

Publicidade
Publicidade