Fútbol galego

O Arousa remonta contra o Céltiga (3-2) e acada o ascenso á 2ª RFEF

10/05/2026 19:54

Os da Illa puxéronse 0-2, pero Gabri Palmás, cun dobrete, culminou a remonta en 20 minutos

O Compostela gañou en Viveiro (0-1) pero terá que disputar o play off de ascenso

A xornada deixou definidas as semifinais galegas polo ascenso: Vilalbés-Compostela e Estradense-At. Arteixo


Foto: @Ourense_CF

O Celta Fortuna gaña o derbi do Couto (2-4) e deixa o Ourense C. F. no descenso

10/05/2026 18:55

O Ourense C. F. conseguiu remontar na segunda parte, pero decidiu a pegada dos vigueses

Os tantos da vitoria de Somuah e Dela chegaron no tempo engadido para recuperar o segundo posto do filial

Os ourensáns terán que saír do descenso contra o Talavera e o Tenerife


O Lugo despídese da fase de ascenso coa derrota diante do Zamora (1-3)

10/05/2026 16:45

Quinta xornada sen gañar do equipo lugués no Anxo Carro, ao que só lle queda pelexar por unha mínima opción de estar na Copa do Rei

O Zamora suma cinco triunfos seguidos e asegura o play off de ascenso


Foto: @UDOurense2014

A U. D. Ourense saca un empate a cero de Reus que o deixa en vantaxe na eliminatoria de ascenso

09/05/2026 22:57

O porteiro Bruno Rielo foi chave con boas paradas para manter a igualada

O Reus queixouse dun posible penalti, pero o árbitro non o indicou


O Arenteiro apaña unha nova derrota en Guadalaxara (2-0)

09/05/2026 22:34

Cuarta derrota consecutiva co cadro ourensán, xa descendido

A semana que vén despídese da súa afección no Espiñedo contra a Ponferradina


Foto: @PontevedraCFSAD

O Pontevedra golea o Athletic B (4-0) e achégase ao 'playoff'

09/05/2026 18:23

Os granates asegurarán a súa praza se acadan tres puntos máis


O Rácing empata en Getxo (1-1) e queda sen opcións de loitar polo ascenso

09/05/2026 10:43

Os departamentais adiantáronse xa no treito final por medio de Álvaro, pero o Arenas empatou axiña

Lucas Díaz salvou a igualada con boas intervencións no engadido


Reus-U. D. Ourense e Coruxo-Atlético Baleares, primeira eliminatoria polo ascenso a 1ª Fed.

04/05/2026 13:53

O sábado 16 ás 19:00 horas, Reus-U. D. Ourense, ofrecido en directo pola G2 e AGalega.gal

Polas mesmas canles, pero o domingo 17, poderá seguirse o Coruxo-Atl. Baleares


Gran Peña 4-1 R. Vilalbés

04/05/2026 10:04

O Gran Peña golea o Rácing Vilalbés e mantén unha mínima posibilidade de xogar a fase de ascenso na última xornada

O equipo chairego perde o posto entre os cinco mellores e terá que gañarlle ao Lugo B e agardar por resultados de terceiros equipos para estar no play off


Boiro 3-1 Montañeiros

04/05/2026 09:49

O Boiro gáñalle ao Montañeiros e xogará entrar na fase de ascenso cun duelo directo diante do Somozas

Landeira, Adri Castro e Juanma marcaron para os locais e Balsa fixo o gol coruñés

Etiquetas:  TERCEIRA RFEF
Publicidade
Publicidade