Fútbol galego

U. D. Ourense 1-0 Segoviana

06/04/2026 08:30

Osián marca o gol do triunfo nunha épica vitoria diante dunha Segoviana coa que empata no terceiro posto con 48 puntos

A vindeira xornada xogará o domingo ás 12:00 en Riazor diante do Fabril


Os trocos de Claudio danlle o triunfo ao Celta en Mestalla (2-3)

05/04/2026 15:42

Guido marcou para os locais aos 11 minutos, nun córner

O Valencia anulou o xogo celeste no primeiro tempo

Os trocos de Claudio no descanso decidiron o partido

Iláix Moriba e Fer marcaron para o Celta 


A falta de acerto frea o Deportivo ante o Málaga (1-1)

04/04/2026 19:54

Mulattieri marcou para o Dépor e Niño, para o Málaga

O árbitro anuloulle dous goles ao Deportivo

Os de Hidalgo marcharon ao descanso ovacionados polos afeccionados


Noia 1-1 Compostela

30/03/2026 09:01

O Noia empata cun penalti transformado por Kanté no último minuto e quítalle o liderado ao Compostela

O equipo santiagués volveu tropezar diante dun equipo que está en postos de descenso


Arousa 1-0 Somozas

30/03/2026 08:55

O Arousa colócase como líder da Terceira e mantense invicto nun 2026 no que leva 9 vitorias e 3 empates

O único gol do partido marcouno Bruno Bellas en propia porta


Gran Peña 4-1 Silva

30/03/2026 08:50

Cellerino marca o gol da xornada cunha espectacular chilena e o Gran Peña remata a xornada no quinto posto

O equipo vigués encadea oito xornadas sen perder


Montañeiros 3-2 Viveiro

30/03/2026 08:48

O triunfo permítelle ao Montañeiros manter opcións de xogar polo ascenso

O dianteiro local Pape marcou un gol e foi expulsado con cartón vermello directo ao pouco de comezar o segundo tempo


Marino Luanco 0-0 U. D. Ourense

30/03/2026 08:45

Manu Vizoso salva un empate para a Unión Deportiva Ourense cun paradón nun lanzamento de penalti

O punto permítelle ao equipo galego seguir entre os cinco primeiros da táboa


Numancia 2-2 Sarriana

30/03/2026 08:16

A Sarriana acariña o triunfo nos Pajaritos, pero queda sen premio na última xogada do partido

Dobrete de Clavería (minutos 84 e 87) aproveitando a inferioridade numérica do equipo local


Bergantiños 0-1 Coruxo

30/03/2026 08:04

Un gol de Gandarillas permítelle ao Coruxo acadar os 45 puntos e seguir soñando co play off de ascenso

O Bergantiños está catro puntos por riba do posto de play out

Publicidade
Publicidade