Fútbol galego

Burgos Promesas 1-0 Coruxo

13/04/2026 09:04

O Coruxo perde a oportunidade de meterse en postos de play off diante dun filial do Burgos que mantén un fío de esperanza para a salvación

Hugo Cuenca marcou o único gol do partido xusto antes do descanso


Foto: @CD_Arenteiro

Empate insuficiente do Arenteiro en Barakaldo (1-1)

12/04/2026 20:37

Os galegos refixéronse despois de apañar un gol, pero a igualada déixaos a dez da salvación


Foto: @PontevedraCFSAD

'Hat trick' de Alain Ribeiro para devolver o Pontevedra á zona de 'play off'

12/04/2026 19:38

O equipo granate derrotou a Ponferradina grazas ao acerto do seu máximo goleador


Foto: @racingferrolsad

Manciña do Real Madrid Castela diante dun Rácing oficialmente en crise (0-5)

11/04/2026 23:00

O filial branco saíu coma un lóstrego, e gañaba 0-4 ao descanso

Fortuny completou o dobrete na segunda metade que pechaba a goleada na Malata

O Rácing acumula tres derrotas consecutivas, e suma cinco xornadas sen gañar


Foto: @Ourense_CF

Festival do Ourense C. F., que sae do descenso diante do Lugo (4-2)

11/04/2026 19:07

Os das Burgas foron moi superiores. E puxéronse 4-0 despois da expulsión de Perera (48’)

O pichichi lugués Unzueta meteu dous goles no treito final


Foto Futgal

O asistente coruñés Diego Sánchez, primeiro árbitro galego en participar nun mundial

09/04/2026 17:49

Acaba de facer historia ao ser elixido pola FIFA para participar no próximo Mundial de fútbol


@pon

O Pontevedra perde ante o Arenas e segue ás portas do 'playoff' (1-0)

08/04/2026 20:36

Un gol de Lartitegi no treito final do partido deixou a vitoria en terras vascas

Os granates mantéñense en puntuación de eliminatorias polo ascenso pese a derrota


Somozas 1-2 Montañeiros

06/04/2026 09:47

O Montañeiros gaña nas Somozas e colócase no sétimo posto, a só dous puntos do equipo de Ferrolterra, o cuarto clasificado

Pape e Balsa marcaron para os da Coruña e Iván Guerrero fixo o gol local


Sarriana 4-0 Sámano

06/04/2026 09:42

A Sarriana golea o Sámano (Iago Díaz, Edu González, Vilán e Villaverde) e mantense na pelexa por acadar a salvación

Segue no posto de descenso porque todos os rivais directos (Marino, Langreo e Raio Cantabria) tamén gañaron


Estradense 1-1 Arousa

06/04/2026 09:25

A unha semana de recibir o Compostela na Lomba, o Arousa volve colocarse no máis alto da clasificación

Pedrosa marcou para o Estradense e empatou Martín Diz cun golazo a prol do equipo vilagarcián

Publicidade
Publicidade