Deportivo

O Dépor ascenderá a Primeira se gaña ao Cacereño ou iguala o resultado do Español
15/04/2024 12:55
Cando faltan dúas xornadas para o final do campionato, o Dépor é colíder xunto ao Barcelona B con 52 puntos

Idiakez non pode contar con Lucas Pérez por cuarta xornada consecutiva
12/04/2024 13:10
O dianteiro non estará en Teruel
Sobre o rival, Idiakez foi claro: "Perdeu 2 dos últimos 14 partidos. Ten un adestrador preparadísimo"

Barbero certifica un sufrido triunfo do Deportivo (1-0)
07/04/2024 19:01
O dianteiro marcou ao pouco de comezar a segunda parte
Os de Idiakez perdoaron moitas ocasións para marcar o segundo e acabaron padecendo nos últimos dez minutos

O Fabril deixa escapar dous goles de vantaxe e perde no campo do Cayón (3-2)
07/04/2024 14:40
Jairo foi expulsado na primeira parte, con 0-1 no marcador
O Fabril gañaba por 0-2 no minuto 58 pero o Cayón, que se xogaba a permanencia, emborcouse sobre a portería fabrilista

Pablo Vázquez cre que o peche do campo das Llanas prexudica o Deportivo
04/04/2024 16:25
O central e non descartou a Lucas Pérez para o partido do domingo

O Deportivo xogará contra o Sestao nas Llanas a porta pechada
03/04/2024 18:09
O Xuíz Disciplinario Único da RFEF sancionou o Sestao a disputar a porta pechada os dous próximos partidos que xogue como local
O club sestaotarra considéraa "inxusta" e anunciou que recurrirá a sanción

Balenziaga recoñece que o calendario favorece os intereses do Deportivo
03/04/2024 13:23
Balenziaga: "Os puntos de Riazor hai que sacalos. Quedan cinco partidos aquí, e iso é unha vantaxe"

O Deportivo e o filial do Barcelona manteñen o pulso a oito xornadas do final
01/04/2024 20:25
Os coruñeses foron os únicos que lograron o triunfo na xornada
O Celta Fortuna queda lonxe do ascenso directo e o Lugo comeza a despedirse das aspiracións de play off

O Deportivo Abanca desperdicia unha grande ocasión para culminar o ascenso
31/03/2024 21:01
Empatou en Riazor co Europa (1-1) e non puido ampliar ata os seis puntos a vantaxe sobre o Español

O Fabril estraga a oportunidade de engancharse aos postos de ascenso
31/03/2024 15:00
Tiña a posibilidade de igualar co Langreo no quinto posto, pero os asturianos levaron a vitoria de Abegondo (0-1)