Fútbol galego

Arousa 1-2 Somozas

13/04/2025 22:05

O Arousa de Lemos non acaba de arrincar e aprovéitao o Somozas para colleitar un triunfo que o afasta do perigo do descenso


Valadares 0-0 Boiro

13/04/2025 22:03


Foto: @Ourense_CF

Marqueta salva o empate no derbi ourensán (1-1) cunha espectacular actuación

13/04/2025 20:58

O porteiro do Ourense C. F. detívolle un penalti a Baselga, e fixo moitas intervencións de mérito diante dun Arenteiro máis necesitado

Os do Carballiño acumulan sete xornadas sen gañar e quedan a tiro do descenso


Un golazo de Diego Díaz provoca o desencanto do Coruxo (1-1)

13/04/2025 19:27

O equipo vigués podía dar un paso de xigante para a salvación, pero terá que seguir pelexando nas tres xornadas que quedan para o final da 2ª RFEF

Etiquetas:  CORUXO FC

Foto: @PontevedraCFSAD

O Pontevedra cumpre coa súa parte en Salamanca (1-3) e achégase ao ascenso

13/04/2025 19:01

Os granates resolveron o partido con dous goles madrugadores, e quedaron a un paso do ascenso

A vitoria do Numancia sobre o Ávila impediu o ascenso matemático, que pode chegar a semana que vén

A volta do equipo de Yago Iglesias á Segunda RFEF será un feito cun triunfo contra o Laredo


O Rácing asina os peores números da súa historia en ataque

13/04/2025 15:10

O cadro departamental leva 719 minutos sen celebrar un gol e está a partido e medio de igualar a peor marca da historia da Liga (872 minutos)


U. D. Ourense 3-1 Estradense

13/04/2025 14:09

A U. D. Ourense remonta diante do Estradense e pon pé e medio na Segunda Federación

Gamarra adiantou o cadro visitante e Bueso, Osián e Cabarcos marcaron para os de Borja Fernández


Foto: @REALUNIONCIRUN

O Lugo perde en Irún (3-0) e cae a postos de descenso

13/04/2025 14:01

Os goles de Olaortúa, Quique Rivero (p) e Dani Garrido permítenlle ao Real Unión superar os de Seligrat


Noia 2-3 Viveiro

13/04/2025 10:32

Balón de osíxeno para un Viveiro que acadou en Noia a primeira vitoria de 2025 como visitante

Etiquetas:  VIVEIRO CF   CFNOIA

R. Vilalbés 0-3 Sarriana

13/04/2025 10:21

Dobrete da Sané para unha Sarriana que volve gañar despois de cinco xornadas

Publicidade
Publicidade