Fútbol galego

O Arenteiro apaña unha nova derrota en Guadalaxara (2-0)

09/05/2026 22:34

Cuarta derrota consecutiva co cadro ourensán, xa descendido

A semana que vén despídese da súa afección no Espiñedo contra a Ponferradina


Foto: @PontevedraCFSAD

O Pontevedra golea o Athletic B (4-0) e achégase ao 'playoff'

09/05/2026 18:23

Os granates asegurarán a súa praza se acadan tres puntos máis


O Rácing empata en Getxo (1-1) e queda sen opcións de loitar polo ascenso

09/05/2026 10:43

Os departamentais adiantáronse xa no treito final por medio de Álvaro, pero o Arenas empatou axiña

Lucas Díaz salvou a igualada con boas intervencións no engadido


Reus-U. D. Ourense e Coruxo-Atlético Baleares, primeira eliminatoria polo ascenso a 1ª Fed.

04/05/2026 13:53

O sábado 16 ás 19:00 horas, Reus-U. D. Ourense, ofrecido en directo pola G2 e AGalega.gal

Polas mesmas canles, pero o domingo 17, poderá seguirse o Coruxo-Atl. Baleares


Gran Peña 4-1 R. Vilalbés

04/05/2026 10:04

O Gran Peña golea o Rácing Vilalbés e mantén unha mínima posibilidade de xogar a fase de ascenso na última xornada

O equipo chairego perde o posto entre os cinco mellores e terá que gañarlle ao Lugo B e agardar por resultados de terceiros equipos para estar no play off


Boiro 3-1 Montañeiros

04/05/2026 09:49

O Boiro gáñalle ao Montañeiros e xogará entrar na fase de ascenso cun duelo directo diante do Somozas

Landeira, Adri Castro e Juanma marcaron para os locais e Balsa fixo o gol coruñés

Etiquetas:  TERCEIRA RFEF

Compostela 2-1 Estradense

04/05/2026 09:38

O Compostela gaña cun gol de Parapar a dez minutos do final e mantense con vida na pelexa polo ascenso directo

Necesita gañar en Viveiro na última xornada e que o Arousa non lle gañe ao Céltiga

Grave lesión do defensa do Estradense Landeira


X. Cambados 0-2 Arousa

04/05/2026 09:34

O Arousa gaña en Burgáns e chega como líder á última xornada da Terceira RFEF

Cunha vitoria diante do Céltiga o vindeiro domingo o equipo vilagarcián ascenderá de categoría


U. D. Ourense 1-1 Atl. Astorga

04/05/2026 09:00

A Unión Deportiva Ourense mantén o terceiro posto e o Astorga acada a permanencia despois do empate no Couto


Sarriana 3-4 Raio Cantabria

04/05/2026 08:54

Remata o periplo da Sarriana na Segunda Federación despois de perder co filial do Rácing de Santander

Os dous equipos xogaron a tumba aberta e ofreceron un gran espectáculo de ocasións e goles

Publicidade
Publicidade